Eduardo Nájera
Eduardo Alonso Nájera Pérez, nado o 11 de xullo de 1976 en Meoqui, Chihuahua, é un ex xogador profesional mexicano de baloncesto. Foi o segundo xogador mexicano en xogar na NBA. Durante a súa carreira, xogou para Dallas Mavericks, Golden State Warriors, Denver Nuggets, New Jersey Nets e Charlotte Bobcats. Cunha altura de 2,03 metros xogaba na posición de aleiro.
![]() | |
Posición | Aleiro |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 23 de marzo de 1973 (50 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 107 kg (235 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Cornerstone Christian, San Antonio, Texas |
Universidade | Oklahoma |
NBA Draft | 2000 / Rolda: 2 / Elección: 38 Por Houston Rockets |
Carreira | dende 2000 |
Historial de equipos | |
Dallas Mavericks (2000–2004) Golden State Warriors (2004–2005) Denver Nuggets (2005–2008) New Jersey Nets (2008–2010) Dallas Mavericks (2010) Charlotte Bobcats (2010–2012) | |
Información en nba.com |
Traxectoria deportivaEditar
UniversidadeEditar
Nájera xogou ao baloncesto universitario estadounidense na Universidade de Oklahoma, en Norman, Oklahoma, de 1997 ao ano 2000, converténdose nunha das principais estrelas. Axudou a levar ao equipo a catro aparicións consecutivas nos torneos de NCAA durante a súa carreira universitaria. Declarándose posteriormente elixible no draft da NBA, sendo escollido polos Houston Rockets na segunda rolda e sendo inmediatamente traspasado a Dallas Mavericks. Terminou a súa carreira universitaria en Oklahoma terceiro en minutos xogados (3.856), cuarto en roubos (193), quinto en rebotes (910) e sexto en tiros bloqueados (89).
NBAEditar
Nájera xogou 40 partidos (4 de titular) para Dallas na súa primeira tempada na NBA. Durante a súa carreira na NBA foi varias veces cambiando de equipo, xogando dende a súa marcha de Dallas en 2004 nos Golden State Warriors, Denver Nuggets e New Jersey Nets. Finalmente o 11 de xaneiro de 2010 foi traspasado de volta aos Dallas Mavericks nun intercambio que enviaba a Nova Jersey a Kris Humphries e a Shawne Williams. No verán de 2010 foi traspasado aos Charlotte Bobcats
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Perfil en NBA.com
- Estatísticas de Jason Kidd Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine.