Kris Joseph
Kristopher Carlos Joseph, nado o 17 de decembro de 1988 en Montreal, Quebec, é un xogador canadense de baloncesto profesional. Actualmente non ten equipo.
(2009) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de decembro de 1988 (35 anos) Montreal, Canadá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Syracuse - título de grao Archbishop Carroll High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 201 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 95 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2012 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto basquetebol universitário norte-americano (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 32 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Boston Celtics | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarInstituto
editarJoseph tivo problemas ó comezar a competir, xa que o botaron do seu equipo cando tiña 14 anos. Traballou o seu xogo, medrou, e converteuse nunha estrela no Sun Youth, un equipo da Liga de Baloncesto de Montreal.[1] En recomendación do adestrador Henry Wong, a nai de Joseph aceptou que o seu fillo deixara Montreal en 2006, para completar os dous anos que lle quedaban no Archbishop Carroll, en Washington, D.C..[2]
Coma sénior, Joseph liderou ó Archbishop Carroll a unha marca de 26-11. Esa tempada, Joseph conseguiu entrar no segundo equipo de 2008, elixido polo The Washington Post.[3]
Universidade
editarJoseph comezou a ter minutos xa moi cedo, e xogou o seu primeiro partido de titular o 2 de xaneiro de 2009 contra Florida do Sur, anotando sete puntos e capturando tres rebotes.[4] Na súa segunda tempada, converteuse nun importante reserva para Syracuse, rematou a tempada con 11.0 puntos e 5.4 rebotes por partido, e foi nomeado Sexto Home do Ano da Big East Conference.[5]
No seu ano coma júnior, mellorou de novo os seus rexistros, e liderou a Syracuse en anotación con 14.3 puntos por partido, sendo ademais o segundo máximo reboteador do equipo, con 5.2 rebotes por encontro; números que melloraría tamén no seu derradeiro ano universitario.
Profesional
editarO 28 de xuño de 2012, Joseph foi elixido na 51ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Boston Celtics. O 3 de xullo de 2012, Joseph asinou un contrato cos Celtics.[6] Durante a súa estancia nos Celtics, foi asignado varias veces ó seu afiliado na NBA D-League, os Maine Red Claws.[7] O 6 de xaneiro de 2013, Joseph foi cortado polos Celtics.[8]
O 6 de febreiro de 2013, Joseph fichou polos Maine Red Claws.[9] Cinco días máis tarde, o 11 de febreiro, foi traspasado ós Springfield Armor a cambio de James Mays.[10] O 2 de abril de 2013, asinou un contrato de 10 días cos Brooklyn Nets.[11] O 12 de abril de 2013, asinou para o resto da tempada.[12]
Joseph foi traspasado ós Boston Celtics o 12 de xullo de 2013, nun gran traspaso que mandou ás estrelas dos Celtics Kevin Garnett e Paul Pierce ós Nets.[13] O 15 de xullo de 2013, foi cortado polos Celtics.
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2013. Consultado o 05 de xullo de 2012.
- ↑ http://blog.syracuse.com/orangebasketball/2012/03/kris_joseph_road_winds_from_mo.html
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2008. Consultado o 05 de xullo de 2012.
- ↑ http://www.syracuse.com/axeman/index.ssf/2009/01/susouth_florida_recap_1.html
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2012. Consultado o 05 de xullo de 2012.
- ↑ "Celtics Sign 2012 NBA Draft Picks". NBA.com. 3 de xullo de 2012. Consultado o 4 de xullo de 2012.
- ↑ "Melo, Joseph assigned to D-League". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2015. Consultado o 16 de febreiro de 2013.
- ↑ Celtics Waive Joseph and Varnado
- ↑ Maine Red Claws sign Kris Joseph to D-League deal
- ↑ "Springfield trades James Mays in exchange for Maine's Kris Joseph". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2013. Consultado o 16 de febreiro de 2013.
- ↑ "Brooklyn Nets Sign Kris Joseph to 10-Day Contract". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 2 de abril de 2013. Consultado o 12 de abril de 2013.
- ↑ "Brooklyn Nets Sign Kris Joseph for Remainder of Season". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 12 de abril de 2013. Consultado o 12 de abril de 2013.
- ↑ NBA.com, ed. (12 de xullo de 2013). "Celtics Complete Trade With Brooklyn Nets".
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 08 de decembro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)