Universidade de Syracuse

Coordenadas: 43°02′16″N 76°08′02″O / 43.03778, -76.13389

A Universidade de Syracuse (Syracuse University) é unha universidade privada estadounidense cuxa sede central está na cidade de Syracuse, Nova York, con campus nesa cidade, cunha extensión de 276,4 ha, e outros en Atlanta, Chicago, Nova York, Providence, Sherman, Oaks, Washington, D.C. e Florencia.

Universidade de Syracuse
Syracuse University
Syracuse University 2003.jpg
Datos xerais
LocalizaciónSyracuse, Nova York
Fundación24 de marzo de 1870
Datos actuais
Profesores1 764
Alumnos21 772 (2021)
Orzamento$ 1 637 millóns (2023)
Datos de contacto
Páxina webhttps://www.syracuse.edu/
Facebook: syracuseuniversity Twitter: SyracuseU Instagram: syracuseu LinkedIn: syracuse-university TikTok: syracuseu Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Foi fundada o 24 de marzo de 1870.[1]

Nela imparten clases 1 764 profesores. Conta con 3 769 profesionais da administración servizos.[2]

No ano 2021 contaba con 21 772 estudantes, 14 778 de grao, e 6 921 de posgrao.[2]

O seu orzamento para o curso 2023-24 é de 1 637 millóns de dólares.[3]

Establecida en 1870 con raíces na Igrexa Episcopal Metodista, a universidade non é relixiosa desde 1920.[4]

Situada no barrio da University Hill da cidade, ao leste e ao sueste do centro de Syracuse, o seu gran campus presenta unha mestura ecléctica de arquitecturas, que van desde o renacemento románico do século XIX até edificios contemporáneos.

A Unversidade de Syracuse está organizada en 13 Escolas e Facultades, con programas recoñecidos a nivel nacional en arquitectura, administración pública, xornalismo e comunicacións, administración de empresas, estudos da información, educación inclusiva, xestión deportiva, enxeñaría, dereito e artes. A universidade clasifícase entre as R1 (Universidades de doutoramento: actividade investigadora moi alta.[5]

A "Ernie Davis Hall", unha residencia e comedor inaugurada en 2009

Os antigos alumnos inclúen tres premios Nobel, un medalla Fields, 36 medallistas olímpicos, 13 gañadores do premio Pulitzer, numerosos gañadores do premio da Academia, dous Rhodes Scholars, catro Marshall Scholars, ao 46º presidente dos Estados Unidos Joe Biden e varios gobernadores e membros do Senado e da Cámara de Representantes dos Estados Unidos.

Os equipos atléticos da Universidade de Syracuse, coñecidos como "Orange", participan en 20 deportes interuniversitarios. A Universidade de Syracuse (US) é membro da Atlantic Coast Conference, ou ACC para todos os atletas da División I da NCAA,[6] excepto os equipos de remo masculino e feminino de hockey sobre xeo.[7][8]

A SU tamén é membro da Eastern College Athletic Conference.[9]

NotasEditar

  1. 150 Years Timeline. Syracuse University.
  2. 2,0 2,1 "Syracuse University Facts, Figures & Ranking". Syracuse University. Arquivado do orixinal o 10 de setembro de 2022. Consultado o 30 de outubro de 2022.
  3. Budget 2019 "Syracuse University's goals: Raise $1.5 billion and its academic profile". Syracuse.com. 2019. Arquivado do orixinal o 9 de movembro de 2019. Consultado o 30 de outubro de 2022.
  4. Nonsectarian status: "Syracuse University". Colleges.usnews.rankingsandreviews.com. 28 de setembro de 2012. Arquivado do orixinal o 13 de outobro de 2012. Consultao o 30 de outubro de 2022.
  5. "Institutions: Syracuse University". Carnegie Foundation. Arquivada do orixinal o 21 de xullo de 2015. Consultada o 30 de outubro de 2022.
  6. Thamel, Pete (18 de setembro de 2011): "College Football – Syracuse and Pittsburgh Join A.C.C." The New York Times.
  7. "Membership – IRA National Championship Regatta".
  8. Syracuse women’s hockey reaches NCAA tournament for 1st time in school history.
  9. "Syracuse women's hockey reaches NCAA tournament for 1st time in school history". syracuse.com. 9 de marzo de 2019. Arquivado do orixinal o 29 de maio de 2019. Consultado o 31 de outubro de 2022.