Adrian Dantley
Adrian Delano Dantley, nado o 28 de febreiro de 1956 en Washington, D.C., é un ex xogador de baloncesto estadounidense que destacou profesionalmente na década dos 80. Xogaba de escolta, e destacou polo seu poderío anotador nas súas 15 tempadas na NBA. Seis veces All-Star, foi incluído no Basketball Hall of Fame en 2008.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de febreiro de 1955 (69 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Notre Dame (pt) DeMatha Catholic High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 95 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto, mestre | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1976 - 1991 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Buffalo Braves (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1976 | Xogos Olímpicos de 1976 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria deportiva
editarUniversidade
editarPertenceu durante 3 anos á prestixiosa Universidade de Notre Dame, onde se puxo de manifesto a súa faceta anotadora, chegando a liderar ao seu equipo con porcentaxes de 30,4 e 28,6 puntos nos seus dúas últimas tempadas. Tampouco descoidou a súa faceta reboteadora, conseguindo case 10 rebotes por partido en toda a súa etapa universitaria. Foi nomeado Xogador do Ano en 1976 e elixido para acudir coa selección de baloncesto de Estados Unidos aos Xogos Olímpicos de Montreal 76, onde gañaron o ouro. En 1975 e 1976 foi incluído no primeiro equipo All-American.[1]
Profesional
editarFoi elixido no draft de 1976 por Buffalo Braves, na sexta elección da primeira rolda. Nesa a súa primeira tempada entre os grandes, tivo unha media de 20,3 puntos e 7,6 rebotes, o que lle valeu ser nomeado Rookie do Ano. a pesar desas cifras, foi traspasado a Indiana Pacers a seguinte tempada, onde apenas estivo media tempada, recalando en Los Angeles Lakers. Ao ano seguinte, por fin conseguiu algo de estabilidade ao asinar polos Utah Jazz, onde permaneceu por espazo de sete tempadas, facendo en catro delas consecutivas máis de 30 puntos por partido, sendo o máximo anotador da liga en 1981 e 1984. De alí pasou a Detroit Pistons, e posteriormente a Dallas Mavericks, para acabar a súa carreira en Milwaukee Bucks, aos 35 anos, e tras 15 tempadas entre os grandes.
Finalmente o 7 de abril de 2008 foi elixido para o prestixioso Basketball Hall of Fame, recoñecemento que se lle resistiu quizais por non conseguir nunca un anel de campión e pola súa traxectoria profesional, sen chegar a asentarse en ningún equipo (a pesar de que en Salt Lake City permaneceu sete anos). Ao longo da súa carreira tivo unha media de 24,3 puntos e 5,7 rebotes por partido.
Equipos
editarLogros persoais
editar- Rookie do Ano en 1976.
- Máximo anotador da NBA en dúas ocasións.
- Seis veces All Star.
- Elixido en dúas ocasións no segundo mellor quinteto da liga.
- O seu dorsal 4 foi retirado por Utah Jazz.
- Membro do Basketball Hall of Fame dende 2008.
Notas
editar- ↑ "NCAA AP All-America Teams". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2012. Consultado o 11 de abril de 2010.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil histórico en nba.com
- Estatísticas da súa carreira como xogador Arquivado 01 de maio de 2012 en Wayback Machine.