Los Angeles Clippers

(Redirección desde «Buffalo Braves»)

Os Los Angeles Clippers son un equipo profesional estadounidense de baloncesto con sede nos Ánxeles (California). Os Clippers compiten cada ano na National Basketball Association (NBA), sendo membros da División Pacífico da Conferencia Oeste. O club xoga os seus partidos como local no Staples Center, pavillón que comparten cos seus rivais da NBA Los Angeles Lakers, o equipo da NBA feminina Los Angeles Sparks e a franquía de hóckey sobre xeo da NHL Los Angeles Kings.

Los Angeles Clippers
Los Angeles Clippers logo
Los Angeles Clippers logo
Información xeral
Conferencia Oeste
División Pacífico
Fundación 1970
Historia Buffalo Braves (1970–1978)
San Diego Clippers (1978–1984)
Cores                          Vermello, azul
Localización
Cidade California Os Ánxeles (California)
Pavillón Staples Center
Capacidade 19.060 espectadores
Inauguración 17 de outubro de 1999
Persoal
Propietario(s) Steve Ballmer
Presidente Doc Rivers
Director Dave Wohl
Adestrador Doc Rivers
Títulos
Campión 0
Conferencia 0
División 2 (2013, 2014)
clippers.com

Fundado en 1970, conseguiu o seu primeiro título de división na tempada 2012-13. Ademais tan só en nove tempadas da súa historia lograron máis vitorias que derrotas. A consecuencia deses resultados é, entre outras cosas, os tres trocos de cidade que sufriu o equipo dende a súa fundación, pasando por Buffalo, San Diego e, actualmente, Os Ánxeles.

Historia

editar

Buffalo Braves

editar

Os Clippers foron fundados na cidade de Buffalo, no estado de Nova York, en 1970. O nome de "Braves" proviña da historia dos nativos americanos na cidade.[1] Os Braves xogaron as súas oito tempadas na cidade no "Buffalo Memorial Auditorium", compartindo o pavillón con outro equipo, os Buffalo Sabres da National Hockey League. O primeiro adestrador do equipo foi o membro do Basketball Hall of Fame Dolph Schayes, mentres que as primeiras estrelas do equipo foron Bob Kauffman e Don May, quen fora adquirido no draft de expansión. Os Braves terminaron a súa primeira campaña cun balance de 22-60, típico en equipos debutantes.[2] Kauffman, que o ano anterior promediara 4,3 puntos cos Chicago Bulls, liderou aos Braves con 20,4 puntos por partido e fíxose un oco no All-Star Game de 1971.[3]

Os Braves repetiron o balance de 22 vitorias e 60 derrotas na seguinte tempada, mais unha serie de fichaxes conseguiron mellorar de xeito importante a calidade do equipo: elixiu no draft ao pivote Elmore Smith e ao escolta Randy Smith, que procedente da Universidade Estatal de Búfalo, converteuse nun dos favoritos do público.[2] Porén, aínda co novo adestrador Jack Ramsay, o equipo non mellorou moito a seguinte tempada, conseguindo un pobre rexistro de 21-61. Con todo, o gran movemento dos Braves esa tempada foi seleccionar no draft a Bob McAdoo, procedente da Universidade de North Carolina, sendo o cambio tan grande que na seguinte tempada o equipo clasifícase por primeira vez á rolda de playoffs, aínda que foron eliminados na primeira eliminatoria polos Boston Celtics en primeira rolda.[4] Ao ano seguinte, na tempada 1974-75, McAdoo gaña o MVP da Tempada, cunha media de 34,5 puntos, 14,1 rebotes e 2,12 tapóns por partido, cun 51,2% en tiros de campo e un 80,5 % en tiros libres.[5] Nas dúas seguintes tempadas os Braves volverían a aparecer nos playoffs por última vez en Buffalo, chegando na derradeira ocasión ás semifinais de conferencia tras derrotar na primeira rolda aos Sixers.

 
O Buffalo Memorial Auditorium, pavillón dos Braves.

O 15 de xuño de 1976, o propietario Paul Snyder vendeu a franquía ao matrimonio Irving Cowan, que tiñan planeado trasladar o equipo a Florida abandonando Buffalo, a "cidade do hóckey", mais a venda fracasou e paralizouse. Con todo, Snyder vendería o 50 % dos equipo ao empresario John E. Brown Jr., antigo propietario dos Kentucky Colonels da ABA. Na tempada 1976-77, Brown adquiriu o outro 50 % de Snyder e, á súa vez, vendeu un tanto por cento da franquía a Harry Mangurian, quen máis tarde posuiría unha parte de Boston Celtics na década dos 80. Cómpre destacar que durante ese ano a estrela do equipo, McAdoo, foi traspasado a New York Knicks cambio de xogadores e diñeiro.

Debido ao pobre xogo realizado polos Braves os dous seguintes anos (30-52 en 1976-77 e 27-55 en 1977-78), xuntouse coa pouca venda de entradas, polo que Brown negociou co entón propietario dos Celtics, Irv Levin, facer un intercambio de franquías, polo que Brown tomaría o mando dos Celtics e Levin dos Braves. Levin, era un empresario de California que soñaba con posuír unha franquía no seu estado natal, con todo, o trato foi roto por David Stern, do consello xeral da NBA. Mais finalmente, a seguinte sería a última tempada do equipo do oeste de Nova York, xa que os propietarios das franquías da NBA votaron por un claro 21-1 permitir a Buffalo trasladarse de cidade. Finalmente escolleron a cidade californiana de San Diego, pasando a converterse na tempada 1977-78 nos San Diego Clippers.[2]

San Diego Clippers

editar
 
James Donaldson, xogador dos San Diego Clippers.

Na primeira tempada do equipo en San Diego, lograron un balance de 43-39, o que sería a súa última campaña positiva en 13 anos, baixo o mando do novo adestrador Gene Shue. Con todo, aquela marca non foi dabondo para acceder aos playoffs, quedándose a tan só dúas vitorias de logralo.[6] Un dos xogadores máis destacados da tempada foi de novo Randy Smith, anotando 20,5 puntos por partido, tan só por detrás recentemente fichado base dos 76ers World B. Free, que foi o segundo máximo anotador da liga con 28,8 puntos por noite. O máximo anotador ese ano fora o membro do Hall of Fame George Gervin, dos San Antonio Spurs, cunha media 29.6 por encontro.[7]

A tempada 1979-80 non foi moito mellor a pesar da fichaxe do pivote Bill Walton, nativo de San Diego, e campión da NBA dous anos antes cos Portland Trail Blazers. Debido a lesións no pé, Walton non rendeu como se esperaba del e tivo que perderse 68 partidos. Aínda coas lesións de varíos dos seus xogadores claves, os Clippers finalizaron cun digno 37-45. Por segundo ano consecutivo, Free volveu quedar ás portas do título de máximo anotador da liga, con 30,2 por noite. Ao ano seguinte, Paul Silas substituíu a Shue no posto de adestrador e os Clippers lograron unha marca de 36-46, quedándose de novo sen playoffs, Walton perdeuse a tempada completa e Free foi traspasado a Golden State Warriors por Phil Smith. O ano seguinte chegou con aínda máis trocos, xa que Levin vendeu a franquía a Donald Sterling por 20 millóns de dólares, venda precipitada polo pobre xogo dos Clippers e a baixa asistencia do público ao pavillón (unha media de 4 500 espectadores por partido). Así, Sterling trasladou a franquía á súa cidade nativa, Os Ánxeles.

Pavillóns

editar

Tempadas

editar
Clasificados para os Playoffs Campións de División
Tempada Conferencia División Posición V D % Part. dif. Playoffs Galardóns
Buffalo Braves
1970–71 Leste Atlántico 22 60 .268 30
1971–72 Leste Atlántico 22 60 .268 34
1972–73 Leste Atlántico 21 61 .256 47 Bob McAdoo (RdA)
1973–74 Leste Atlántico 42 40 .512 14 Perdidas semifinais de conferencia vs. Boston Celtics, 4–2[8] Ernie DiGregorio (RdA)
Eddie Donovan (EdA)
1974–75 Leste Atlántico 49 33 .598 11 Perdidas semifinais de conferencia vs. Washington Bullets, 4–3[9] Bob McAdoo (MVP)
1975–76 Leste Atlántico 46 36 .561 8 Gañada primeira rolda vs. Philadelphia 76ers. 2–1
Perdidas semifinais de conferencia vs. Boston Celtics, 4–2[10]
1976–77 Leste Atlántico 30 52 .366 20 Adrian Dantley (RdA)
1977–78 Leste Atlántico 27 55 .329 28 Randy Smith (MVP All-Star)
San Diego Clippers
1978–79 Oeste Pacífico 43 39 .524 9
1979–80 Oeste Pacífico 35 47 .427 25
1980–81 Oeste Pacífico 36 46 .439 21
1981–82 Oeste Pacífico 17 65 .207 40
1982–83 Oeste Pacífico 25 57 .305 33 Terry Cummings (RdA)
1983–84 Oeste Pacífico 30 52 .366 24
Los Angeles Clippers
1984–85 Oeste Pacífico 31 51 .378 31
1985–86 Oeste Pacífico 32 50 .390 30
1986–87 Oeste Pacífico 12 70 .146 53
1987–88 Oeste Pacífico 17 65 .207 45
1988–89 Oeste Pacífico 21 61 .256 36
1989–90 Oeste Pacífico 30 52 .366 33
1990–91 Oeste Pacífico 31 51 .378 32
1991–92 Oeste Pacífico 45 37 .549 12 Perdida primeira rolda vs. Utah Jazz, 3–2[11]
1992–93 Oeste Pacífico 41 41 .500 21 Perdida primeira rolda vs. Houston Rockets, 3–2[12]
1993–94 Oeste Pacífico 27 55 .329 36
1994–95 Oeste Pacífico 17 65 .207 42
1995–96 Oeste Pacífico 29 53 .354 35
1996–97 Oeste Pacífico 36 46 .439 21 Perdida primeira rolda vs. Utah Jazz, 3–0[13]
1997–98 Oeste Pacífico 17 65 .207 44
1998–99 Oeste Pacífico 9 41 .180 26
1999–00 Oeste Pacífico 15 67 .183 52
2000–01 Oeste Pacífico 31 51 .378 25
2001–02 Oeste Pacífico 39 43 .476 22
2002–03 Oeste Pacífico 27 55 .329 32
2003–04 Oeste Pacífico 28 54 .341 28
2004–05 Oeste Pacífico 37 45 .451 25 Bobby Simmons (XMP)
2005–06 Oeste Pacífico 47 35 .573 7 Gañada primeira rolda vs. Denver Nuggets, 4–1
Perdidas semifinais de conferencia vs. Phoenix Suns, 4–3[14]
Elgin Baylor (EdA)
Elton Brand (XMD)
2006–07 Oeste Pacífico 40 42 .488 21
2007–08 Oeste Pacífico 23 59 .280 34
2008–09 Oeste Pacífico 19 63 .232 46
2009–10 Oeste Pacífico 29 53 .353 28
2010–11 Oeste Pacífico 32 50 .390 25 Blake Griffin (RdA)
2011–12 Oeste Pacífico 40 26 .606 10 Gañada primeira rolda vs. Memphis Grizzlies, 4–3
Perdidas semifinais de conferencia vs. San Antonio Spurs, 4–0
2012–13 Oeste Pacífico 56 26 .683 Perdida primeira rolda vs. Memphis Grizzlies, 4–2

Récords totais

editar
Estatística Vitorias Derrotas V–D%
Récord da tempada regular Buffalo Braves (1970–1978) 259 397 .395
Récord da tempada regular San Diego Clippers (1978–1984) 186 306 .378
Récord da tempada regular Los Angeles Clippers (1984–2013) 858 1472 .368
Récord total da tempada regular (1970–2013) 1303 2175 .375
Récord da postempada Buffalo Braves (1970–1978) 9 13 .409
Récord da postempada San Diego Clippers (1978–1984) 0 0 .000
Récord da postempada Los Angeles Clippers (1984–2013) 17 25 .405
Récord total da postempada (1970–2013) 26 38 .406
Récord total da tempada regular e postempada (1970–2011) 1329 2213 .375

Xogadores

editar

Equipo actual

editar
Los Angeles Clippers 2023–2024
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B/E 4   Boston, Brandon 1.98 m (6 ft 6 in) 85 kg (188 lb) Kentucky
A/AP 21   Brown, Kobe 2.03 m (6 ft 8 in) 113 kg (250 lb) Missouri
E/A 7   Coffey, Amir 2.01 m (6 ft 7 in) 95 kg (210 lb) Minnesota
A/AP 25   Diabaté, Moussa 2.11 m (6 ft 11 in) 95 kg (210 lb) Michigan
A/AP 13   George, Paul 2.03 m (6 ft 8 in) 100 kg (220 lb) Fresno State
B/E 1   Harden, James 1.96 m (6 ft 5 in) 100 kg (220 lb) Arizona State
B/E 5   Hyland, Bones 1.88 m (6 ft 2 in) 78 kg (173 lb) VCU
A/AP 2   Leonard, Kawhi 2.01 m (6 ft 7 in) 102 kg (225 lb) San Diego State
E/A 14   Mann, Terance 1.96 m (6 ft 5 in) 98 kg (215 lb) Florida State
A/AP 11   Miller, Jordan 2.01 m (6 ft 7 in) 88 kg (195 lb) Miami (FL)
B/E 15   Moon, Xavier 1.88 m (6 ft 2 in) 75 kg (165 lb) Morehead State
P 44   Plumlee, Mason 2.13 m (7 ft 0 in) 115 kg (254 lb) Duke
E/A 24   Powell, Norman 1.91 m (6 ft 3 in) 98 kg (215 lb) UCLA
B/E 12   Primo, Joshua 1.93 m (6 ft 4 in) 86 kg (189 lb) Alabama
AP/P 10   Theis, Daniel 2.03 m (6 ft 8 in) 111 kg (245 lb) Alemaña
A/AP 17   Tucker, P. J. 1.96 m (6 ft 5 in) 111 kg (245 lb) Texas
B/E 0   Westbrook, Russell 1.91 m (6 ft 3 in) 91 kg (200 lb) UCLA
P 40   Zubac, Ivica 2.13 m (7 ft 0 in) 109 kg (240 lb) Croacia
Adestrador
Asistente(s)
  •   Jeremy Castleberry
  •   Dan Craig
  •   Larry Drew
  •   Shaun Fein
  •   Jay Larranaga

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  •   Mancado

Cadro
Actualizado: 26-01-2024


Membros do Hall of Fame

editar

Galardóns individuais

editar

Adestradores

editar
  1. "The official page of the Buffalo Braves. In the beginning". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2011. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Buffalo Braves Historical Moments
  3. "Kauffman, primeiro All Star en 1971". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  4. "1974 Playoff Results". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2009. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  5. "Estatísticas de Bob McAdoo". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  6. "1978-79 NBA Season Summary". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  7. LEAGUE LEADERS. Points - 1978-79 Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine., consultado xaneiro de 2008
  8. "1973–74 Los Angeles Clippers". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2011. 
  9. "1974–75 Los Angeles Clippers". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2011. 
  10. "1975–76 Los Angeles Clippers". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2011. 
  11. "1991–92 Los Angeles Clippers". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2011. 
  12. "1992–93 Los Angeles Clippers". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2011. 
  13. "1996–97 Los Angeles Clippers". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2011. 
  14. "2005–06 Los Angeles Clippers". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar