Ron Mercer

baloncestista estadounidense

Ronald Eugene Mercer, nado o 18 de maio de 1976 en Nashville, Tennessee, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Modelo:BiografíaRon Mercer
Biografía
Nacemento18 de maio de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Nashville, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Kentucky Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso95 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor en Wikidata - 2005 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porBoston Celtics Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Chicago Bulls
Indiana Pacers
Denver Nuggets
Boston Celtics
Orlando Magic
Brooklyn Nets
San Antonio Spurs
1995–1997 Kentucky Wildcats
Premios

Facebook: ronmerceracademy Twitter: rmercer33 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria profesional

editar

Mercer foi seleccionado na 6ª posición do Draft da NBA de 1997 polos Boston Celtics. Tras dúas tempadas en Boston, foi traspasado ós Denver Nuggets xunto a Popeye Jones e Dwayne Schintzius, a cambio de Danny Fortson, Eric Williams, Eric Washington e unha futura elección do Draft. Na tempada 1999–2000 xogou 37 partidos cos Nuggets antes de ser traspasado ós Orlando Magic.

Para a tempada 2000–01, Mercer asinou cos Chicago Bulls, onde acadou 19.7 puntos por encontro na súa primeira tempada. Malia levar 16.8 puntos por partido, foi traspasado á metade da tempada seguinte xunto a Brad Miller, Ron Artest e Kevin Ollie ós Indiana Pacers, a cambio de Jalen Rose, Travis Best, Norman Richardson e unha elección da segunda rolda do Draft.

Antes do comezo da tempada 2003–04, foi traspasado ós San Antonio Spurs nun traspaso entre tres equipos.[1] Foi cortado polos Spurs tras xogar 39 partidos.[2]

Antes da tempada 2004–05, Mercer asinou cos New Jersey Nets.[3]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar