Metta World Peace
Metta World Peace, nado o 13 de novembro de 1979 como Ronald William Artest, Jr., en Queensbridge, Nova York, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga para os Lakers na National Basketball Association (NBA). Mide 2,01 metros e pesa 118 kg, a súa posición natural é a de ala. Leva nas súas costas o número 37.
Traxectoria
editarSeleccionado por Chicago Bulls na 16ª posición da primeira rolda no Draft de 1999 procedente de St. John's, onde xogou até o 2001, cando foi traspasado aos Indiana Pacers, e posteriormente, no 2006, foi traspasado a Sacramento Kings. O 14 de agosto de 2008 foi traspasado xunto con Sean Singletary e Patrick Ewing, Jr. a Houston Rockets, a cambio de Donté Greene, Bobby Jackson, unha futura rolda do draft de 2009. O 2 de xullo de 2009 alcanzou un acordo para xogar con Los Angeles Lakers. É un xogador conflitivo, pois chegou a agredir ao público nunha pelexa entre varios xogadores. Yao Ming declarou que "espera que non se tire a pegar a ninguén na bancada".
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha NBA.com (en inglés)