Greivis Vásquez

(Redirección desde «Greivis Vasquez»)

Greivis Josué Vásquez Rodríguez, máis coñecido como Greivis Vásquez, nado o 16 de xaneiro de 1987 en Caracas, é un ex xogador venezolano de baloncesto profesional. Foi elixido na 28ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Memphis Grizzlies. Foi escollido despois dunha exitosa carreira universitaria cos Maryland Terrapins, onde rematou en segunda posición na lista de máximos anotadores da historia dos Terrapins, con 2.171 puntos.[1]

Greivis Vasquez
Posición Base / Escolta
Información persoal
Nacemento 16 de xaneiro de 1987 (37 anos)
Caracas, Venezuela
Nacionalidade Venezuela
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Información da carreira
Instituto Montrose Christian School
(Rockville, Maryland)
Universidade Maryland (2006–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 28
Por Memphis Grizzlies
Carreira 2010–2016
Historial de equipos
Memphis Grizzlies (2010–2011)
New Orleans Hornets (2011–2013)
Sacramento Kings (2013)
Toronto Raptors (2013–2015)
Milwaukee Bucks (2015–2016)
Brooklyn Nets (2016)

Traxectoria profesional editar

Memphis Grizzlies editar

Os Memphis Grizzlies escolleron a Vasquez na 28ª posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2010.[2] Durante a tempada regular no seu ano rookie, Vasquez xogou apenas uns minutos e anotou dobres díxitos tan só dúas veces, pero foi xogando máis tempo nos playoffs de 2011.[3]

Memphis enfrontouse aos San Antonio Spurs na primeira rolda, onde os Grizzlies gañaron o seu primeiro partido da postempada da historia da franquía. No 4º partido, Vasquez substituíu o base titular Mike Conley, Jr.. Vasquez fixo un parcial de 7-0 que axudou a Memphis a levar o control do partido. Durante os seus 13 minutos de xogo, anotou 9 puntos e repartiu 2 asistencias, para axudar á vitoria de Memphis por 104-86.[3] Os Grizzlies pasaron de rolda ao gañar o 6º partido, onde Vasquez xogou 23 minutos e anotou 11 puntos. Memphis avanzou de rolda e xogou contra Oklahoma City Thunder nas semifinais de Conferencia, onde Vasquez se enfrontou ao seu antigo compañeiro de clase no instituto de Montrose Christian, Kevin Durant.[4]

New Orleans Hornets editar

O 24 de decembro de 2011, foi traspasado aos New Orleans Hornets a cambio de Quincy Pondexter.[5] O 8 de febreiro de 2013, conseguiu cos Hornets o primeiro triplo-dobre da súa carreira, ó conseguir 21 puntos, 12 asistencias e 11 rebotes contra os Atlanta Hawks.

Vasquez rematou a tempada 2012-13 sendo o máximo asistente da liga con 704, e foi escollido na segunda posición na votación do premio ó xogador máis mellorado da tempada.

Sacramento Kings editar

O 10 de xullo de 2013, Vásquez foi traspasado ós Sacramento Kings nun traspaso a tres bandas que levou ó seu antigo compañeiro Robin Lopez ós Portland Trail Blazers, e a Tyreke Evans a Nova Orleáns, xa co nome de New Orleans Pelicans.[6]

Toronto Raptors editar

O 9 de decembro de 2013, Vasquez foi traspasado xunto a Patrick Patterson, John Salmons e Chuck Hayes ós Toronto Raptors a cambio de Rudy Gay, Quincy Acy e Aaron Gray.[7]

Notas editar

  1. Greivis Vasquez stats
  2. Greivis Vasquez drafted, celebration begins, The Washington Post, 24 de xuño de 2010.
  3. 3,0 3,1 Without shimmies, Vasquez shines on big stage Arquivado 04 de maio de 2011 en Wayback Machine., The Baltimore Sun, 30 de abril de 2011.
  4. Kevin Durant, Greivis Vasquez will play their roles — against each other — in NBA playoffs, The Washington Post, 30 de abril de 2011.
  5. "Grizzlies deal Vasquez to Hornets for Pondexter". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 25 de decembro de 2011. 
  6. "KINGS ACQUIRE GREIVIS VÁSQUEZ IN THREE-TEAM TRADE". NBA.com. Consultado o 10 de xullo de 2013. 
  7. "Raptors Acquire Vasquez, Salmons, Hayes & Patterson From Kings". NBA.com. 9 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 9 de decembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar