Abrir o menú principal

Quincy Pondexter

baloncestista estadounidense

Quincy Coe Pondexter, nado o 10 de marzo de 1988 en Fresno (California), é un xogador americano de baloncesto profesional. Pondexter é o sobriño do antigo xogador dos Chicago Bulls, Cliff Pondexter.

Quincy Pondexter
Quincy Pondexter cropped 20131118 Clippers v Grizzles.jpg
Axente libre
Escolta
Información persoal
Nacemento 10 de marzo de 1988 (31 anos)
Flag of California.svg Fresno (California)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Información da carreira
Instituto San Joaquin Memorial
(Fresno, California)
Universidade Washington (2006–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 26

Por Oklahoma City Thunder

Carreira dende 2010
Historial de equipos
New Orleans Hornets (2010–2011)
Memphis Grizzlies (2011–2015)
New Orleans Pelicans (2015–2017)
Chicago Bulls (2017–2018)
San Antonio Spurs (2018–2019)
Información en nba.com

Traxectoria profesionalEditar

Foi seleccionado polos Oklahoma City Thunder na 26ª posición do Draft da NBA de 2010, e inmediatamente foi traspasado aos New Orleans Hornets.

O 24 de decembro de 2011, foi traspasado aos Memphis Grizzlies a cambio de Greivis Vasquez.[1] O 31 de outubro de 2013, Pondexter asinou unha extensión de contrato de catro anos cos Grizzlies.[2]

O 12 de xaneiro de 2015, Pondexter foi traspasado ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre os Grizzlies, os Pelicans e os Boston Celtics.[3]

NotasEditar

  1. "Grizzlies deal Vasquez to Hornets for Pondexter". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 25 de decembro de 2011. 
  2. "Memphis Grizzlies sign Quincy Pondexter to contract extension". InsideHoops.com. 31 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 1 de novembro de 2013. 
  3. Pelicans Acquire Quincy Pondexter, Draft Pick

Véxase taménEditar