Marco Belinelli

baloncestista italiano

Marco Stefano Belinelli, nado o 25 de marzo de 1986 en San Giovanni in Persiceto, Italia, é un xogador italiano de baloncesto profesional que xoga no Virtus Bologna da Lega Basket Serie A.

Marco Belinelli
Virtus Bologna  – No. 3
Información persoal
Nacemento 25 de marzo de 1986 (38 anos)
Italia San Giovanni, Italia
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Posición Escolta / Ala
Información da carreira
NBA Draft 2007 / Rolda: 1 / Elección: 18
Por Golden State Warriors
Carreira 2002−presente
Historial de equipos
Virtus Bologna (2002–2003)
Fortitudo Bologna (2003–2007)
Golden State Warriors (2007–2009)
Toronto Raptors (2009–2010)
New Orleans Hornets (2010–2012)
Chicago Bulls (2012–2013)
San Antonio Spurs (2013–2015)
Sacramento Kings (2015–2016)
Charlotte Hornets (2016–2017)
Atlanta Hawks (2017–2018)
Philadelphia 76ers (2018)
San Antonio Spurs (2018–2020)
Virtus Bologna (2020–presente)
Premios e galardóns
Campión NBA (2014)

Traxectoria editar

Italia editar

Belinelli comezou a xogar de forma profesional en Italia, para o Virtus Bologna e o Fortitudo Bologna, da Lega Basket Serie A. Ós dezanove anos, no ano 2005, gañou a Serie A italiana co Fortitudo Bologna ó gañar por 3-1 na serie final ó Olimpia Milano.

NBA editar

Belinelli foi elixido na 18ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Golden State Warriors, equipo no que xogou as súas dúas primeiras tempadas na NBA.

O 30 de xullo de 2009, foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de Devean George.[1] Xogou o seu primeiro partido coma titular nos Raptors o 2 de febreiro de 2010 contra os Indiana Pacers.

O 11 de agosto de 2010, foi traspasado ós New Orleans Hornets a cambio de Julian Wright.[2] Tras o remate da tempada 2010-11, converteuse en axente libre restrinxido. O 13 de decembro de 2011, chegou a un acordo cos Hornets para asinar un contrato por un ano máis.[3]

O 24 de xullo de 2012, asinou un contrato cos Chicago Bulls.[4]

O 11 de xullo de 2013, Belinelli fichou polos San Antonio Spurs.[5] Na tempada 2013-14, converteuse no primeiro xogador italiano en gañar un campionato da NBA, despois de que os Spurs gañaran nas Finais da NBA ós Miami Heat por 4-1.

Estatísticas NBA editar

Tempada regular editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2007–08 Golden State 33 7.3 .387 .390 .778 0.4 0.5 0.2 0.0 2.9
2008–09 Golden State 42 21.0 .442 .397 .769 1.7 2.1 0.9 0.0 8.9
2009–10 Toronto 66 17.0 .406 .380 .835 1.4 1.3 0.6 0.1 7.1
2010–11 New Orleans 80 24.5 .437 .414 .784 1.9 1.1 0.5 0.1 10.4
2011–12 New Orleans 66 29.8 .417 .377 .783 2.6 1.5 0.7 0.1 11.8
2012–13 Chicago 73 25.8 .395 .357 .839 1.9 2.0 0.6 0.1 9.6
2013–14 San Antonio 80 25.2 .485 .430 .847 2.8 2.2 0.6 0.1 11.4
Total 440 22.9 .431 .395 .815 2.0 1.6 0.6 0.1 9.5

Playoffs editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2011 New Orleans 6 28.8 .365 .308 1.000 0.8 0.7 0.8 0.0 9.7
2013 Chicago 12 27.1 .411 .340 .879 2.9 2.6 0.4 0.0 11.1
2014 San Antonio 23 15.5 .444 .421 .955 2.3 0.8 0.1 0.0 5.4
Total 41 20.8 .413 .360 .915 2.2 1.3 0.3 0.0 7.7

Notas editar

  1. "Raptors Acquire Belinelli From Golden State". NBA.com. 2009-07-30. Consultado o 2009-07-30. 
  2. "Hornets acquire Belinelli". NBA.com. 2010-08-11. Consultado o 2010-08-11. 
  3. "Marco Belinelli signs qualifying offer". NBA.com. 2011-12-13. Consultado o 2011-12-14. 
  4. "Bulls sign guard Belinelli, formerly of Hornets". NBA.com (Turner Sports Interactive, Inc.). 24 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2012. Consultado o 24 de xullo de 2012. 
  5. Spurs Sign Marco Belinelli

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar