Kyle Kuzma
baloncestista estadounidense
Kyle Alexander Kuzma, nado o 24 de xullo de 1995 en Flint, Míchigan, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Washington Wizards da National Basketball Association (NBA).
![]() | |
Washington Wizards – No. 33 | |
Posición | Ala / Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 24 de xullo de 1995 (28 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Bentley (Burton, Míchigan) |
Universidade | Utah (2014–2017) |
NBA Draft | 2017 / Rolda: 1 / Elección: 27 Por Brooklyn Nets |
Carreira | dende 2017 |
Historial de equipos | |
Los Angeles Lakers (2017–2021) Washington Wizards (2021–presente) |
Traxectoria profesional
editarO 22 de xuño de 2017, Kuzma foi seleccionado na 27ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Brooklyn Nets. Ese mesmo día foi traspasado ós Los Angeles Lakers xunto a Brook Lopez, a cambio de D'Angelo Russell e Timofey Mozgov.[1] O 3 de xullo de 2017, Kuzma asinou o seu contrato de rookie cos Lakers.[2]
O 6 de agosto de 2021, Kuzma foi traspasado ós Washington Wizards nun traspaso entre cinco equipos que mandou a Russell Westbrook ós Los Angeles Lakers.[3]
Notas
editar- ↑ "Brooklyn Nets acquire D'Angelo Russell and Timofey Mozgov from L.A. Lakers". NBA.com. 22 de xuño de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2017.
- ↑ "Lakers Sign Ball, Kuzma and Hart". NBA.com. 3 de xullo de 2017. Consultado o 4 de xullo de 2017.
- ↑ "Washington acquires six players in five-team trade". NBA.com. 6 de agosto de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 09 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)