Abrir o menú principal

D'Angelo Russell

baloncestista estadounidense

D'Angelo Danté Russell, nado o 23 de febreiro de 1996 en Louisville, Kentucky, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA).

D'Angelo Russell
DARussell 2019.jpg
Golden State Warriors
Base / Escolta
Información persoal
Nacemento 23 de febreiro de 1996 (23 anos)
Kentucky Louisville, Kentucky
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 90 kg (198 lb)
Información da carreira
Instituto Central
(Louisville, Kentucky)
Montverde Academy
(Montverde, Florida)
Universidade Ohio State (2014–2015)
NBA Draft 2015 / Rolda: 1 / Elección: 2

Por Los Angeles Lakers

Carreira desde 2015
Historial de equipos
Los Angeles Lakers (2015–2017)
Brooklyn Nets (2017–2019)
Golden State Warriors (2019–presente)
Premios e galardóns
NBA All-Star (2019)
Información en nba.com

Traxectoria profesionalEditar

O 25 de xuño de 2015, Russell foi seleccionado na 2ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Los Angeles Lakers.[1] Fixo o seu debut na NBA cos Lakers o 28 de outubro de 2015, facendo catro puntos, tres rebotes e dúas asistencias na derrota por 112-111 contra os Minnesota Timberwolves.[2]

O 22 de xuño de 2017, Russell foi traspasado xunto a Timofey Mozgov ós Brooklyn Nets a cambio de Brook Lopez e os dereitos da 27ª elección do Draft de 2017, Kyle Kuzma.[3] O 1 de febreiro de 2019 foi seleccionado por primeira vez para xogar o All-Star Game da NBA de 2019, tras substituír ó mancado Victor Oladipo.[4]

O 7 de xullo de 2019, Russell foi traspasado xunto a Shabazz Napier e Treveon Graham ós Golden State Warriors a cambio de Kevin Durant.[5]

NotasEditar

  1. "Lakers Select D'Angelo Russell With No. 2 Pick". NBA.com. 25 de xuño de 2015. Consultado o 27 de xuño de 2015. 
  2. "Wolves edge Lakers 112–111 in first game since Flip's death". NBA.com. 28 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  3. "Brooklyn Nets acquire D'Angelo Russell and Timofey Mozgov from L.A. Lakers". NBA.com. 22 de xuño de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2017. 
  4. "Brooklyn’s D’Angelo Russell Named 2019 NBA All-Star". Brooklyn Nets (en inglés). Consultado o 2019-02-01. 
  5. "Warriors Acquire All-Star Guard D’Angelo Russell From Brooklyn Nets". NBA.com. 7 de xullo de 2019. 

Véxase taménEditar