Andrew Wiggins

baloncestista canadense

Andrew Christian Wiggins, nado o 23 de febreiro de 1995 en Toronto, Ontario, é un xogador canadense de baloncesto profesional que xoga nos Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA). Na súa primeira temporada na NBA foille outorgado o premio ao Rookie do Ano.

Andrew Wiggins
Golden State Warriors – No. 22
Posición Ala / Escolta
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 23 de febreiro de 1995 (29 anos)
Estado de Ontario Toronto, Ontario
Nacionalidade Canadá
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 90 kg (199 lb)
Información da carreira
Instituto Vaughan (Vaughan, Ontario)
Huntington (Huntington, WV)
Universidade Kansas (2013–2014)
NBA Draft 2014 / Rolda: 1 / Elección: 1
Por Cleveland Cavaliers
Carreira dende 2014
Historial de equipos
Minnesota Timberwolves (2014–2020)
Golden State Warriors (2020–presente)
Premios e galardóns
Rookie do Ano da NBA (2015)
Información en nba.com

Traxectoria profesional editar

Wiggins declarouse elixible para o Draft da NBA de 2014 o 31 de marzo dese mesmo ano.[1] O 26 de xuño de 2014, foi seleccionado na primeira posición do Draft polos Cleveland Cavaliers, converténdose no segundo canadense da historia en ser elixido de primeiro no Draft, despois de Anthony Bennett en 2013. O 24 de xullo de 2014, asinou o seu contrato de rookie cos Cavaliers.[2]

O 23 de agosto de 2014, completouse un traspaso a tres bandas entre os Cavaliers, os Minnesota Timberwolves e os Philadelphia 76ers. Como parte do acordo, Wiggins e o seu compañeiro Anthony Bennett foron traspasados ós Timberwolves, xunto a Thaddeus Young, antes nos Sixers. Os Cavaliers recibiron a Kevin Love de Minnesota, mentres que os Sixers recibiron a Luc Mbah a Moute e a Alexey Shved de Minnesota, e unha elección da primeira rolda do Draft de 2015 dos Cavaliers.[3]

O 29 de outubro de 2014, Wiggins fixo o seu debut na NBA no primeiro partido da tempada para os Timberwolves, contra os Memphis Grizzlies. En 18 minutos de xogo, saíndo de titular, fixo 6 puntos, 3 rebotes, 2 roubos e 1 asistencia na derrota de Minnesota por 101-105.[4] Foi elixido o mellor rookie do mes da Conferencia Oeste polas súas actuacións nos meses de outubro de novembro de 2014.[5]

O 6 de febreiro de 2020, Wiggins foi traspasado xunto a dúas eleccións do Draft ós Golden State Warriors, a cambio de Jacob Evans III, D'Angelo Russell e Omari Spellman.[6]

Notas editar

  1. Eric Prisbell and Scott Gleeson (31 de marzo de 2014). "Kansas star Andrew Wiggins declares for NBA draft". USA Today. Consultado o 31 de marzo de 2014. 
  2. Cavaliers Sign Draft Picks Wiggins, Harris to Contracts
  3. "Timberwolves Acquire Andrew Wiggins, Anthony Bennett and Thaddeus Young in Three-Team Trade". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 23 de agosto de 2014. Consultado o 23 de agosto de 2014. 
  4. "Gasol powers Memphis past Minnesota 105-101". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 20 de decembro de 2014. 
  5. Timberwolves Forward Andrew Wiggins Named Kia NBA Western Conference Rookie of the Month
  6. "Warriors Acquire Andrew Wiggins & 2021 First and Second Round Draft Picks From Minnesota". NBA.com. 6 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar