Brook Lopez

baloncestista estadounidense

Brook Robert Lopez, nado no barrio de North Hollywood, nos Ánxeles, o 1 de abril de 1988, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA). Mide 2,13 metros e xoga na posición de pivote.

Brook Lopez
Milwaukee Bucks – No. 11
Posición Pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 1 de abril de 1988 (35 anos)
North Hollywood (Os Ánxeles)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 120 kg (260 lb)
Información da carreira
Instituto San Joaquin Memorial (Fresno)
Universidade Stanford (2006–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 10
Por New Jersey Nets
Carreira dende 2008
Historial de equipos
New Jersey / Brooklyn Nets (2008–2017)
Los Angeles Lakers (2017–2018)
Milwaukee Bucks (2018–presente)
Premios e galardóns
NBA All-Star (2013)
1º Equipo de Rookies NBA (2009)
Información en nba.com

É irmán xemelgo de Robin Lopez, elixido polos Phoenix Suns no mesmo draft. Ambos os dous son fillos dun emigrante cubano, Heriberto Lopez, e da estadounidense Deborah Ledford, que foi olímpica en natación.[1]

Traxectoria editar

Universidade editar

Xogou durante dúas tempadas xunto co seu irmán cos Cardinals da Universidade de Stanford. Na súa primeira tempada fixo 12,6 puntos, 6,0 rebotes e 1,7 tapóns, o que lle valeu para ser incluído no mellor quinteto de novatos da Pacific Ten Conference. Na súa segunda tempada liderou ao seu equipo en puntos (19,3 por partido), e rebotes (8,2), sendo o terceiro da liga en tapóns (2,1). En marzo de 2008, tanto el coma o seu irmán anunciaron a súa intención de presentarse ao Draft da NBA.[2] No total da súa traxectoria universitaria fixo 16,0 puntos e 7,1 rebotes por partido.[3]

Profesional editar

Foi elixido na décima posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos New Jersey Nets, equipo polo que asinou contrato por dúas tempadas, con opción a outras dúas, por 1,7 e 1,8 millóns de dólares respetivamente as dúas primeiras campañas.[4] Na súa primeira campaña na liga disputou o Rookie Challenge e foi incluído no mellor quinteto de rookies da liga tras facer 13 puntos, 8.1 rebotes e 1.9 tapóns, xogando os 82 partidos de liga regular. Rematou terceiro na votación do Rookie do ano da NBA.

O 22 de xuño de 2017, Lopez foi traspasado ós Los Angeles Lakers xunto os dereitos de Kyle Kuzma, a cambio de D'Angelo Russell e Timofey Mozgov.[5]

O 17 de xullo de 2018, Lopez asinou cos Milwaukee Bucks.[6]

Notas editar

  1. "Brook Lopez Porspect Profile". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2009. Consultado o 09 de outubro de 2009. 
  2. "Brook Lopez, Robin Lopez Announce Intent To Enter 2008 NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2008. Consultado o 09 de outubro de 2009. 
  3. Ficha de Brook Lopez en TDR
  4. "Nets sign first-round draft picks Brook Lopez and Ryan Anderson". Arquivado dende o orixinal o 31/10/2008. Consultado o 09/10/2009.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  5. "Brooklyn Nets acquire D’Angelo Russell and Timofey Mozgov from L.A. Lakers". NBA.com. 22 de xuño de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2017. 
  6. "Milwaukee Bucks Sign Brook Lopez". NBA.com. 17 de xullo de 2018. Consultado o 17 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar