Chris Bosh
Christopher Wesson Bosh, nado o 24 de marzo de 1984 en Dallas, Texas, é un xogador americano de baloncesto profesional.
(2011) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de marzo de 1984 (40 anos) Dallas, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Lincoln High School (en) Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 211 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 107 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2003 - 2017 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 1 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Toronto Raptors | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2006 | Campionato mundial de baloncesto de 2006 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2002–03 NCAA Division I men's basketball season (en) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | chrisbosh.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Na súa época no instituto foi nomeado "Mr. Basketball" en Texas, e deixou a universidade de Georgia Tech despois de xogar unha tempada para entrar no Draft da NBA de 2003. Foi seleccionado na cuarta posición polos Toronto Raptors nunha promoción moi competitiva. En Toronto, converteuse nunha das novas estrelas da liga. Alí se converteu no xogador franquía dos Raptors, foi elixido 5 veces All-Star, foi incluído unha vez no segundo equipo All-NBA, e xogou coa selección dos Estados Unidos, coa cal gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008. Na tempada 2006-07, Bosh levou ós Raptors á súa primeira clasificación para Playoffs en cinco anos, e ó seu primeiro título de división da historia. Deixou Toronto en 2010 coma líder histórico da franquía en puntos, rebotes, tapóns, dobres-dobres, tiros libres intentados e anotados, e minutos xogados.
Na súa etapa en Miami foi elixido All-Star noutras catro ocasións e chegou a tres Finais da NBA. Na primeira ocasión, na 2010-11, perderon 4-2 contra os Dallas Mavericks; na segunda, Bosh gañou o seu primeiro título da NBA con Miami, despois de gañar ós Oklahoma City Thunder por 4-1, na tempada 2011-12; na terceira ocasión, na tempada 2012-13, conseguiu o seu segundo anel consecutivo despois de que os Heat gañaran por 4-3 ós San Antonio Spurs.
Traxectoria deportiva
editarToronto Raptors (2003-2010)
editarTempada Rookie (2003-04)
editarNunha clase de Draft moi forte, incluíndo os futuros All-Stars LeBron James, Carmelo Anthony e Dwyane Wade, Bosh foi seleccionado na cuarta posición do Draft da NBA de 2003 polos Toronto Raptors, e asinou con eles o 8 de xullo de 2003.[1] Antes de asinar o seu contrato, outros equipos da NBA fixeron ofertas por Bosh ao saber que Toronto necesitaba un anotador veterano, e a estrela dos Raptors Vince Carter fixo presión para ser traspasado. Porén, o director xeral Glen Grunwald, rexeitou todas as ofertas.
Na súa tempada coma rookie, Bosh viuse forzado a xogar coma pivote, debido á marcha de Antonio Davis aos Chicago Bulls.[2] Esta situación fixo que se tivera que enfrontar a pivotes moito máis altos e fortes ca el, o cal compensaba con traballo e esforzo.[3] Os seus números tampouco pasaron desapercibidos,[4] acadando 11.5 puntos, 7.4 rebotes e 1.4 tapóns en 33.5 minutos de xogo, en 75 partidos. Liderou aos rookies en rebotes e tapóns, e conseguiu o récord da franquía en rebotes capturados por un rookie, con 557. Bosh foi seleccionado no primeiro equipo de rookies da tempada.
A nova esperanza dos Raptors (2004-06)
editarCoa marcha do xogador franquía do equipo, Vince Carter, en decembro de 2004, Bosh converteuse automaticamente no novo líder do equipo, arredor de quen Toronto construiría o equipo.[5] Nos partidos restantes tras a marcha de Carter, o ala-pivote acadou 18.4 puntos, 9.5 rebotes, 1.6 tapóns e 38.1 minutos por partido, mellorando en todas as apartado das estatísticas. Gañou o seu primeiro premio ao xogador da semana da Conferencia Leste polos partidos xogados entre o 3 e o 9 de xaneiro de 2005. Mentres se achegaba o remate da tempada, os analistas consideraron a Bosh coma un futuro All-Star.[6][7] Bosh rematou a tempada 2004-05 coma líder en anotación e en rebotes capturados do equipo.
Antes da tempada 2005-06, Bosh foi nomeado coma un dos capitáns do equipo. Bosh continuou traballando o seu xogo, liderando ao equipo en anotación, rebotes, e porcentaxe de tiros de campo na primeira metade da tempada.[8] O 9 de febreiro de 2006, por primeira vez na súa carreira, foi seleccionado para xogar o NBA All-Star Game de 2006 en Houston, Texas, coma xogador reserva da Conferencia Leste. Foi o terceiro Raptor en converterse en All-Star, tras Carter e Antonio Davis. A elección de Bosh produciuse tres días despois de ser nomeado xogador da semana da Conferencia Leste por segunda vez na súa carreira. En marzo de 2006, tras unha lesión que lle fixo perder o resto da tempada,[9] os Raptors conseguiron unha marca de 1-10 sen Bosh.[10] Isto puxo en evidencia a importancia coma peza clave do ataque dos Raptors, así coma o seu papel como líder do equipo. Os Raptors remataron a tempada con 27-55, e Bosh fixo 22.5 puntos, 9.2 rebotes e 2.6 asistencias por partido.[11]
Malia o gran cambio no equipo dos Raptors, incluíndo a marcha dos seus amigos Mike James e Charlie Villanueva, Bosh asinou unha extensión de contrato por tres anos con opción do xogador a un cuarto, o 14 de xullo de 2006.[12] O acordo fíxose por valor de 65 millóns de dólares en 4 anos.[13]
Campións de división (2006-07)
editarTras un comezo bastante inseguro na tempada 2006-07, os Raptors pasaron do 50% de vitorias ó chegar ó parón do All-Star Weekend.[14] O xogo e o liderado de Bosh foron fundamentais para a boa xeira do equipo, e como recoñecemento ás súas habilidades, o 25 de xaneiro de 2007, foi nomeado titular para a Conferencia Leste no All-Star. Bosh recibiu o segundo máximo número de votos entre todos os aleiros e ala-pivotes da Conferencia Leste.[15] Esta foi a primeira vez de Bosh coma titular no All-Star, e a súa segunda aparición no partido. En xaneiro de 2007, foi nomeado xogador do mes da Conferencia Leste, debido ao seu gran momento de forma.[16] Nese mes, liderou aos Raptors con 25.4 puntos e 9.1 rebotes por partido, levando a Toronto a unha marca de 10 vitorias e 5 derrotas. O 7 de febreiro de 2007, Bosh anotou a maior anotación da súa carreira ata entón, con 41 puntos, facendo que os seus seareiros lle dedicaran cánticos de "MVP", un feito sen precedentes no Air Canada Centre.[17] Dous días máis tarde, anotou 29 puntos e colleu 11 rebotes contra os Los Angeles Lakers, anotando 10 tiros de 10 intentos na segunda parte.[18]
Miami Heat (2010-presente)
editarTras o remate da 2009-10, había unha grande expectación sobre onde ían xogar axentes libres do nivel de LeBron James, Dwyane Wade ou Bosh na seguinte tempada. O 9 de xullo de 2010, Bosh completou oficialmente un sign-and-trade para irse ós Miami Heat, e formar equipo con Wade e James.[19] Bosh deixou Toronto non só liderando practicamente todas as estatísticas, senón que tamén foi un dos tan só tres xogadores na liga en facer 10.000 puntos, 4.500 rebotes e 600 tapóns nas súas sete tempadas cos Raptors.[20]
Malia ser considerados coma favoritos ó campionato, os Heat comezaron cunha marca de 9-8, e o rendemento de Bosh estaba por debaixo do que se agardaba. Porén, os Heat conseguiron unha xeira de 21-1, e loitaban cos Boston Celtics e cos Chicago Bulls pola primeira posición na Conferencia Leste ó chegar ó ecuador da tempada.[21] Miami rematou a tempada regular con 58 vitorias e se enfrontaron ós Philadelphia 76ers na primeira rolda dos playoffs. Miami gañou a serie en cinco partidos, e tamén gañaron en cinco partidos as semifinais contra Boston. Nas Finais de Conferencia contra Chicago, Bosh foi particularmente importante, acadando 23.2 puntos por partido, para levar ós Heat á vitoria nas series por 4-1. Nas Finais contra os Dallas Mavericks, Bosh tivo unha porcentaxe de tiro de menos dun 30% de acerto nos dous primeiros partidos, pero anotou a canastra gañadora no terceiro partido, para darlle a Miami unha vantaxe de 2-1. Ese foi o último partido que gañou Miami, xa que Dallas conseguiu gañar os tres seguintes, para conseguir o primeiro campionato da NBA da súa historia.
Na tempada 2011-12, os Heat partían outra vez coma favoritos ó título. Sen facer grandes cambios no seu equipo, quedaron segundos na Conferencia Leste con 46 partidos gañados, só por detrás dos Chicago Bulls. Na primeira rolda eliminaron os New York Knicks por 4-1. No primeiro partido das semifinais de conferencia contra os Indiana Pacers, Bosh lesionouse na primeira parte, e a predición apuntaba a que perdería o resto das series.[22] Grazas ó gran traballo de Wade e James, os Heat conseguiron gañar a serie por 4-2.[23] Bosh volveu no quinto partido das finais de conferencia contra os Celtics, pero a súa axuda non foi suficiente para evitar a derrota de Miami, que suporía o 3-2 no global da serie a favor de Boston. Miami conseguiu finalmente gañar a serie por 4-3, en parte grazas a un gran partido de Bosh no sétimo encontro, e accederon por segunda vez consecutiva ás Finais da NBA.[24] Desta vez conseguiron gañar por 4-1 ós Oklahoma City Thunder, e Bosh conseguiu o seu primeiro anel da NBA, segundo na historia dos Heat.[25]
Estatísticas
editarTempada regular
editarTempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2003-04 | Toronto | 75 | 33.5 | .459 | .357 | .701 | 7.4 | 1.0 | 0.8 | 1.4 | 11.5 |
2004-05 | Toronto | 81 | 37.2 | .471 | .300 | .760 | 8.9 | 1.9 | 0.9 | 1.4 | 16.8 |
2005-06 | Toronto | 70 | 39.3 | .505 | .000 | .816 | 9.2 | 2.6 | 0.7 | 1.1 | 22.5 |
2006-07 | Toronto | 69 | 38.5 | .496 | .343 | .785 | 10.7 | 2.5 | 0.6 | 1.3 | 22.6 |
2007-08 | Toronto | 67 | 36.2 | .494 | .400 | .844 | 8.7 | 2.6 | 0.9 | 1.0 | 22.3 |
2008-09 | Toronto | 77 | 38.0 | .487 | .245 | .817 | 10.0 | 2.5 | 0.9 | 1.0 | 22.7 |
2009-10 | Toronto | 70 | 36.1 | .518 | .364 | .797 | 10.8 | 2.4 | 0.6 | 1.0 | 24.0 |
2010-11 | Miami | 77 | 36.3 | .496 | .240 | .815 | 8.3 | 1.9 | 0.8 | 0.6 | 18.7 |
2011-12 | Miami | 57 | 35.2 | .487 | .286 | .821 | 7.9 | 1.8 | 0.9 | 0.8 | 18.0 |
2012-13 | Miami | 74 | 33.2 | .535 | .284 | .798 | 6.8 | 1.7 | 0.9 | 1.4 | 16.6 |
Total | 717 | 36.4 | .496 | .288 | .799 | 8.9 | 2.1 | 0.8 | 1.1 | 19.5 | |
All-Star | 7 | 22.0 | .507 | .167 | .533 | 5.9 | 1.3 | 0.7 | 0.3 | 11.9 |
Playoffs
editarTempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2006-07 | Toronto | 6 | 37.0 | .396 | .200 | .842 | 9.0 | 2.5 | 0.8 | 1.8 | 17.5 |
2007-08 | Toronto | 5 | 39.8 | .472 | .143 | .833 | 9.0 | 3.6 | 1.6 | 0.4 | 24.0 |
2010-11 | Miami | 21 | 39.7 | .474 | .000 | .814 | 8.5 | 1.1 | 0.7 | 0.9 | 18.6 |
2011-12 | Miami | 14 | 31.4 | .493 | .538 | .827 | 7.8 | 0.6 | 0.4 | 1.0 | 14.0 |
2012-13 | Miami | 23 | 32.7 | .458 | .405 | .733 | 7.3 | 1.5 | 1.0 | 1.6 | 12.1 |
Total | 69 | 35.4 | .464 | .364 | .807 | 8.0 | 1.4 | 0.8 | 1.2 | 15.8 |
Traxectoria internacional
editarCadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Baloncesto | |||
Xogos Olímpicos | |||
Pequín 2008 | Estados Unidos | ||
Campionato do Mundo da FIBA | |||
Xapón 2006 | Estados Unidos |
A carreira internacional de Bosh comezou no ano 2002 cando foi seleccionado coma membro da selección estadounidense para o Campionato do Mundo Júnior, que conseguiu a medalla de bronce cunha marca de 4-1.[26]
Tras o comezo da súa carreira na NBA, Bosh foi elixido en marzo de 2006 para formar parte do equipo nacional na xira previa ó Campionato do Mundo, e axudou ó equipo a alcanzar un récord de 5-0.[26] En agosto de 2006, Bosh foi elixido no equipo estadounidense para o Mundial do Xapón de 2006.[26] Xunto a outros compañeiros da súa mesma promoción de 2003 coma Dwyane Wade, LeBron James, Carmelo Anthony e Kirk Hinrich, conseguiron a medalla de bronce, tras derrotar á selección da Arxentina.[27] Bosh quedou na sexta posición en porcentaxe de tiros de campo.[26]
Tras a tempada 2006-07, Bosh foi elixido para competir no Campionato FIBA Americas de 2007. Porén, unha lesión nun pé apartouno do equipo.[28] O 23 de xuño de 2008, foi incluído no equipo que competiría nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008.[29] Durante o torneo, Bosh foi o substituto principal do pívot Dwight Howard. Os Estados Unidos remataron invictos tras oito partidos e conseguiron a medalla de ouro, derrotando á selección española na final.[30] Bosh acadou 9.1 puntos por partido, e liderou ó equipo en rebotes, con 6.1 por partido.[31]
O 29 de xuño de 2012, Bosh chamou ó adestrador do equipo nacional Mike Krzyzewski e ó presidente Jerry Colangelo para comunicarlles a súa intención de non participar nos Xogos Olímpicos de Londres de 2012 debido ó proceso de recuperación da lesión que lle mantivo fóra durante varios partidos dos Playoffs de 2012.[32]
Salarios
editarTempada | Equipos | Salario |
---|---|---|
2003–04 | Toronto | $2,911,320 |
2004–05 | Toronto | $3,129,720 |
2005–06 | Toronto | $3,348,000 |
2006–07 | Toronto | $4,235,220 |
2007-08 | Toronto | $12,455,000 |
2008-09 | Toronto | $14,410,581 |
2009-10 | Toronto | $15,779,912 |
2010-11 | Miami | $14,500,000 |
2011-12 | Miami | $16,022,500 |
2012-13 | Miami | $17,545,000 |
2013-14 | Miami | $19,067,500 |
Galardóns e logros individuais
editar- Xogador do Mes da Conferencia Leste da NBA: xaneiro de 2007
- Xogador da Semana da Conferencia Leste da NBA: 3 de xaneiro de 2005; 30 de xaneiro de 2006; 26 de marzo de 2007; 7 de xaneiro de 2008; 28 de outubro de 2008; 1 de febreiro de 2010; 5 de abril de 2010; 30 de decembro de 2013
- Campión da División Atlántico da NBA: 2006–07
- Campión da División Sueste da NBA: 2010–11, 2011–12, 2012–13
- Campión da NBA: 2011–12; 2012–13
- NBA All-Star: 2005–06; 2006–07; 2007–08; 2008–09 (non participou debido a unha lesión); 2009–10; 2010–11; 2011–12; 2012–13; 2013–14
- Segundo Equipo All-NBA: 2006–07
- Primeiro Equipo de Rookies NBA: 2003–04
- Partido de Rookies do NBA All-Star Game: 2003–04; 2004–05
- Medalla de bronce co Team USA no Campionato do Mundo da FIBA 2006.
- Medalla de ouro co Team USA nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008.
Notas
editar- ↑ "Raptors Sign Chris Bosh", nba.com/raptors, 8 de xullo de 2003, consultado o 20 de marzo de 2007.
- ↑ Feschuk, Dave, "Vegas trip leaves Bosh bushed", thestar.com, 18 de febreiro de 2007, consultado o 20 de marzo de 2007.
- ↑ "Chris Bosh's evolution into an NBA star" Arquivado 07 de decembro de 2008 en Wayback Machine., ctv.ca, 18 de febreiro de 2007, consultado o 20 de marzo de 2007.
- ↑ Kahn, Mike, "The sky, Bosh? Raptors rookie just getting started" Arquivado 03 de febreiro de 2004 en Wayback Machine., cbs.sportsline.com, 26 de xaneiro de 2004, consultado o 20 de marzo de 2007.
- ↑ 2004-05: End Of The Carter Era, nba.com/raptors, consultado o 27 de abril de 2007.
- ↑ Wick, Norma, "All Flights Cancelled, nba.com/raptors, 10 de xaneiro de 2005, consultado o 27 de abril de 2007.
- ↑ Ball, Mike, "Still An All-Star In This Town", nba.com/raptors, 17 de xaneiro de 2005, consultado o 27 de abril de 2007.
- ↑ "Bosh Named NBA's Eastern Conference Player of the Week", nba.com/raptors, 6 de febreiro de 2006, consultado o 27 de abril de 2007.
- ↑ "Charlie Villanueva Nets 48 in OT Loss in Milwaukee", nba.com/raptors, 26 de marzo de 2006, consultado o 3 de agosto de 2007.
- ↑ Raptors Schedules & Results 2005-2006 Arquivado 06 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine., nba.com/raptors, consultado o 3 de agosto de 2007.
- ↑ Chris Bosh Info Page – Career Stats and Totals Arquivado 10 de agosto de 2014 en Wayback Machine., nba.com, consultado o 12 de novembro de 2007.
- ↑ "Raptors Re-Sign Bosh to Multi-Year Contract Extension", nba.com/raptors, 14 de xullo de 2006, consultado o 3 de agosto de 2007.
- ↑ "Raptors Re-Sign Chris Bosh To Contract Extension", nba.com/raptors, 14 de xullo de 2006, consultado o 3 de agosto de 2007.
- ↑ Raptors Post Up, nba.com/raptors, 26 de xaneiro de 2007, consultado o 26 de abril de 2007.
- ↑ "Raptors voted all-star starter" cbc.ca, 25 de xaneiro de 2007, consultado o 27 de abril de 2007.
- ↑ "Bosh named Eastern Conference Player of the Month", nba.com/raptors, 2 de febreiro de 2007, consultado o 20 de marzo de 2007.
- ↑ Smith, Doug, Bosh's career-high 41 sparks 'M-V-P' chant, thestar.com, 7 de febreiro de 2007, consultado o 27 de abril de 2007.
- ↑ Post-Game Notes, nba.com/raptors, consultado o 20 de marzo de 2007.
- ↑ Heat get James, Bosh in sign-and-trade deals Arquivado 13 de xullo de 2010 en Wayback Machine., sportsillustrated.cnn.com, 9 de xullo de 2010, consultado o 10 de xullo de 2010.
- ↑ Chris Bosh the power broker in Heat’s three-for-all, thestar.com, 10 de xullo de 2010, consultado o 11 de xullo de 2010.
- ↑ Aschburner, Steve, "Heat thank November swoon for helping them find way to bloom" Arquivado 10 de novembro de 2012 en Wayback Machine., nba.com, 13 de xaneiro de 2011, consultado o 14 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Heat's Bosh leaves Game 1 with abdominal injury". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2012.
- ↑ "Epic LeBron/Wade was just two much". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2013. Consultado o 13 de novembro de 2012.
- ↑ "Heat's Big Three deliver, send team on to face Thunder". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2012.
- ↑ "Heat rise to title". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2012.
- ↑ 26,0 26,1 26,2 26,3 USA Basketball: Bio: Chris Bosh Arquivado 24 de febreiro de 2007 en Wayback Machine., usabasketball.com, consultado o 20 de marzo de 2007.
- ↑ 2006 FIBA World Championship Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., fiba.com, consultado o 20 de marzo de 2007.
- ↑ Chris Bosh leaves U.S. training camp because of left foot injury, sports.yahoo.com, 15 de agosto de 2007, consultado o 5 de novembro de 2007.
- ↑ Bosh named to U.S. Olympic team Arquivado 04 de outubro de 2011 en Wayback Machine., olympics.thestar.com, 23 de xuño de 2008, consultado o 24 de xuño de 2008.
- ↑ US hoops back on top, beats Spain for gold medal, sports.yahoo.com, 24 de agosto de 2008, consultado o 24 de agosto de 2008.
- ↑ USA Arquivado 14 de maio de 2013 en Wayback Machine., usabasketball.com, consultado o 25 de agosto 2008.
- ↑ http://www.usatoday.com/sports/olympics/london/basketball/story/2012-06-29/chris-bosh-to-miss-olympics/55919170/1
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil de Chris Bosh en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Chris Bosh Arquivado 27 de xullo de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)