Selección de baloncesto de España

Selección de baloncesto de España: equipo representa á Federación Española de Baloncesto nas competicións internacionais

A Selección de baloncesto de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Federación Española de Baloncesto (FEB) nas competicións internacionais organizadas pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) ou o Comité Olímpico Internacional (COI): os Xogos Olímpicos, Campionato mundial de baloncesto e Eurobasket principalmente.

España

Clasificación 2
Afiliación 1934
Zona FIBA FIBA Europa
Federación FEB
Adestrador Sergio Scariolo
Xogos Olímpicos
Aparicións 11
Medallas 1984, 2008, 2012
2016
Copa do Mundo da FIBA
Aparicións 11
Medallas 2006, 2019
Eurobasket
Aparicións 31
Medallas 2009, 2011, 2015, 2022
1935, 1973, 1983, 1999, 2003, 2007
1991, 2001, 2013, 2017
Uniforme
Claro jersey
Team colours
Claro
Escuro jersey
Team colours
Escuro

A Selección española está considerada, a 1 de marzo de 2022, a segunda mellor selección do mundo segundo o ránking que elabora a FIBA. Por diante de España tan só está a selección dos Estados Unidos.[1]

A Selección de baloncesto de España formouse, como equipo nacional, en 1935, a fin de participar no primeiro Campionato de Europa da historia, o disputado en Xenebra no verán de 1935, e no que España logrou unha histórica segunda posición. O primeiro partido da historia da Selección foi un amigábel disputado semanas antes do Europeo, en 1935, no que se enfrontou á Selección de Portugal. O éxito do Eurobasket deu á Selección a posibilidade de participar nos Xogos Olímpicos de Berlín de 1936, os primeiros en que houbo competición de baloncesto. España, subcampioa de Europa, era unha das favoritas a acadar medalla, pero non puido asistir ós Xogos a causa do estalido da guerra civil española días antes do inicio dos Xogos.

A sección feminina da selección española non conseguiu clasificarse para uns mundiais ata de Australia 1994, tras gañar o Europeo de Perugia 1993, pero desde aquela non só se clasificou para os tres campionatos seguintes senón que ata o de agora acadou un oitavo posto (Australia 1994), e dous quintos consecutivos Alemaña 1998 e China 2002, o que resulta moi meritorio tendo en conta que só leva 12 anos relacionándose coa elite mundial. A sección feminina da selección española ocupa o 6º posto na clasificación da FIBA.

O maior éxito na historia da Selección Española foi a vitoria no mundial do Xapón 2006. Despois, a medalla de prata acadada nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles de 1984. Nos Eurobasket conquistou sete medallas: cinco de prata e dúas de bronce. Cabe salientar que España gañou a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de 1955, a de prata nos de 1987, e a de bronce en 2005. Pola súa parte, a sección feminina ademais do ouro no europeo de 1993, gañou tres bronces europeos consecutivos en 2001, 2003 e 2005, así coma outro bronce nos Xogos Mediterráneos de 2005.

A Selección de baloncesto de España conseguiu a vitoria no MundoBasket 2006 do Xapón no Saitama Super Arena nun partido ante Grecia (47-70), converténdose así en Campioa do Mundo. Poucos días despois deste triunfo consegue o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes 2006. O xogador chantadino Fran Vázquez ía participar neste campionato como membro da selección, pero unha lesión fixo que non puidese estar presente e tivese que ser substituído por Marc Gasol, irmán da estrela do equipo, Pau.

Ademais, España foi a organizadora do Eurobasket 2007, disputado en Madrid, Palma, Alacant, Sevilla e Granada. A Selección de baloncesto de España estaba clasificada como anfitrioa, sendo considerada unha das maiores candidatas á medalla de ouro.

A FEB ten Selección Española Sénior, (formada por xogadores séniores), así coma seleccións Sénior B, sub-20, sub-18, sub-16 e sub-15. Todas elas coas súas correspondentes seccións masculina e feminina. Ademais nas seccións femininas hai unha categoría máis, a sub-19, que no caso dos homes, é unha soa sección xunto cos sub-20.

Xogadores

editar

Masculina

editar

Os seguintes xogadores disputaron o torneo masculino de baloncesto dos EuroBasket 2022.[2]

Selección española de baloncesto - EuroBasket 2022
Xogadores
Pos. # Nome Altura Peso Club
B/E 2 Brown, Lorenzo 1.96 m (6 ft 5 in) 86 kg (189 lb) Maccabi Tel Aviv
AP/P 4 Pradilla, Jaime 2.06 m (6 ft 9 in) 106 kg (233 lb) Valencia Basket
A 5 Fernández, Rudy 1.96 m (6 ft 5 in) 83 kg (184 lb) Real Madrid
B 6 López-Arostegui, Xabier 2.01 m (6 ft 7 in) 98 kg (216 lb) Valencia Basket
B/E 7 Fernández, Jaime 1.85 m (6 ft 1 in) 79 kg (174 lb) Lenovo Tenerife
E 8 Brizuela, Darío 1.88 m (6 ft 2 in) 75 kg (165 lb) Unicaja Málaga
B 9 Díaz, Alberto 1.91 m (6 ft 3 in) 86 kg (190 lb) Unicaja Málaga
AP 11 Saiz, Sebas 2.06 m (6 ft 9 in) 102 kg (225 lb) Alvark Tokyo
P 14 Hernangómez, Willy 2.11 m (6 ft 11 in) 109 kg (240 lb) New Orleans Pelicans
AP/P 16 Garuba, Usman 2.03 m (6 ft 8 in) 104 kg (230 lb) Houston Rockets
A/AP 41 Hernangómez, Juancho 2.06 m (6 ft 9 in) 97 kg (214 lb) Toronto Raptors
AP 44 Parra, Joel 2.01 m (6 ft 7 in) 88 kg (194 lb) Joventut Badalona

Feminina

editar
  • Seleccionador: Jose Ignacio Hernández.
  • Bases: Silvia Domínguez, Alba Torrens.
  • Escoltas: Laia Palau, Elisa Aguilar, Marta Xargay.
  • Aleiros: Cindy Lima, Amaya Valdemoro, Anna Cruz.
  • Ala-Pivotes: Anna Montañana, Sancho Lyttle.
  • Pivotes: Laura Nicholls, Lucila Pascua.

Palmarés

editar
 
A selección española gañadora do Mundial 2006.

Sección masculina

Sección feminina

  • 1 medalla de bronce: 2010

Sección masculina

Sección masculina

Sección masculina

Sección feminina

Sección masculina

  • 1 medalla de ouro: 1955.
  • 1 medalla de prata: 1987.
  • 1 medalla de bronce: 2005.

Sección feminina

  • 1 medalla de bronce: 2005.

Xogadores históricos

editar

Por partidos xogados

editar

Xogadores que disputaron máis de 100 partidos coa selección:

           

Adestradores históricos

editar

Partidos históricos

editar

Sección masculina

Sección feminina

Historial

editar

Sección masculina

   

Sección feminina

   

Sección masculina

           

Sección feminina

       

Sección masculina

  • 1935: Medalla de Prata.
  • 1937: Non clasificada.
  • 1939: Non clasificada.
  • 1946: Non clasificada.
  • 1947: Non clasificada.
  • 1949: Non clasificada.
  • 1951: Non clasificada.
  • 1953: Non clasificada.
               

Sección feminina

  • 1938: Non clasificada.
  • 1950: Non clasificada.
  • 1952: Non clasificada.
  • 1954: Non clasificada.
  • 1956: Non clasificada.
  • 1958: Non clasificada.
  • 1960: Non clasificada.
  • 1962: Non clasificada.
   
  • 1964: Non clasificada.
  • 1966: Non clasificada.
  • 1968: Non clasificada.
  • 1970: Non clasificada.
  • 1972: Non clasificada.
  • 1974: Duodécima.
  • 1976: Décima.
  • 1978: Undécima.
       
  • 1995: Non clasificada.
  • 1997: Quinta.
  • 1999: Nonn clasificada.
  • 2001: Medalla de Bronce.
  • 2003: Medalla de Bronce.
  • 2005: Medalla de Bronce.
  • 2007: Clasificada.
  • 1964: sexta.
  • 1968: Non clasificada.
  • 1972: Medalla de Bronce.
  • 1976: Non clasificada.
   
  • 1980: Medalla de Bronce.
  • 1984: Medalla de Prata.
  • 1988: Medalla de Bronce.
  • 1992: Non participou (país anfitrión dos XX.OO.)

Récords da selección

editar
  • Xogador con:
  • Seleccionador que:
  • dirixiu máis partidos: Antonio Díaz-Miguel, 423 partidos nun total de 27 anos.
  • conseguiu máis medallas: Antonio Díaz-Miguel, cinco medallas.
  1. "FIBA World Ranking Presented by NIKE, men". fiba.basketball. 
  2. "Spain announces its final 12-men roster for EuroBasket 2022". Basketnews.com. 30 de agosto de 2022. Consultado o 30 de agosto de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar