Lauri Markkanen

baloncestista finlandés

Lauri Elias Markkanen, nado o 22 de maio de 1997 en Vantaa, é un xogador finés de baloncesto profesional que xoga nos Utah Jazz da National Basketball Association (NBA).

Lauri Markkanen
Utah Jazz – No. 23
Posición Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 22 de maio de 1997 (26 anos)
Finlandia Vantaa
Nacionalidade Finlandia Finlandia
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Información da carreira
Universidade Arizona (2016–2017)
NBA Draft 2017 / Rolda: 1 / Elección: 7
Por Minnesota Timberwolves
Carreira dende 2014
Historial de equipos
HBA-Märsky (2014–2016)
Chicago Bulls (2017–2021)
Cleveland Cavaliers (2021–2022)
Utah Jazz (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

O 22 de xuño de 2017, Markkanen foi elixido na 7ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Minnesota Timberwolves. Na mesma noite do Draft os seus dereitos foron traspasados xunto a Zach LaVine e Kris Dunn ós Chicago Bulls, a cambio de Jimmy Butler e os dereitos de Justin Patton.[1] O 5 de xullo de 2017, Markkanen asinou cos Bulls.[2]

O 28 de agosto de 2021, Markkanen foi traspasado ós Cleveland Cavaliers nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Portland Trail Blazers.[3]

O 1 de setembro de 2022, Markkanen foi traspasado xunto a Ochai Agbaji, Collin Sexton, tres eleccións da primeira rolda do Draft e dous intercambios de eleccións do Draft ós Utah Jazz, a cambio de Donovan Mitchell.[4][5]

Notas editar

  1. "Bulls acquire Dunn, LaVine and Markkanen from Minnesota". NBA.com. 22 de xuño de 2017. Consultado o 28 de xuño de 2017. 
  2. "Bulls sign Lauri Markkanen". NBA.com. 5 de xullo de 2017. Consultado o 6 de xullo de 2017. 
  3. "Cavaliers Acquire Lauri Markkanen". NBA.com. 28 de agosto de 2021. Consultado o 28 de agosto de 2021. 
  4. "Cavs Acquire Three-Time All-Star Donovan Mitchell". NBA. NBA.com. Consultado o 3 de setembro de 2022. 
  5. "Cleveland Cavaliers acquire Utah Jazz star Donovan Mitchell in blockbuster trade". ESPN. Consultado o 3 de setembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar