Jimmy Butler
Jimmy Butler III, nado o 14 de setembro de 1989 en Houston, Texas, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Miami Heat da National Basketball Association (NBA).
![]() | |
Miami Heat – No. 22 | |
Posición | Escolta / Ala |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 14 de setembro de 1989 (34 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 107 kg (236 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Tomball (Tomball, Texas) |
Universidade | Tyler JC (2007–2008) Marquette (2008–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 30 Por Chicago Bulls |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
Chicago Bulls (2011–2017) Minnesota Timberwolves (2017–2018) Philadelphia 76ers (2018–2019) Miami Heat (2019–presente) | |
Información en nba.com |
Traxectoria profesional Editar
Butler foi elixido na 30ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Chicago Bulls. O 9 de decembro de 2011, asinou o seu contrato de rookie cos Bulls.[1] Na súa primeira tempada na liga, acurtada polo lockout, xogou 42 partidos nos que fixo 2.6 puntos e 1.3 rebotes por encontro.
O 22 de xuño de 2017, Butler foi traspasado xunto os dereitos de Justin Patton ós Minnesota Timberwolves, a cambio de Kris Dunn, Zach LaVine e os dereitos de Lauri Markkanen.[2]
O 12 de novembro de 2018, Butler foi traspasado xunto a Justin Patton ós Philadelphia 76ers a cambio de Jerryd Bayless, Robert Covington, Dario Šarić e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022.[3]
O 6 de xullo de 2019, Butler asinou cos Miami Heat nun traspaso entre catro equipos.[4]
Notas Editar
- ↑ "Bulls sign rookie guard Jimmy Butler". Consultado o 16 de xuño de 2016.
- ↑ "Bulls acquire Dunn, LaVine and Markkanen from Minnesota". NBA.com. 22 de xuño de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2017.
- ↑ "Team Acquires Four-Time All-Star Jimmy Butler". NBA.com. 12 de novembro de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2018.
- ↑ "HEAT Acquire Butler And Leonard". NBA.com. 6 de xullo de 2019. Consultado o 6 de xullo de 2019.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 23 de abril de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)