Jerryd Bayless
Jerryd Andrew Bayless, nado o 20 de agosto de 1988 en Phoenix (Arizona), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Sichuan Blue Whales da Chinese Basketball Association (CBA). Mide 1,91 metros de altura, e xoga nas posicións de base e escolta.
![]() | |
Sichuan Blue Whales | |
Posición | Base / Escolta |
---|---|
Liga | CBA |
Información persoal | |
Nacemento | 20 de agosto de 1988 (35 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | St. Mary's (Phoenix, Arizona) |
Universidade | Arizona (2007–2008) |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 11 Por Indiana Pacers |
Carreira | dende 2008 |
Historial de equipos | |
Portland Trail Blazers (2008–2010) New Orleans Hornets (2010) Toronto Raptors (2010–2012) Memphis Grizzlies (2012–2014) Boston Celtics (2014) Milwaukee Bucks (2014–2016) Philadelphia 76ers (2016–2018) Minnesota Timberwolves (2018–2019) Sichuan Blue Whales (2019–presente) |
Traxectoria profesional Editar
Bayless foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Indiana Pacers. Os Portland Trail Blazers adquiriron os dereitos de Bayless xunto a Ike Diogu de Indiana a cambio dos dereitos de Brandon Rush, que fora elixido na 13ª posición, xunto a Jarrett Jack e Josh McRoberts. O acordo foi completado o 26 de xuño de 2008, pero foi anunciado o 9 de xullo de 2008.
O 23 de outubro de 2010, Bayless foi traspasado ós New Orleans Hornets a cambio dunha elección condicionada de primeira rolda do Draft.[1]
O 20 de novembro de 2010, Bayless foi traspasado ós Toronto Raptors xunto a Peja Stojaković, a cambio de Jarrett Jack, Marcus Banks e David Andersen.[2]
O 13 de xullo de 2012, Bayless asinou un contrato de varios anos cos Memphis Grizzlies.[3]
O 7 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre os Grizzlies, os Boston Celtics, e os Oklahoma City Thunder. Memphis traspasou a Bayless a Boston, e eleccións de segunda rolda do Draft de 2014 e 2017 a Oklahoma City, a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2016, e Courtney Lee dos Celtics. Coma parte da operación, Ryan Gomes foi tamén traspasado dos Thunder ós Celtics.[4]
O 31 de xullo de 2014, Bayless fichou polos Milwaukee Bucks.[5]
O 12 de novembro de 2018, Bayless foi traspasado xunto a Robert Covington, Dario Šarić e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 ós Minnesota Timberwolves a cambio de Justin Patton e Jimmy Butler.[6]
Notas Editar
- ↑ "HORNETS ACQUIRE JERRYD BAYLESS FROM PORTLAND". NBA.com. 2010-10-23. Consultado o 2010-10-24.
- ↑ "Raptors Acquire Bayless, Stojakovic And Cash Considerations From New Orleans". NBA.com. 2010-11-20. Consultado o 2010-11-21.
- ↑ "Grizzlies sign guard Jerryd Bayless". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2014. Consultado o 24 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Celtics Acquire Jerryd Bayless". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 7 de xaneiro de 2014. Consultado o 7 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Bucks Sign Jerryd Bayless". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 31 de xullo de 2014. Consultado o 31 de xullo de 2014.
- ↑ "Team Acquires Four-Time All-Star Jimmy Butler". NBA.com. 12 de novembro de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2018.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Perfil de Bayless en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Jerryd Bayless Arquivado 19 de decembro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)