Dario Šarić

baloncestista croata

Dario Šarić, nado o 8 de abril de 1994 en Šibenik, é un xogador profesional de baloncesto croata que xoga para os Oklahoma City Thunder da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,08 metros xoga na posición de ala-pivote.

Dario Šarić
Oklahoma City Thunder – No. 9
Posición Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 8 de abril de 1994 (30 anos)
Croacia Šibenik
Nacionalidade Croacia Croacia
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2014 / Rolda: 1 / Elección: 12
Por Orlando Magic
Carreira dende 2009
Historial de equipos
Zrinjevac (2009)
Dubrava (2010–2011)
Zagreb (2011–2012)
Cibona (2012–2014)
Anadolu Efes (2014–2016)
Philadelphia 76ers (2016–2018)
Minnesota Timberwolves (2018–2019)
Phoenix Suns (2019–2023)
Oklahoma City Thunder (2023–presente)

Traxectoria editar

En novembro de 2012, Šarić asinou un contrato de catro anos co KK Cibona croata.[1] En 2013, gañou a liga croata e a copa croata, e gañou o premio ó mellor xogador da final.

O 24 de xuño de 2014, asinou un contrato de dous anos, con opción a outro máis, co Anadolu Efes turco.[2] Días despois, foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Orlando Magic, e foi traspasado inmediatamente ós Philadelphia 76ers a cambio de Elfrid Payton.[3]

O 12 de novembro de 2018, Šarić foi traspasado xunto a Jerryd Bayless, Robert Covington e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 ós Minnesota Timberwolves a cambio de Justin Patton e Jimmy Butler.[4]

O 6 de xullo de 2019, Šarić foi traspasado ós Phoenix Suns.[5]

Notas editar

  1. "Cibona inks Dario Šarić". ABA League. 2012-11-28. Arquivado dende o orixinal o 22/10/2014. Consultado o 08/06/2013. 
  2. "Dario Saric officially signs with Anadolu Efes Istanbul". Sportando.com. 24 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2015. Consultado o 24 de xuño de 2014. 
  3. Herbert, James (26 de xuño de 2014). "2014 NBA Draft: Orlando Magic select Dario Saric at No. 12, trade to 76ers". CBS Sports. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 27 de xuño de 2014. 
  4. "Team Acquires Four-Time All-Star Jimmy Butler". NBA.com. 12 de novembro de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2018. 
  5. "Suns Complete Trades to Add Draft Picks Johnson, Jerome and Veterans Šarić, Baynes". NBA.com. 6 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar