Abrir o menú principal

Anadolu Efes S.K.

(Redirixido desde "Anadolu Efes SK")

O Anadolu Efes Spor Kulübü (antes coñecido como Efes Pilsen) é un equipo de baloncesto da cidade de Istambul (Turquía) que por palmarés é considerado como un dos equipos máis importantes na historia do baloncesto turco, xa que gañou o título de liga en 13 ocasións. O pavillón no que xoga os seus partidos como local é o Sinan Erdem Spor Salonu, cunha capacidade para 16.000 espectadores.

Anadolu Efes
Abdi İpekçi Arena 2.jpg
Información xeral
Liga BSL / Euroliga
Fundación 1976
Historia Efes Pilsen (1976-2011)
Cores                     Azul, branco, vermello
Presidente Flag of Turkey.svg Tuncay Özilhan
Adestrador Flag of Turkey.svg Alper Yılmaz
Patrocinador Anadolu Efes
Vestimenta Nike
Localización
Cidade Flag of Turkey.svg Istambul, Turquía
Pavillón Sinan Erdem Spor Salonu
Capacidade 16.000
Inauguración 23 de abril de 2010
Campionatos
C. Korać 1 (1996)
Liga 13 (1979, 1983−1984, 1992−1994, 1996−1997, 2002−2005, 2009)
Copa 11 (1994, 1996−1998, 2001−2002, 2006−2007, 2009, 2015, 2018)
Supercopa 10 (1986, 1992−1993, 1996, 1998, 2000, 2006, 2009, 2010, 2015)
efesbasket.org

HistoriaEditar

 
Mirsad Türkcan.

O club foi fundado no ano 1976 co nome de "Efes Pilsen Spor Kulübü" tras a compra dos dereitos do Kadıköyspor, equipo da Segunda División turca que contaba con numeroros problemas económicos.[1] Encabezados por Tuncay Özilhan, o corpo técnico do equipo estaría formado por Pano Natof na dirección xeral, Berna Sirmen na presidencia, Talat Öztoprak na administración e Faruk Akagün como adestrador. O seu primeiro patrocinador foi a cervexa Efes Pilsen, unha subsidiaría do Grupo Anadolu. En 1978, dous anos despois da súa fundación, o club gaña o título de campión da Segunda División turca, finalizando o campionato sen coñecer a derrota e ascendendo á máxima categoría do baloncesto turco, onde permanece desde aquela.

Na súa primeira tempada na elite (1978–79), o Efes Pilsen gaña o seu primeiro título de liga, situándose dende aquela como un dos equipos punteiros do baloncesto turco. Despois de finalizar como subcampións da Copa Saporta de 1993, o club gaña o seu primeiro título europeo en 1996, ano no que conseguen a Copa Korać tras vencer na final ao Stefanel Milano italiano. Este título supuxo o primeiro título continental para un club turco en calquera deporte. Posterioemte, o Efes Pilsen converteríase nun dos equipos fixos da Euroliga, sendo as súas mellores clasificación as acadadas en 2000 e 2001 ao acabar en terceiro lugar. En ambas ocasións perderían nas semifinais da Final Four ante o Panathinaikos grego, gañando posteriormente no partido polo terceiro lugar ao FC Barcelona (2000) e ao CSKA Moscova (2001).

Na ano 2006, o club convertiuse no primeiro equipo turco convidado a xogar contra un equipo da NBA.[2] Os partidos foron contra os Denver Nuggets en Denver (Colorado) o 10 de outubro e contra os Golden State Warriors en Oakland (California) o 12 de outubro. Ambos encontros saldáronse con vitoria para os equipos estadounidenses. Ao ano seguinte sería un equipo da NBA o que visitaría a casa do Efes Pilsen. No encontro, disputado no Abdi İpekçi Arena, os Minnesota Timberwolves vencerían ao equipo local por 84–81. En 2011 o club vese obrigado a mudar ao seu nome a "Anadolu Efes Spor Kulübü" por mor da TAPDK, unha lei que prohibe o uso de publicidade de tabaco e alcol en equipos deportivos. Hose, o Anadolu Efes destaca pol oseu programa de canteira, do cal saíron coñecidos baloncestistas turcos como Hedo Türkoğlu, Mirsad Türkcan ou Cenk Akyol.

XogadoresEditar

Cadro actualEditar

Anadolu Efes 2019–2020
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B 0   Larkin, Shane 70001800000000000001.80 m (5 ft 11 in) 700179000000000000079 kg (174 lb) Boston Celtics (2018)
E 1   Beaubois, Rodrigue 70001880000000000001.88 m (6 ft 2 in) 700184000000000000084 kg (185 lb) Baskonia (2018)
AP 2   Singleton, Chris 70002060000000000002.06 m (6 ft 9 in) 7002108000000000000108 kg (238 lb) FC Barcelona (2019)
AP 3   Saybir, Yiğitcan 70002020000000000002.02 m (6 ft 8 in) 700188000000000000088 kg (194 lb)
B 4   Balbay, Doğuş 70001850000000000001.85 m (6 ft 1 in) 700182000000000000082 kg (181 lb) Texas Longhorns (2011)
E 6   Kurtuldum, Mustafa 70001960000000000001.96 m (6 ft 5 in)
A 8   Geçim, Tolga 70002060000000000002.06 m (6 ft 9 in) 700191000000000000091 kg (201 lb) Banvit (2019)
B 10   İlyasoğlu, Ömercan 70001950000000000001.95 m (6 ft 5 in)
P 15   Şanlı, Sertaç 70002130000000000002.13 m (7 ft 0 in) 7002115000000000000115 kg (254 lb) Beşiktaş (2018)
AP 18   Moerman, Adrien 70002029999999999992.03 m (6 ft 8 in) 7002102000000000000102 kg (225 lb) FC Barcelona (2018)
B 19   Tuncer, Buğrahan 70001930000000000001.93 m (6 ft 4 in) 700190000000000000090 kg (198 lb)
P 21   Pleiß, Tibor 70002210000000000002.21 m (7 ft 3 in) 7002116000000000000116 kg (256 lb) Valencia Basket (2018)
B 22   Micić, Vasilije 70001960000000000001.96 m (6 ft 5 in) 700192000000000000092 kg (203 lb) Žalgiris (2018)
A 23   Anderson, James 70001980000000000001.98 m (6 ft 6 in) 700198000000000000098 kg (216 lb) Khimki (2018)
AP 25   Peters, Alec 70002060000000000002.06 m (6 ft 9 in) 7002107000000000000107 kg (236 lb) CSKA Moscova (2019)
P 42   Dunston, Bryant 70002029999999999992.03 m (6 ft 8 in) 7002114000000000000114 kg (251 lb) Olympiacos (2015)
E-A 44   Simon, Krunoslav 70001970000000000001.97 m (6 ft 6 in) 7002100000000000000100 kg (220 lb) Olimpia Milano (2017)
Adestrador
  •   Ergin Ataman
Asistente(s)
  •   Tomislav Mijatović
  •   Agustí Julbe
  •   Cenk Yıldırım

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Cadro
Actualizado: 12-11-2019

TítulosEditar

 
Partido do Anadolu Efes fronte o Bornova Belediye (2009).

Campeticións europeasEditar

Euroliga

  • Terceiro lugar (2): 2000, 2001

Copa Saporta

  • Subcampións (1): 1993

Copa Korać

  • Campións (1): 1996

Competicións domésticasEditar

Liga de Turquía

  • Campións (13): 1979, 1983, 1984, 1992, 1993, 1994, 1996, 1997, 2002, 2003, 2004, 2005, 2009 (récord)
  • Subcampións (11): 1986, 1998, 1999, 2000, 2001, 2006, 2007, 2010, 2012, 2015, 2016

Copa de Turquía

  • Campións (11): 1994, 1996, 1997, 1998, 2001, 2002, 2006, 2007, 2009, 2015, 2018 (récord)
  • Subcampións (3): 2004, 2014, 2017

Supercopa de Turquía

  • Campións (10): 1986, 1992, 1993, 1996, 1998, 2000, 2006, 2009, 2010 (récord)
  • Subcampións (11): 1994, 1997, 1999, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2012, 2016

Partidos fronte equipos da NBAEditar

NotasEditar

  1. "Tarihçe". efesbasket.org (en turco). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2015. Consultado o 13 de setembro de 2015. 
  2. "Turkish power Efes Pilsen no match for Warriors". ESPN (en inglés). 13 de outubro de 2006. Consultado o 13 de setembro de 2015. 

Véxase taménEditar