Rodrigue Beaubois
Rodrigue Beaubois, nado en Pointe-à-Pitre (Guadalupe) o 24 de febreiro de 1988, é un xogador profesional de baloncesto francés que actualmente xoga no Anadolu Efes da Basketbol Süper Ligi turca. Con 1,88 metros de altura, xoga nas posicións escolta e base.
![]() | |
Anadolu Efes – No. 1 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1988 (35 anos)![]() |
Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
Peso oficial | 84 kg (185 lb) |
Posición | Escolta / Base |
Liga | BSL / Euroliga |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 25 Por Oklahoma City Thunder |
Carreira | 2006−presente |
Historial de equipos | |
Cholet Basket (2006–2009) Dallas Mavericks (2009–2013) Spirou Charleroi (2014) Le Mans Sarthe (2014–2015) Strasbourg IG (2015–2016) Baskonia (2016–2018) Anadolu Efes (2018–presente) | |
Premios e galardóns | |
Campión da NBA (2011) 2× Campión da Euroliga (2021, 2022) |
TraxectoriaEditar
Beaubois foi descuberto polo xogador da NBA Mickael Pietrus nun campus de baloncesto celebrado en Guadalupe.[1] De alí chegou ao Cholet Basket da liga francesa, onde se integrou no seu centro de formación, xogando primeiro unha tempada no seu equipo júnior, onde fixo 10,8 puntos e 2,3 asistencias por partido.[1] Ao ano seguinte integrouse no equipo profesional , pero só xogou cinco partidos co mesmo na tempada.[2] Ese mesmo ano foi por primeira vez convocado coa selección francesa sub-20.[3]
Tras unha primeira tempada xa completamente integrado no primeiro equipo, a súa explosión foi ao ano seguinte, no que acabou con 10 puntos e 2,5 rebotes por partido, xogando o seu mellor encontro ante Roanne, no que conseguiu 31 puntos, 8 asistencias e 5 roubos de balón.[1]
Foi elixido na vixésimo quinta posición do Draft da NBA de 2009 por Oklahoma City Thunder,[4] mais foi inmediatamente traspasado a Dallas Mavericks xunto cunha futura segunda rolda do draft a cambio dos dereitos da elección 24, B. J. Mullens.[5] En xullo de 2009 comprometeuse co equipo texano por dúas tempadas.[6]
EstatísticasEditar
Tempada | Equipo | P | PTS | REB | AST | ROU | TAP | %TC | %3P | %TL | MIN | PER |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2007-08 | Cholet Basket | 24 | 5.5 | 1.6 | 1.3 | 0.7 | 0.4 | .511 | .435 | .777 | 13.3 | 1.0 |
2008-09 | Cholet Basket | 29 | 10.0 | 2.5 | 2.3 | 1.1 | 0.2 | .633 | .317 | .583 | 22.3 | 1.9 |
Total: | 50 | 7.5 | 2.2 | 1.9 | 0.9 | 0.3 | .541 | .398 | .622 | 17.8 | 1.4 |
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "DRAFT 2009 Prospects - Rodrigue Beaubois". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2010. Consultado o 16 de abril de 2010.
- ↑ "Estatísticas de Beabois en 2007". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2008. Consultado o 16 de abril de 2010.
- ↑ "Rodrigue Beaubois". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2009. Consultado o 16 de abril de 2010.
- ↑ "2009 NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2009. Consultado o 16 de abril de 2010.
- ↑ Thunder Acquires James Harden, B.J. Mullens and Robert Vaden in 2009 NBA Draft
- ↑ "Dallas Mavericks sign first round draft pick Rodrigue Beaubois – NBA Blog" (en inglés). Consultado o 2022-04-29.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Rodrigue Beaubois Arquivado 24 de novembro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en ACB.com (en castelán)