O Cholet Basket é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Cholet, no País do Loira. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. No ano 2010 o club gañou o seu primeiro campionato de liga, o que supuxo o seu terceiro título importante tras gañar en 1998 e 1999 a Copa. O Cholet xoga os seus partidos como local en La Meilleraie, un pavillón con capacidade para 5 191 espectadores.

Cholet Basket
Información xeral
Liga Pro A
Alcume Le CB
Fundación 1975
Cores           Vermello, branco
Presidente Francia Patrick Chiron
Adestrador Francia Laurent Vila
Seareiros Les C’Bulls
Localización
Cidade Francia Cholet, Francia
Pavillón La Meilleraie
Capacidade 5 191
Inauguración 1987
Campionatos
Liga 1 (2010)
Copa 2 (1998, 1999)
cholet-basket.com

Historia

editar

O baloncesto chega á cidade de Cholet en 1928 coa creación da sección de baloncesto do club deportivo Jeune France por Jean Leroux. Coa ambición de chegar á Nationale 1, máxima categoría do baloncesto francés, os dirixentes da sección de baloncesto deciden abandonar o Jeune France e fundar en 1975 o Cholet Basket baixo a presidencia de Michel Léger. O club consegue o seu obxectivo en tan só doce anos, debutando na primeira división na temporada 1987−88. O equipo consegue manterse na categoría e aos poucos comeza a finalizar normalmente entre os dez primeiros clasificados. En 1999 o club gaña o seu primeiro título, a Copa de Francia, conseguindo ademais clasificarse para xogar na Euroliga. Na máxima competición continental finalizou cun balance de tres vitorias e trece derrotas.

O club sempre destacou polo seu sistema de formación de novos xogadores. De feito, na temporada 2004−05, dos doce xogadores do equipo profesional, até dez viñan das categorías de formación do club. Algún exemplo destes xogadores son Antoine Rigaudeau, Jim Bilba ou Mickaël Gelabale. Na temporada 2008−09 o Cholet estivo a piques de gañar o seu primeiro título continental, mais perde na final do EuroChallenge (75–77) ante a Virtus Bologna.[1] Porén, a decepción durou pouco, xa que no ano 2010 o equipo consegue gañar o seu primeiro título de Liga após acabar no primeiro lugar da clasificación e vencer na final dos play-offs polo título ao Le Mans. Grazas ao título o equipo volve a xogar a Euroliga para a temporada 2010–11, aínda que caen eliminados na primeira rolda con catro vitorias e seis derrotas. Destaca a súa vitoria por 82−78 ao Fenerbahçe Ülker, nesa altura invictos na competición. Na competición doméstica o equipo volve a ocupar o primeiro posto na liga, mais non consegue gañar ao título ao perder na final dos play-offs ante o SLUC Nancy. Despois de perder nas semifinais na temporada seguinte, o Cholet deixa de ocupar os primeiros postos da liga, converténdose nun equipo da zona da clasificación.

Ano a ano

editar
Ano Nivel Liga Pos. Copa Supercopa Competicións europeas
2006–07 1 Pro A Campión
2007–08 1 Pro A Subcampión Campión 3 FIBA EuroCup FG
2008–09 1 Pro A Rolda de 32 3 EuroChallenge
2009–10 1 Pro A Rolda de 64 Cuartos de final 2 Eurocup LR
2010–11 1 Pro A Rolda de 32 Cuartos de final 1 Euroliga LR
2011–12 1 Pro A Semifinais Cuartos de final 1 Euroliga QR1
2 Eurocup LR
2012–13 1 Pro A 10º Rolda de 32 2 Eurocup LR
2013–14 1 Pro A 13º Rolda de 32 3 EuroChallenge L16
2014–15 1 Pro A 14º Rolda de 32
2015–16 1 Pro A 13º Rolda de 64
2016–17 1 Pro A 11º Rolda de 32
2017–18 1 Pro A 15º Rolda de 32
2018–19 1 Pro A 15º Rolda de 32
2019–20 1 Pro A Rolda de 16 Cuartos de final
2020–21 1 Pro A 14º Oitavos de final 3 Champions League LR
2021–22 1 Pro A Rolda de 16

Xogadores

editar

Destacados

editar

Títulos

editar

Liga de Francia

  • Campións (1): 2010
  • Subcampións (2): 1988, 2011

Copa de Francia

  • Campións (2): 1998, 1999
  • Subcampións (2): 2005, 2008

Supercopa de Francia

  • Campións (1): 2008
  1. Intorcia, Francesco Saverio (26 de abril de 2009). "Langford incorona la Virtus: è trionfo in Eurochallenge" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2018. Consultado o 15 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar