Nando de Colo
Nando de Colo, nado o 23 de xuño de 1987 en Sainte-Catherine-lès-Arras, é un xogador de baloncesto profesional francés que xoga no Fenerbahçe da Basketbol Süper Ligi. Os seus pais son portugueses.
Traxectoria
editarDe Colo fixo o seu debut profesional na tempada 2006-07 na Ligue Nationale de Basketball co Cholet Basket. Foi elixido na 53ª posición do Draft da NBA de 2009 polos San Antonio Spurs. Despois, en 2009, foise ao Power Electronics Valencia da Liga ACB.
En xullo de 2012 decidiu dar o salto á NBA, e asinou un contrato por dous anos cos San Antonio Spurs.[1] Durante as súas dúas tempadas en San Antonio, foi asignado en varias ocasións ós Austin Toros, afiliado dos Spurs na NBA Development League.
O 20 de febreiro de 2014, foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de Austin Daye.[2]
Selección de baloncesto de Francia
editarDe Colo é membro da selección nacional de baloncesto de Francia, e xogou con eles no EuroBasket 2009, EuroBasket 2011, EuroBasket 2013 e o Campionato do Mundo da FIBA de 2010.
Notas
editar- ↑ "Spurs sign guard Nando De Colo". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 28 de febreiro de 2014.
- ↑ "Raptors Acquire Nando De Colo". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de febreiro de 2014.