Austin Daye
Austin Darren Daye, nado o 5 de xuño de 1988 en Irvine (California), é un xogador estadounidense de baloncesto profesional. Actualmente é axente libre, sendo o seu último equipo o Reyer Venezia Mestre da LBA italiana. Durante a súa formación xogou para instituto Woodbridge, en Irvine, onde fixo unha media de 30,9 puntos, 12,4 rebotes e 5,4 tapóns por partido, e para a Universidade de Gonzaga.
![]() | |
Axente libre | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 5 de xuño de 1988 (34 anos)![]() |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Posición | Ala-pivote |
Información da carreira | |
Instituto | Woodbridge (Irvine, California) |
Universidade | Gonzaga (2007–2009) |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 15 Por Detroit Pistons |
Carreira | 2009−presente |
Historial de equipos | |
Detroit Pistons (2009–2013) Khimki BC (2011) Memphis Grizzlies (2013) Toronto Raptors (2013–2014) San Antonio Spurs (2014–2015) → Austin Toros (2014) Erie BayHawks (2015) Atlanta Hawks (2015) Victoria Libertas Pesaro (2015–2016) Manama Club (2016) Galatasaray (2016–2017) Hapoel Jerusalem (2017–2018) Reyer Venezia (2018–2022) | |
Premios e galardóns | |
Campión da NBA (2014) |
TraxectoriaEditar
Foi elixido na 15ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Detroit Pistons. Durante o lockout da NBA de 2011, xogou para o Khimki BC ruso.[1] O 30 de xaneiro de 2013, Daye e Tayshaun Prince foron traspasados ós Memphis Grizzlies a cambio de José Calderón nun traspaso entre tres equipos que mandou a Rudy Gay ós Toronto Raptors.[2]
O 1 de agosto de 2013, Daye asinou cos Toronto Raptors.[3] O 20 de febreiro de 2014, Daye foi traspasado ós San Antonio Spurs a cambio de Nando de Colo.[4] Os Spurs conseguiron o campionato da NBA en 2014 tras vencer ós Miami Heat nas Finais da NBA por 4-1; a achega de Daye nos playoffs foi dun rebote en seis minutos de xogo. O 17 de febreiro de 2015, foi cortado polos Spurs.[5]
NotasEditar
- ↑ Khimki adds big man Daye
- ↑ "Grizzlies acquire Tayshaun Prince, Austin Daye, Ed Davis and 2013 second round draft pick in three-team deal". NBA.com. 30 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Raptors Sign Free-Agent Austin Daye". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2014. Consultado o 30 de outubro de 2013.
- ↑ Spurs Acquire Austin Daye
- ↑ Spurs Waive Austin Daye
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 13 de decembro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)