Tayshaun Prince
Tayshaun Durell Prince, nado o 28 de febreiro de 1980 en Compton, California, é un ex xogador de baloncesto estadounidense.
![]() | |
Posición | Ala |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 28 de febreiro de 1980 (43 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 96 kg (212 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Dominguez (Compton, California) |
Universidade | Kentucky (1998–2002) |
NBA Draft | 2002 / Rolda: 1 / Elección: 23 Por Detroit Pistons |
Carreira | 2002–2016 |
Historial de equipos | |
Detroit Pistons (2002–2013) Memphis Grizzlies (2013–2015) Boston Celtics (2015) Detroit Pistons (2015) Minnesota Timberwolves (2015–2016) | |
Premios e galardóns | |
Campión da NBA (2004) |
Traxectoria profesional editar
Prince foi elixido na 23ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Detroit Pistons, onde chegou a ser campión da NBA na tempada 2003-04 tras gañar por 4-1 ós Los Angeles Lakers.
O 30 de xaneiro de 2013, Prince foi traspasado xunto a Austin Daye ós Memphis Grizzlies nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Rudy Gay e Hamed Haddadi ós Toronto Raptors, a José Calderón ós Pistons e a Ed Davis ós Grizzlies.[1]
O 12 de xaneiro de 2015, Prince foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre tres equipos.[2] O 26 de xaneiro de 2015, fixo o seu debut cos Celtics, facendo 19 puntos e 5 asistencias en 30 minutos de xogo na vitoria de Boston por 99-90 contra os Utah Jazz.[3]
O 19 de febreiro de 2015, Prince foi traspasado ós Detroit Pistons a cambio de Luigi Datome e Jonas Jerebko.[4]
O 20 de agosto de 2015, Prince asinou cos Minnesota Timberwolves.[5]
Notas editar
- ↑ "Grizzlies acquire Tayshaun Prince, Austin Daye, Ed Davis and 2013 second round draft pick in three-team deal". NBA.com. 30 de xaneiro de 2013. Consultado o 18 de xullo de 2020.
- ↑ Boston Celtics Complete Three-Team Trade
- ↑ Prince helps Celtics edge Jazz 99–90
- ↑ "Detroit Pistons Acquire Tayshaun Prince From Boston". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2020.
- ↑ "Timberwolves Sign Tayshaun Prince". NBA.com. 20 de agosto de 2015. Consultado o 20 de agosto de 2015.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 08 de novembro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)