SLUC Nancy

O Stade Lorrain Université Club Nancy Basket, coñecido popularmente pola abreviatura SLUC Nancy é un club de baloncesto da cidade Nancy (Francia), fundado en 1967 que compite na LNB Pro A, a máxima categoría do baloncesto francés. Disputa os seus partidos como local no Palais des Sports Jean Weille, pavillón con capacidade para 6.027 espectadores.

SLUC Nancy Basket
Información xeral
Nome Stade Lorrain Université Club Nancy Basket
Liga Pro A / Eurocup
Fundación 1967
Cores           Vermello, branco
Presidente Francia Christian Fra
Adestrador Francia Alain Weisz
Localización
Cidade Francia Nancy, Francia
Pavillón Jean Weille
Capacidade 6.027
Campionatos
Copa Korać 1 (2002)
Liga 2 (2008, 2011)
Supercopa 2 (2008, 2011)
sluc-basket.fr

HistoriaEditar

O club foi fundado en 1967 por Pierre Rebourgeon, redactor deportvo do periódico l'Est Républicain. Comeza xogando en categorías inferiores ata que en 1994 acada o ascenso á Pro A. O seu primeiro grande éxito produciuse no 2002, gañando a Copa Korać. No 2008 o equipo gañou por primeira vez a máxima categoría do baloncesto francés.

PalmarésEditar

DomésticoEditar

Liga

  • Campións (2): 2008, 2011

Segunda División

  • Campións (1): 1994

Leaders Cup

  • Campións (1): 2005

Supercopa

  • Campións (2): 2008, 2011

EuropeoEditar

Copa Korać

  • Campións (1): 2002

Xogadores históricosEditar

LigazónsEditar