Artūras Karnišovas
Artūras Karnišovas, nado o 27 de abril de 1971 en Klaipėda, Unión Soviética (agora Lituania) é un ex xogador profesional de baloncesto lituano. Cunha altura de 2,04 metros xogaba na posición de aleiro. Destaca polo seu excelente tiro exterior. Actualmente é observador internacional dos Houston Rockets da National Basketball Association (NBA).
Artūras Karnišovas | |
---|---|
Posición | Ala |
Altura | 2,04 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 103 kg (227 lb) |
Nacemento | 27 de abril de 1971 (49 anos)![]() |
Carreira | |
Tempadas | 1987–2002 |
Canteira | Statyba Vilnius |
Internacional | ![]() |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (ACB) | |
Puntos | 2 522 (14,8 pp) |
Rebotes | 729 (4,3 pp) |
Asistencias | 291 (1,7 pp) |
Premios | |
|
TraxectoriaEditar
Conseguiu os seus maiores éxitos deportivos coa Selección lituana de baloncesto, coa que conquistou dúas medallas de bronce nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 e Atlanta 1996, e a medalla de prata no Eurobasket de 1995.
A nivel de clubs os seus maiores éxitos cultivounos no FC Barcelona, co que gañou tres ligas ACB e unha Copa do Rei, aínda que quedou dúas veces ás portas de gañar a Euroliga xa que disputou dúas veces a final, en 1996 e 1997, perdéndoa en ambas as ocasións. Entre 1998 e 2000 xogou dúas tempadas no Fortitudo Bologna, co que gañou unha liga de baloncesto de Italia e unha Supercopa. Antes de retirarse volveu xogar dúas tempadas máis no FC Barcelona.
EquiposEditar
- Statyba Vilnius (1989–1990)
- Seton Hall Pirates (1990–1994)
- Pitch Cholet (1994–1995)
- Barcelona Banca Catalana (1995–1997)
- Olympicos Piraeus (1997–1998)
- Fortitudo Bologna (1998–2000)
- FC Barcelona (2000–2002)
PalmarésEditar
Títulos internacionais de selecciónEditar
- 2 medallas de Bronce nos Xogos Olímpicos: 1992 e 1996, coa Selección de Lituania.
- 1 medalla de Prata no Eurobasket de 1995 coa Selección de Lituania.
Títulos internacionais de clubEditar
- 2 veces subcampión da Euroliga: 1996 e 1997, co FC Barcelona.
Títulos nacionais de clubEditar
- 3 Ligas ACB: 1995-1996, 1996-1997, 2000-2001, co FC Barcelona.
- 1 Copa del Rei: 2000-2001, co FC Barcelona.
- 3 Lliga Catalana de Bàsquet: 1995-1996, 2000-2001, 2001-2002, co FC Barcelona.
- 1 Lega Basket Serie A: 1999-2000, co Fortitudo Bologna.
- 1 Supercopa de Italia: 1999-2000, co Fortitudo Bologna.