O Košarkaški klub Cibona, comunmente coñecido como Cibona Zagreb, é un club de baloncesto da cidade de Zagreb, Croacia. Actualmente compite na A1 Liga, a máxima competición do baloncesto croata, así como na Liga do Adriático e a Euroliga. Disputa os seus partidos como local no Dražen Petrović Basketball Hall, cunha capacidade para 5.400 espectadores.

KK Cibona
Información xeral
Nome Košarkaški klub Cibona
Liga A1 Liga / ABA Liga
Alcume Vukovi (Lobos)
Fundación 1946
Cores           Azul, branco
Presidente Croacia Aleksandar Petrović
Adestrador Croacia Slaven Rimac
Localización
Cidade Croacia Zagreb, Croacia
Pavillón Dražen Petrović Hall
Capacidade 5.400
Inauguración 1987
Campionatos
Euroliga 2 (1985, 1986)
Recopa 2 (1982, 1987)
Copa Korać 1 (1972)
Tripla coroa 1 (1985)
Liga 18 (1992−2002, 2004, 2006−2007, 2009−2010, 2012−2013)
ABA Liga 1 (2014)
YUBA Liga 3 (1982, 1984, 1985)
Copa 7 (1995−1996, 1999, 2001−2002, 2009, 2013)
C. Iugosl. 8 (1969, 1980−1983, 1985−1986, 1988)
cibona.com

Historia

editar

Foi fundado en 1946 co nome de BC Sloboda (palabra que en croata significa "liberdade"). O club trocou de nome en 1950 para denominarse Lokomotiva ata 1975, cando pasou a denominarse "Cibona" ao adoptar o nome do seu patrocinador, unha empresa de alimentación. A inxección económica que supuxo a chegada do patrocinador, e a aparición dunha extraordinaria xeración de xoves xogadores croatas permitiu que o club vivira os seus mellores nos anos oitenta cando, liderados por Dražen Petrović, converteuse nun dos mellores conxuntos de Europa. Chegou a conquistar dúas copas de Europa, dúas Recopas de Europa e unha Copa Korać, ademais de dominar claramente o baloncesto iugoslavo. Trala desintegración de Iugoslavia, o Cibona consolidouse como un dos dous grandes dominadores do baloncesto croata, xunto ao KK Split.

Pavillón

editar

O KK cibona xoga os seus encontros coma local no Dražen Petrović Basketball Hall (en croata: Košarkaški centar Dražen Petrović ou Dvorana Dražen Petrović). É un pavillón deportivo cuberto, situado en Zagreb, cunha capacidade para 5.400 espectadores.

O pavillón foi construído en 1987, coñecido entón co nome de Cibona Sports Center. En 1993 cambiou ao nome coma homenaxe ao lendario xogador croata de baloncesto de Europa e a NBA, membro do Basketball Hall of Fame, Dražen Petrović. Petrović, que xogou no Cibona Zagreb, morrera ese mesmo ano, con tan só vinte e oito anos, anos nun accidente de tráfico, na metade da súa carreira.

Palmarés

editar
 
As camisolas de Mihovil Nakić, Dražen Petrović e Andro Knego pendurando do teito do Dražen Petrović Basketball Hall.
 
Campións de Croacia 2010.

Doméstico

editar

Liga de Iugoslavia

  • Campións (3): 1981-82, 1983-84, 1984-85

Copa de Iugoslavia

  • Campións (8): 1968-69, 1979–80, 1980–81, 1981–82, 1982–83, 1984–85, 1985–86, 1987-88

Liga de Croacia

  • Campións (18): 1991-92, 1992–93, 1993–94, 1994–95, 1995–96, 1996–97, 1997–98, 1998–99, 1999-00, 2000–01, 2001–02, 2003–04, 2005–06, 2006–07, 2008–09, 2009-10, 2011-12, 2012-13

Copa de Croacia

  • Campións (7): 1994-95, 1995–96, 1998–99, 2000–01, 2001–02, 2008–09, 2012–13

Rexional

editar

ABA Liga

  • Campións (1): 2013-14
  • Subcampións (3): 2003-04, 2008-09, 2009-10

Europeo

editar

Euroliga

  • Campións (2): 1984-85, 1985-86

Copa Saporta

  • Campións (2): 1981-82, 1986-87

Copa Korać

  • Campións (1): 1972
  • Subcampións (2): 1979-80, 1987-88

Non oficial

editar

Tripla Coroa

  • Campións (1): 1984-85

Xogadores

editar

Cadro actual

editar
KK Cibona 2015−2016
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso
E 3   Berisha, Dardan 1,91 m (6 ft 3 in) 90 kg (198 lb)
E-A 6   Krušlin, Filip 1,98 m (6 ft 6 in) 91 kg (201 lb)
B 7   Skokna, Bruno 1,90 m (6 ft 3 in) 77 kg (170 lb)
AP 20   Rozić, Marin (C) 2,01 m (6 ft 7 in) 100 kg (220 lb)
AP 21   Jagodić-Kuridža, Marko 2,05 m (6 ft 9 in) 104 kg (229 lb)
E 23   Slavica, Nik 2,03 m (6 ft 8 in) 93 kg (205 lb)
E 30   Mavra, Dominik 1,94 m (6 ft 4 in) 92 kg (203 lb)
P 32   Popić, Josip 2,10 m (6 ft 11 in) 130 kg (287 lb)
P 40   Zubac, Ivica 2,14 m (7 ft 0 in) 112 kg (247 lb)
P 41   Žižić, Ante Toni 2,10 m (6 ft 11 in) 95 kg (209 lb)
B   Fisher, Corey 1,86 m (6 ft 1 in) 84 kg (185 lb)
Adestrador
  •   Slaven Rimac
Asistente(s)
  •   Jurica Golemac
  •   Damir Meštrović

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Cadro
Actualizado: 12-09-2015

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar