Abrir o menú principal

A ABA Liga, tamén coñecida como a Liga do Adriático, e até 2011 como NLB Liga ABA, é unha competición de baloncesto profesional de máximo nivel na que xogan equipos de Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Macedonia do Norte, Montenegro e Serbia, todas elas repúblicas da antiga República Federal Socialista de Iugoslavia, e eventualmente de Bulgaria, Hungría, Israel e da República Checa.[1] A Liga é un proxecto privado fundado no ano 2001 pola compañía eslovena Sidro d.o.o. A liga convive coas competicións nacionais de cada país (Košarkaška liga Srbije, A1 Liga, Prvenstvo BiH, 1. SKL e Opportunity Liga). Todos os equipos da competición únense ás súas respectivas ligas a finais da primavera, cando a tempada regular e os play offs da ABA rematan.

ABA Liga
ABA League 2 logo.png
Fundación2001
RexiónBosnia e Hercegovina Bosnia e Herc.
Croacia Croacia
Flag of Slovenia.svg Eslovenia
Macedonia do Norte Macedonia do Norte
Flag of Montenegro.svg Montenegro
Flag of Serbia.svg Serbia
ConfederaciónUnión Europea FIBA Europa
PresidenteJosip Bilić
Equipos12
DescensoABA Liga 2
Actual campiónFlag of Montenegro.svg KK Budućnost (1º título)
Máis laureadoFlag of Serbia.svg KK Partizan (6 títulos)
TelevisiónArena Sport
Sitio webaba-liga.com

A Adriatic Basketball Association (Asociación de Baloncesto do Adriático, ABA), creada pola empresa Sidro, é o corpo organizativo a liga, ademais de membro de pleno dereito da Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) e da Euroliga, polo que esta liga pode ser considerada como unha versión local de toda a Euroliga, na cal tamén compiten algúns equipos desta competición, sendo os máis habituais o Partizan de Belgrado, a Cibona Zagreb e a Olimpija Liubliana. A Liga do Adriático inspirou a creación doutra similar nos estados do Báltico, coñecida como Baltic Basketball League.

HistoriaEditar

A liga foi fundada o 3 de xullo de 2001 con doce equipos, comezando a competición o outono dese mesmo ano. Estaba composta por catro equipos eslovenos, catro croatas, tres bosníacos e un da República Federal de Iugoslavia.

Na tempada 2002-03 deuse de baixa un equipo, ocupando o seu lugar unicamente durante ese ano o Maccabi Tel Aviv de Israel. A competición expandiuse a catorce equipos en 2005, e en 2006 asinou un contrato de patrocinio co Nova Ljubljanska Banka (NLB), banco que agora da nome á competición substituíndo a Goodyear como patrocinador oficial.

CompeticiónEditar

Coma na meirande parte das ligas europeas, na temporada regular, os equipos xogan todos contra todos a dobre volta, xogando contra cada equipo na casa e fora. Os mellores equipos avanzan a unha segunda fase de playoffs, que é a que determina o campión.

Entre o 2002 e o 2004 celebrouse unha Final Four para decidir o campión, e dende 2005 son oito os equipos que se enfrontan a partido único en eliminatorias directas, sendo coñecida esta fase como a "Final Eight". É un xeito de que os equipos poidan conxugar as súas participacións nas súas ligas respectivas e nas competicións europeas.

EquiposEditar

Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2018−19 da ABA Liga.

Localización dos equipos da ABA Liga 2018–19
Equipo Cidade País Pavillón Capacidade
Budućnost VOLI Podgorica   Montenegro Sportski centar Morača 4.300
Cedevita Zagreb   Croacia Dom Sportova 3.100
Cibona Zagreb   Croacia Dvorana Dražen Petrović 5.400
Crvena zvezda mts Belgrado   Serbia Hala Aleksandar Nikolić 6.500
FMP Belgrado   Serbia Dvorana Železnik 3.000
Igokea Laktaši   Bosnia e Hercegovina Športska dvorana Laktaši 3.050
Krka Novo Mesto   Eslovenia Dvorani Leona Štuklja 2.500
Mega Bemax Sremska Mitrovica   Serbia Dom sportova Pinki 2.500
Mornar Bar   Montenegro Sportska dvorana Topolica 2.625
Partizan NIS Belgrado   Serbia Hala Aleksandar Nikolić 5.878
Petrol Olimpija Liubliana   Eslovenia Arena Stožice 12.480
Zadar Zadar   Croacia Dvorana Krešimira Ćosića 7.847

CampiónsEditar

FinaisEditar

 
Seareiros do KK Partizan.
Ano Final Semifinais
Campión Resultado Segundo lugar
2001-02  
Olimpija
73–59  
Krka
 
Pivovarna Laško
 
Cibona
2002-03  
Zadar
91–88  
Maccabi Tel Aviv
 
Crvena Zvezda
 
Olimpija
2003-04  
FMP
71–70  
Cibona
 
Crvena Zvezda
 
Olimpija
2004-05  
Vršac
89–76  
Partizan
 
FMP
 
Crvena Zvezda
2005-06  
FMP
73–72  
Partizan
 
Crvena Zvezda
 
Vršac
2006-07  
Partizan
179–165
(85–83 / 94–82)
 
FMP
 
Cibona
 
Vršac
2007-08  
Partizan
69–51  
Vršac
 
Olimpija
 
Zadar
2008-09  
Partizan
63–49  
Cibona
 
Crvena Zvezda
 
Vršac
2009-10  
Partizan
75–74 (OT)  
Cibona
 
Vršac
 
Olimpija
2010-11  
Partizan
77–74  
Olimpija
 
Budućnost
 
Krka
2011-12  
Maccabi Tel Aviv
87–77  
Cedevita
 
Budućnost
 
Partizan
2012-13  
Partizan
71–63  
Crvena Zvezda
 
Igokea
 
Radnički Kragujevac
2013-14  
Cibona
72–59  
Cedevita
 
Crvena Zvezda
 
Partizan
2014-15  
Crvena Zvezda
Play-off
3–1
 
Cedevita
 
Partizan
 
Budućnost
2015-16  
Crvena Zvezda
Play-off
3–0
 
Mega Leks
 
Cedevita
 
Budućnost
2016-17  
Crvena Zvezda
Play-off
3–0
 
Cedevita
 
Budućnost
 
Partizan
2017-18  
Budućnost
Play-off
3–0
 
Crvena Zvezda
 
Cedevita
 
Mornar

Títulos por clubEditar

Equipo Campionatos Finalista Anos campión Anos finalista
  Partizan 6 2 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2013 2005, 2006
  Crvena zvezda 3 2 2015, 2016, 2017 2013, 2018
  FMP 2 1 2004, 2006 2007
  Cibona 1 3 2014 2004, 2009, 2010
  Olimpija 1 1 2002 2011
  Vršac 1 1 2005 2008
  Maccabi Tel Aviv 1 1 2012 2003
  Zadar 1 2003
  Budućnost 1 2018
  Cedevita 4 2012, 2014, 2015, 2017
  Krka 1 2002
  Mega Basket 1 2016

Títulos por paísEditar

País Campionatos Finalista Anos campión Anos finalista
  Serbia 9 5 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2013, 2015, 2016, 2017 2007, 2008, 2013, 2016, 2018
  Serbia e Montenegro 3 2 2004, 2005, 2006 2005, 2006
  Croacia 2 7 2003, 2014 2004, 2009, 2010, 2012, 2014, 2015, 2017
  Eslovenia 1 2 2002 2002, 2011
  Israel 1 1 2012 2003
  Montenegro 1 0 2018

Recoñecementos individuaisEditar

Todos os participantesEditar

Na seguinte liga aparecen todos os equipos que teñen participado na Liga do Adriático desde a súa formación no 2001 ata a actualidade. Os equipos que non disputan a competición actualmente están sinalados en negra. Dende a súa formación teñen participado 37 equipos de 10 países na Liga.

2D Xoga na Segunda División
Desaparecido Equipo desaparecido
Restrinxido Equipo de fóra da área do Adriático
Suspendido Equipo suspendido
Campión
Subcampión
SF Semifinalista
Negra Equipos da temporada 2018−19
ASD Aínda sen determinar
R Campión de liga regular
Equipo 02 03 04 05 06 07 08 09 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Anos
totais
Mellor
posto
  Borac Banja Luka 11º 13º 2 11º
  Bosna 12º 12º CF QF 10º 13º 2D 7 Cuartos de final
  Igokea 11º SFR 12º 10º ASD 8 Semifinais
  Sloboda Tuzla Desaparecido 1
  Široki 12º 13º 11º 11º 12º 10º 10º 14º 12
  Levski Sofia 14º Restrinxido 1 14º
  Cedevita SF SF ASD 10
  Cibona SF R QF QF SF CF R 12º 11º 11º 11º ASD 18
  Split 10º 15º 14º 10º 10º 14º 2D 2D 8
  Šibenik 11º Desaparecido 1 11º
  Triglav Osiguranje 10º Desaparecido 1 10º
  Zadar QF CF SF 14º 12º 13º 12º ASD 17
  Zagreb 11º 12º 13º 12º 11º 13º 10
  Nymburk Restrinxido 1
  Szolnoki Olaj 13º 12º Restrinxido 3
  Maccabi Tel Aviv R Restrinxido 2
  Karpoš Sokoli 10º Sus.[a] 1 10º
  MZT Skopje 13º 10º 13º 12º 2D 6
  Budućnost 14º QF SF SF SF SFR SF ASD 16
  Lovćen 14º 2D 2D 1 14º
  Mornar SF ASD 3 Semifinais
  Sutjeska 13º 2D 1 13º
  Crvena zvezda SFR SF SF SF QF SF 13º 10º SFR R R R ASD 17
  FMP SF R QF 12º Desaparecido 7
  FMP Beograd ASD 3
  Mega 10º 6th ASD 6
  Metalac Valjevo 11º 2
  Partizan R R R R SF SF SF SF ASD 15
  Radnički Kragujevac 11º 10º SF 11º Desaparecido 5 Semifinais
  Vojvodina Srbijagas QF 14º Desaparecido 3 Cuartos de final
  Vršac R SF SF SF SF 12º 2D 2D 8
  Helios Suns 16º 12º 13º 12º 14º 13º 2D 7
  Krka 11º SF 11º 12º 14º 2D ASD 12
  Olimpija R SF SF QF 10º SF SF 10º 11º ASD 18
  Slovan 11º 10º 10º 13º 14º 6
  Tajfun 14º 1 14º
  Zlatorog Laško SF 14º 14º 6 Semifinais
  1. Equipo suspendido até 2022.

NotasEditar

  1. "League History". ABA Liga (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2015. Consultado o 28 de setembro de 2015. 

Véxase taménEditar