KK Krka
O Košarkarski klub Krka Novo mesto, comunmente coñecido como Krka, é un club de baloncesto da cidade de Novo Mesto, Eslovenia. Actualmente compite na Liga Telemach, a máxima competición do baloncesto esloveno, así como na Liga do Adriático. Disputa os seus partidos como local no Dvorani Leona Štuklja, pavillón con capacidade para 2.500 espectadores.
KK Krka | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | 1. SKL / Liga ABA |
Fundación | 1948 |
Cores | Verde, branco |
Presidente | Brane Kastelec |
Adestrador | Ivan Velić |
Patrocinador | Farmacéutica Krka |
Localización | |
Cidade | Novo Mesto, Eslovenia |
Pavillón | Dvorani Leona Štuklja |
Capacidade | 2.500 |
Campionatos | |
EuroChallenge | 1 (2011) |
Liga | 7 (2000, 2003, 2010−2014) |
Copa | 2 (2014, 2015) |
Supercopa | 4 (2011, 2012, 2013, 2015) |
basket.krka.si |
Historia
editarO club fundouse en 1948, pero non foi até 1983 cando conseguiu o seu primeiro título nacional. Tras a disolución de Iugoslavia, o equipo sufriu un declive ata que en 1997 regresou á máxima competición eslovaca, tomando dende ese intre o nome do seu patrocinador, Krka. O seu primeiro título nacional chegou nesta nova etapa en 2000, cando bateron ao eterno rival, a Union Olimpija na final da liga eslovena.
En 2003 repetiron título, logrando ademais clasificarse para a final da ULEB Eurocup, na que caeron a dobre partido ante o Pamesa Valencia español. Pero o seu maior éxito chegaría en 2011, cando, tras conquistar por terceira vez no campionato do seu país o ano anterior, lograría gañar o EuroChallenge tras imporse na final ao Lokomotiv Kuban ruso.
Palmarés
editarLocal
editar- Liga de Eslovenia
- Campión (7): 2000, 2003, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014
- Copa de Eslovenia
- Campión (2): 2014, 2015
- Supercopa de Eslovenia
- Campión (4): 2011, 2012, 2013, 2015
Europeo
editar- EuroChallenge
- Campión (1): 2011