ABA Liga

(Redirixido desde «Liga ABA»)

A ABA Liga, tamén coñecida como a Liga do Adriático e por motivos de patrocinio AdmiralBet ABA Liga, é unha competición de baloncesto profesional de máximo nivel na que xogan equipos de Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Macedonia do Norte, Montenegro e Serbia, todas elas repúblicas da antiga República Federal Socialista de Iugoslavia. No pasado teñen participado tamén clubs de Bulgaria, Hungría, Israel e a República Checa.[1] A ABA Liga convive coas competicións nacionais de cada país (1. A SKL, HT Premijer liga, Košarkaška liga Srbije, Makedonska prva liga, Prva A Liga, Super liga BiH). Todos os equipos da competición únense ás súas respectivas ligas a finais da primavera, cando a tempada regular e os play offs da ABA rematan.

AdmiralBet ABA Liga
Cibona vs Partizan NLB League Final 2010.JPG
Fundación2001
RexiónBosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina
Croacia Croacia
Eslovenia Eslovenia
Macedonia do Norte Macedonia do Norte
Flag of Montenegro.svg Montenegro
Flag of Serbia.svg Serbia
ConfederaciónUnión Europea FIBA Europa
PresidenteĐorđije Pavićević
Equipos14
DescensoABA Liga 2
Actual campiónFlag of Montenegro.svg KK Budućnost (1º título)
Máis laureadoFlag of Serbia.svg KK Partizan (6 títulos)
TelevisiónArena Sport, TV B92
Adria TV, RTV SLO
Sitio webaba-liga.com

A Liga é un proxecto privado. Foi fundada en 2001 e dirixida até 2015 pola compañía eslovena Sidro baixo a Adriatic Basketball Association (do inglés: Asociación de Baloncesto do Adriático, ABA). Desde 2015 a organizadora da competición é ABA League JTD, unha asociación para a organización de actividades deportivas con sede en Zagreb, Croacia. A ABA é membro de pleno dereito da Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB), así como membro con dereito a voto no corpo directivo da Euroliga.

HistoriaEditar

En varios momentos ao longo de mediados e finais da década de 1990, nos anos posteriores á ruptura da República Federal Socialista de Iugoslavia e as guerras iugoslavas, diferentes administradores de baloncesto dos novos estados balcánicos independentes discutiron informalmente a idea de volver a montar unha competición de baloncesto conxunta para cubrir o baleiro deixado pola disolución da antiga Liga Iugoslava de Baloncesto (YUBA), cuxa última temporada fora a de 1991–92.

Porén, non se tomaron medidas concretas antes da creación no verán de 2000 da Euroleague Basketball Company baixo o liderado de Jordi Bertomeu, que se enfrontou de inmediato a FIBA ​​Europa, e que despois levou a un importante conxunto dos principais clubs europeos á súa nova competición. A temporada 2000−01 abriu así unha división organizativa no baloncesto de clubs europeos. Durante esta división, os dirixentes de varios equipos balcánicos afiliados á ULEB que competían na nova Euroliga: KK Cibona, KK Olimpija e KK Budućnost, aumentaron os esforzos para a creación dunha rexional balcánica.

No plano das relacións públicas, a proposta encontrouse con fortes críticas. Aínda que moitos o consideraron un paso importante para o desenvolvemento do baloncesto de clubs na rexión dos Balcáns, moitos outros consideraron que non aportaba nada novo e que non pagaba a pena desmantelar tres ligas nacionais. Tamén houbo moitas reaccións negativas por parte dos círculos políticos, especialmente en Croacia, onde incluso as mesas de debate foron transmitidas pola televisión estatal croata. De feito, algunha xente no país vía a formación da liga como un intento político de restabelecer Iugoslavia.[2] Pola súa banda, os organizadores da liga fixeron todo o posible para acougar ao público croata con declaracións como as de Radovan Lorbek no Slobodna Dalmacija en setembro de 2001:

Isto non é e nunca se converterá nunha liga iugoslava. A Liga Adriática non ten clubs de Serbia e Macedonia, polo que a Liga Adriática e a Liga Iugoslava non son o mesmo.[3]

Dez anos despois, nunha entrevista de 2011 para o xornal serbio Press, Roman Lisac explicou que a estratexia entre bastidores da liga durante as súas primeiras etapas era en realidade bastante diferente:

Estou convencido de que a liga nunca podería sobrevivir sen os clubs serbios. Conseguir que o Crvena zvezda e o Partizan se incorporasen á liga foi algo no que traballamos desde o primeiro día. Porén, a situación de hai dez anos non era tan sinxela. Aínda había demasiada política antagónica da posguerra que facía que a nosa tarefa fose aínda máis difícil. Todo o que cheiraba á vella Iugoslavia provocou moita resistencia tanto en Croacia como en Serbia. Repito, a idea de ter na liga tanto ao Crvena zvezda como ao Partizan estivo aí desde o principio, pero evitamos falalo publicamente por mor da política.[4]

O 28 de setembro de 2001, botou a andar cun contrato de patrocinio de cinco anos coa empresa eslovena Sava Tires de Kranj, unha subsidiaria de Goodyear Tire and Rubber Company. O acordo tamén incluía os dereitos de nomeamento, polo que desde 2001 ata 2006, a competición foi coñecida como a Goodyear League.

CompeticiónEditar

Desde a temporada 2021−22, a liga comprende unha tempada regular de 26 partidos, onde os equipos xogan todos contra todos a dobre volta, xogando contra cada equipo na casa e fóra. Os dous primeiros clasificados acceden directamente ás semifinais da competición, mentres que os posto do terceiro ao sexto xogan unha eliminatorias ao mellor de tres xogos para decidir os outros dous semifinalistas. As semifinais tamén se disputan ao mellor de tres encontros, mentres que a final é ao mellor de cinco. En 2017 creouse a Segunda División da ABA Liga, de xieto que o último clasificado da competición descende de categoría, mentres que o penúltimo debe disputar un playoff de permanencia contra o segundo clasificado da Segunda División. Con todo, o equipo que disputa este playoff de permanencia non ter por que ser necesariamente o penúltimo, xa que hai unha regra que impide que na Primeira división haxa máis de cinco equipos do mesmo país.

EquiposEditar

Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2022−23 da ABA Liga.

 
 
Belgrado
 
Podgorica
 
 
Belgrado:
 
Podgorica:
Situación dos equipos da temporada 2022–23 da ABA Liga.
Equipo Cidade País Pavillón Capacidade
Borac Čačak Čačak   Serbia Hala Kraj Morava 70034000000000000004.000
Budućnost VOLI Podgorica   Montenegro Sportski Centar Morača 70036000000000000006.000
Cedevita Olimpija Liubliana   Eslovenia Arena Stožice 700412480000000000012.480
Cibona Zagreb   Croacia Dvorana Dražen Petrović 70035400000000000005.400
Crvena zvezda mts Belgrado   Serbia Hala Aleksandar Nikolić 70038000000000000008.000
FMP Meridian Belgrado   Serbia Dvorana Železnik 70033000000000000003.000
Igokea m:tel Aleksandrovac   Bosnia e Hercegovina Sportska Dvorana Laktaši 70033050000000000003.050
Mega MIS Belgrado   Serbia Hala Sportova Ranko Žeravica 70035000000000000005.000
Mornar Barsko zlato Bar   Montenegro Sportska Dvorana Topolica 70032625000000000002.625
MZT Skopje Aerodrom Skopje   Macedonia do Norte Jane Sandanski 70037500000000000007.500
Partizan NIS Belgrado   Serbia Štark Arena 700418386000000000018.386
SC Derby Podgorica   Montenegro Sportski Centar Morača 70036000000000000006.000
Split Split   Croacia Arena Gripe 70033500000000000003.500
Zadar Zadar   Croacia Dvorana Krešimira Ćosića 70037997000000000007.997

CampiónsEditar

FinaisEditar

 
Seareiros do KK Partizan.
Ano Final Semifinais
Campión Resultado Segundo lugar
2001−02  
Olimpija
73–59  
Krka
 
Pivovarna Laško
 
Cibona
2002−03  
Zadar
91–88  
Maccabi Tel Aviv
 
Crvena Zvezda
 
Olimpija
2003−04  
FMP
71–70  
Cibona
 
Crvena Zvezda
 
Olimpija
2004−05  
Vršac
89–76  
Partizan
 
FMP
 
Crvena Zvezda
2005−06  
FMP
73–72  
Partizan
 
Crvena Zvezda
 
Vršac
2006−07  
Partizan
179–165
(85–83 / 94–82)
 
FMP
 
Cibona
 
Vršac
2007−08  
Partizan
69–51  
Vršac
 
Olimpija
 
Zadar
2008−09  
Partizan
63–49  
Cibona
 
Crvena Zvezda
 
Vršac
2009−10  
Partizan
75–74  
Cibona
 
Vršac
 
Olimpija
2010−11  
Partizan
77–74  
Olimpija
 
Budućnost
 
Krka
2011−12  
Maccabi Tel Aviv
87–77  
Cedevita
 
Budućnost
 
Partizan
2012−13  
Partizan
71–63  
Crvena Zvezda
 
Igokea
 
Radnički Kragujevac
2013−14  
Cibona
72–59  
Cedevita
 
Crvena Zvezda
 
Partizan
2014−15  
Crvena Zvezda
3–1  
Cedevita
 
Partizan
 
Budućnost
2015−16  
Crvena Zvezda
3–0  
Mega Leks
 
Cedevita
 
Budućnost
2016−17  
Crvena Zvezda
3–0  
Cedevita
 
Budućnost
 
Partizan
2017−18  
Budućnost
3–0  
Crvena Zvezda
 
Cedevita
 
Mornar
2018−19  
Crvena Zvezda
3–2  
Budućnost
 
Partizan
 
Cedevita
2020−21  
Crvena Zvezda
3–2  
Budućnost
 
Mornar
 
Igokea
2022−22  
Crvena Zvezda
3–2  
Partizan
 
Budućnost
 
Cedevita Olimpija

Títulos por clubEditar

Equipo Campión Subcampión Anos campión Anos subcampión
  Partizan
6
3
2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2013 2005, 2006, 2022
  Crvena zvezda
6
2
2015, 2016, 2017, 2019, 2021, 2022 2013, 2018
  FMP
2
1
2004, 2006 2007
  Cibona
1
3
2014 2004, 2009, 2010
  Budućnost
1
2
2018 2019, 2021
  Maccabi Tel Aviv
1
1
2012 2003
  Vršac
1
1
2005 2008
  Olimpija
1
1
2002 2011
  Zadar
1
0
2003
  Cedevita
0
4
2012, 2014, 2015, 2017
  Mega Basket
0
1
2016
  Krka
0
1
2002
Total 20 20

Títulos por paísEditar

País Campión Subcampión Finais
  Serbia
15
8
23
  Croacia
2
7
9
  Montenegro
1
2
3
  Eslovenia
1
2
3
  Israel
1
1
2

Recoñecementos individuaisEditar

Todos os participantesEditar

Na seguinte liga aparecen todos os equipos que teñen participado na Liga do Adriático desde a súa formación no 2001 ata a actualidade. Os equipos que non disputan a competición actualmente están sinalados en negra. Dende a súa formación teñen participado 41 equipos de 10 países na Liga.

2D Xoga na Segunda División
Cn. Temporada cancelada pola pandemia de COVID-19
Desaparecido Equipo desaparecido
Restrinxido Equipo de fóra da área do Adriático
Suspendido Equipo suspendido
Campión
Subcampión
SF Semifinalista
Negra Equipos da temporada 2022−23
ASD Aínda sen determinar
R Campión da liga regular
Equipo 02 03 04 05 06 07 08 09 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 Anos
totais
Mellor
posto
  Borac Banja Luka 11º 13º 2 11º
  Bosna 12º 12º CF CF 10º 13º 2D 7 Cuartos de final
  Igokea 11º SFR 12º 10º Cn. SF CF ASD 12 Semifinais
  Sloboda Tuzla 1
  Široki 12º 13º 11º 11º 12º 10º 10º 14º 2D 2D 2D 2D 12
  Levski Sofia 14º Restrinxido 1 14º
  Cedevita Junior SF SF SF 10
  Cibona SF R CF CF SF CF R 12º 11º 11º 11º Cn. ASD 22
  Split 10º 15º 14º 10º 10º 14º 2D 2D 2D 13º 13º ASD 11
  Šibenik 11º Desaparecido 1 11º
  Triglav Osiguranje 10º Desaparecido 1 10º
  Zadar CF CF SF 14º 12º 13º 12º 11º Cn. 10º 12º ASD 21
  Zagreb 11º 12º 13º 12º 11º 13º - Desaparecido 10
  Nymburk Restrinxido 1
  Szolnoki Olaj 13º 12º Restrinxido 3
  Maccabi Tel Aviv R Restrinxido 2
  Budućnost 14º CF SF SF SF SFR SF Cn. SF ASD 20
  Lovćen 14º 2D 2D 2D 2D 2D 1 14º
  Mornar SF Cn. SF ASD 7 Semifinais
  Studentski centar 2D ASD 2
  Sutjeska 13º 2D 2D 2D 2D 2D 1 13º
  Karpoš Sokoli 10º Suspendido 1 10º
  MZT Skopje 13º 10º 13º 12º 2D 2D 2D 2D ASD 7
  Borac Čačak 2D 2D 2D 11º 11º ASD 3 11º
  Crvena zvezda SFR SF SF SF CF SF 13º 10º SFR R R R R Cn. R R ASD 21
  FMP Cn. CF ASD 7
  FMP Železnik SF R CF 12º Desaparecido 7
  Mega 10º Cn. 10º ASD 10
  Metalac Valjevo 11º 2
  Partizan R R R R SF SF SF SF SF Cn. ASD 19
  KK Radnički Kragujevac 11º 10º SF 11º Desaparecido 5 Semifinais
  Vojvodina Srbijagas CF 14º Desaparecido 3 Cuartos de final
  Vršac R SF SF SF SF 12º 2D 2D 8
  Cedevita Olimpija Non fundado Cn. SF ASD 4 Semifinais
  Helios Suns 16º 12º 13º 12º 14º 13º 2D 2D 2D 2D 2D 7
  Koper Primorska Non fundado 2D 2D Cn. 14º Desaparecido 2 14º
  Krka 11º SF 11º 12º 14º 2D 10º Cn. 12º 14º 2D 15
  Olimpija R SF SF CF 10º SF SF 10º 11º 12º Desaparecido 18
  Slovan 11º 10º 10º 13º 14º 6
  Tajfun 14º 1 14º
  Zlatorog Laško SF 14º 14º 6 Semifinais

NotasEditar

  1. "League History". ABA Liga (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2015. Consultado o 28 de setembro de 2015. 
  2. "Jadranska liga ili samoubistvo pod obručima". NSPM. 31 de decembro de 2008. 
  3. Bibić, Milorad (28 de setembro de 2001). "Jadranska liga donosi košarkašku revoluciju!". Slobodna Dalmacija. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto 2017. Consultado o 3 de agosto de 2022. 
  4. "Lisac: Jadranska liga bi propala bez Srba". Press. 23 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2012. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar