O KK Mornar Bar (cirílico: КК Морнар Бар) é un equipo de baloncesto profesional da cidade de Bar, Montenegro. O club compite actualmente na Opportunity League, a máxima competición do baloncesto montenegrino, así como na Liga do Adriático, sendo na temporada 2018−19 un dos dous equipos do seu país xunto co KK Budućnost Podgorica.

KK Mornar
Información xeral
Liga Prva A Liga / ABA Liga / BCL
Fundación 1974
Cores                Azul, laranxa, branco
Presidente Đuro Ostojić
Adestrador Mihailo Pavićević
Localización
Cidade Bar, Montenegro
Pavillón Sportska dvorana Topolica
Capacidade 2.625
Inauguración 23 de novembro de 2009

Historia editar

Fundado en 1974 co nome de Gimnazijalac Bar, os seus xogadores eran membro do Ximnasio Bar. Pronto mudaron o seu nome a KK Mornar Bar, no cal mantense até a actualidade. A mediados da década de 1990, o club se clasificouse para a prestixiosa Copa Korać a través da Liga Iugoslava de baloncesto, que naquela altura era unha das máis fortes de Europa. En 2006, tras a independencia de Montenegro, o Mornar Bar fusiónase co KK Primorka Bar. Entre os maiores éxitos do cub destacan o subcampionato de liga en 2011, 2016 e 2017 e de copa en 2010, 2016, 2017 e 2018, derrotandos sempre polo poderoso Budućnost, e da Balkan International Basketball League (BIBL) en 2016, pmde fprp derrotados polo Sigal Prishtina de Kosovo (82-68 en Pristina e 75-68 en Bar). Na temporada 2016−17 xogaron por primeira vez na Liga do Adriático, chegando na súa segunda tmeporada na competición ás semifinais, onde perden por dous partidos a un contra o KK Crvena zvezda (Estrela Vermella de Belgrado).

Temporadas editar

Ano Nivel Liga Pos. Copa Outras competicións Competicións europeas
2009–10 1 Prva A Subcampión Liga dos Balcáns QF
2010–11 1 Prva A Liga dos Balcáns SF
2011–12 1 Prva A Semifinalista Liga dos Balcáns QF
2012–13 1 Prva A Liga dos Balcáns R1
2013–14 1 Prva A
2014–15 1 Prva A Semifinalista Liga dos Balcáns R2
2015–16 1 Prva A Subcampión Liga dos Balcáns SC
2016–17 1 Prva A Subcampión ABA Liga 8th 3 Champions League
RS
2017–18 1 Prva A Subcampión ABA Liga 3 Champions League
QR2
4 FIBA Europe Cup
QF

Fonte: Eurobasket.com

Palmarés editar

Competicións domésticas editar

  • Liga de Montenegro
    • Subcampións (3): 2011, 2016 2017
  • Copa de Montenegro
    • Subcampións (4): 2010, 2016,2017, 2018
  • Liga dos Balcáns (BIBL)
    • Subcampións (1): 2016

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar