KK Borac Čačak

club de baloncesto de Čačac (Serbia)

O Košarkaški klub Borac Čačak (en serbio cirílico: Кошаркашки клуб Борац Чачак) é un club profesional de baloncesto serbio con sede na cidade de Čačak (Moravica). Actualmente xoga na Košarkaška liga Srbije (KLS), a máxima categoría do baloncesto serbio, e na Primeira División da Liga do Adriático. Fundando o 25 de abril de 1945, o Borac Čačak xoga os seus partidos como local no Hala Borac, un pavillón inaugurado en xaneiro de 1969 con capacidade para 3 000 espectadores.

Borac Čačak
Información xeral
Nome Košarkaški klub Borac Čačak
Кошаркашки клуб Борац Чачак
Liga KLS / ABA
Fundación 25 de abril de 1945
Cores                Vermello, branco, ouro
Presidente Predrag Pantović
Adestrador Marko Marinović
Localización
Cidade Čačak, Serbia
Pavillón Hala Borac
Capacidade 3 000
Inauguración 1969
kkborac.rs

Historia

editar

O Košarkaški klub Borac Čačak foi fundado en abril de 1945, finalizando a segunda guerra mundial. Após tres meses da súa fundación disputaron o seu primeiro partido, sendo o seu rival o Crvena zvezda de Belgrado. O encontro finalizou con vitoria para os de Čačak por 16-14. En 1952 o equipo chega á Primeira Liga Federal de Iugoslavia, máxima categoría do baloncesto do país balcánico. O seu mellor posto na categoría foi o cuarto lugar obtido na temporada 1972-73, o que lles serviu para xogar a Copa Korać na temporada seguinte. No Borac Čačak destacaron xogadores como Radmilo Mišović, un dos máximos anotadores da competición nos anos 1970, Radivoj Živković, Željko Obradović ou Dragan Kićanović, máximo anotador da historia do club.[1]

Logros

editar
  • 1972–73 - 4º posto en Liga.
  • 1973–74 - participación na Copa Korać.
  • 1992–93 - xoga as semifinais da Copa de Iugoslavia.
  • 2009–10 - ocupa o primeiro posto en liga regular da Liga serbia.

Xogadores

editar

Destacados

editar

Adestradores

editar
  •   Mioljub Denić (1951–1960)
  •   Aleksandar Stefanović (1967)
  •   Josip Sever (1967–1968)
  •   Aleksandar Stefanović (1968–1969)
  •   Radmilo Mišović (1969)
  •   Aleksandar Stefanović (1969–1970)
  •   Dragoljub Pljakić (1970–1971)
  •   Lazar Lečić (1972–1973)
  •   Slobodan Koprivica (1973–1974)
  •   Nikola Mišović (1975–1976)
  •   Slobodan Koprivica (1977–1978)
  •   Aleksandar Nikolić (1978–1980)
  •   Slobodan Koprivica (1981–1982)
  •   Nenad Trajković (1989–1990)
  •   Ratko Joksić (1990–1992)
  •   Vladimir Androić (1992–1993)
  •   Slobodan Janković (1994–1995)
  •   Milovan Stepandić (1998–2000)
  •   Dejan Mijatović (2000–2002)
  •   Raško Bojić (2002–2003)
  •   Milovan Stepandić (2005–2008)
  •   Raško Bojić (2008–2015)
  •   Aleksandar Bjelić (2015)
  •   Raško Bojić (2015–2018)
  •   Jovica Arsić (2018–2019)
  •   Marko Marinović (2019–presente)
  1. "Club History". kkborac.rs. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2017. Consultado o 24 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar