Duško Savanović
Duško Savanović, nado o 5 de setembro de 1983 en Zagreb, é un ex xogador profesional de baloncesto serbio . Cunha altura de 2,04 metros, xogaba na posición de ala-pivote.
(2011) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de setembro de 1983 (41 anos) Belgrado (República Federal Socialista de Iugoslavia) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 204 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 100 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2003 - 2017 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 20 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2011 | Campionato europeo de baloncesto de 2011 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2010 | Campionato do Mundo de Baloncesto de 2010 |
Traxectoria profesional
editarClub
editarSavanović xogou as súas tres primeiras tempadas coma profesional en Serbia, dúas tempadas, en dúas etapas diferentes, no KK Železnik, e unha no KK Borac Čačak. Na súa segunda etapa no Železnik, gañou a Liga ABA no ano 2006. O 6 de outubro de 2006, asinou un contrato de dous anos co UNICS Kazan ruso. Tras dúas tempadas en Rusia, Savanović chegou á Liga ACB para xogar primeiro no Cajasol Sevilla, e logo no Power Electronics Valencia, equipo co cal debutou na Euroliga. Na súa primeira tempada na Euroliga, acadou 11.9 puntos e 4.6 rebotes por encontro en 21 partidos.[1] Ó remate da competición, foi elixido no segundo mellor equipo da Euroliga. O 20 de xuño de 2011, Savanović asinou un contrato de tres anos co Anadolu Efes SK turco.[2] O 18 de xullo de 2014, asinou un contrato de dous anos co Bayern München.[3]
Selección
editarSavanović participou coa selección serbia no Mundial da FIBA do ano 2010, onde Serbia perdeu no partido polo bronce contra Lituania por 99-88. Disputou tamén o Eurobasket de 2011, onde Serbia rematou na oitava posición, e Savanović fixo 13.4 puntos e 3.6 rebotes por partido.
Notas
editar- ↑ "SAVANOVIC, DUSKO". Euroleague. Consultado o 17 de maio de 2012.
- ↑ "EFES PILSEN adds All-Euroleague Savanovic". Euroleague. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2012. Consultado o 17 de maio de 2012.
- ↑ "Bayern brings Savanovic on board". Euroleague.net. 18 de xullo de 2014. Consultado o 18 de xullo de 2014.