Igor Rakočević
Igor Rakočević, nado o 29 de marzo de 1978 en Belgrado, é un ex-xogador serbio de baloncesto profesional. Foi escollido dúas veces no mellor equipo da Euroliga, e foi tres veces o máximo anotador da competición. Con 1,94 metros de altura, xogou tanto de base coma de escolta, pero a maior parte da súa carreira xogou de escolta.
![]() | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 29 de marzo de 1978 (45 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,94 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 86 kg (190 lb) |
Posición | Base / Escolta |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2000 / Rolda: 2 / Elección: 51 Por Minnesota Timberwolves |
Carreira | 1994–2013 |
Historial de equipos | |
Crvena zvezda (1994–2000) Budućnost Podgorica (2000–2002) Minnesota Timberwolves (2002–2003) Crvena zvezda (2003–2004) Valencia (2004–2005) Real Madrid (2005–2006) TAU Cerámica (2006–2009) Anadolu Efes (2009–2011) Montepaschi Siena (2011–2012) Crvena zvezda (2012–2013) | |
Premios e galardóns | |
#8 retirado polo Crvena zvezda |
Traxectoria profesional Editar
Antes de chegar á NBA, Rakočević xogou para o Crvena zvezda serbio e o Budućnost Podgorica montenegrino. Co Crvena zvezda conseguiu na tempada 1997-98 a YUBA Liga e rematou segundo na Copa Korać.
Rakočević foi elixido na 51ª posición do Draft da NBA de 2000 polos Minnesota Timberwolves.[1] Non xogou na liga ata a tempada 2002-03, xogando 244 minutos en 42 partidos, e facendo 1.9 puntos, 0.8 asistencias e 0.4 rebotes por encontro. Ó remate da tempada, foi despedido polos Timberwolves e asinou cos San Antonio Spurs, pero foi cortado pouco despois sen chegar a debutar.