ABA Liga 2
A ABA Liga 2 ou Druga ABA liga é a segunda categoría do sistema de competición da Liga do Adriático, que engloba equipos pertencentes aos países da antiga Iugoslavia: Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Montenegro, Macedonia do Norte e Serbia. Está organizada pola ABA League JTD.
ABA Liga 2 | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 2017 |
Rexión | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Confederación | ![]() |
Presidente | Josip Bilić |
Equipos | 12 |
Ascenso | ABA Liga |
Internacional | Champions League |
Actual campión | ![]() |
Máis laureado | ![]() |
Televisión | Arena Sport |
Sitio web | druga.aba-liga.com |
HistoriaEditar
A asemblea da ABA League, celebrada o 24 de xullo de 2017 en Belgrado, Serbia, decidiu a creación dunha segunda división para a ABA Liga coa presenza de 12 participantes. Tendo en conta os resultados nas ligas nacionais e os equipos que enviaron solicitude para participar da mesma, elixíronse os equipos que participantes na súa primeira edición.[1] Estes equipos foron o Krka, descendido da primeira división, nove equipos seleccionados previamente, e logo dous máis que saíron da celebración de dúas fases previas. Finalmente, equipos de Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Montenegro, Macedonia do Norte e Serbia conforman unha competición semellante á extinta segunda división da YUBA Liga, segunda categoría do baloncesto da antiga Iugoslavia. O campión do campionato consegue o ascenso. Na súa primeira edición alzouse co título, regresando á primeira división, o Krka.
FormatoEditar
Os doce equipos participantes se enfrontan nunha liga de ida e volta, disputando os catro primeiros participantes unha Final Four a partido de onde sae o campión que consegue o ascenso á primeira división.
EquiposEditar
Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2018−19 da ABA Liga 2.
Equipo | Cidade | País | Pavillón | Capacidade |
---|---|---|---|---|
Borac | Čačak | Serbia | Hala Borac | 4.000 |
Dynamic VIP PAY | Belgrado | Serbia | Hala sportova Ranko Žeravica | 5.000 |
Helios Suns | Domžale | Eslovenia | Dvorana Komunalnega centra | 2.500 |
Lovćen 1947 | Cetinje | Montenegro | Sportski centar Lovćen | 1.500 |
MZT Skopje Aerodrom | Skopje | Macedonia do Norte | Sportskiot Centar Jane Sandanski | 7.500 |
Rogaška | Rogaška Slatina | Eslovenia | Športska dvorana Rogaška Slatina | 1.100 |
Sixt Primorska | Koper | Eslovenia | Arena Bonifika | 5.000 |
Spars | Sarajevo | Bosnia e Hercegovina | Športska dvorana Grbavica | 1.500 |
Split | Split | Croacia | Športski centar Gripe | 3.500 |
Sutjeska | Nikšić | Montenegro | Sportski centar Nikšić | 3.000 |
Vršac | Vršac | Serbia | Millennium Centar | 4.400 |
Zrinjski | Mostar | Bosnia e Hercegovina | Dvorana Bijeli Brijeg | 1.000 |
CampiónsEditar
Temporada | Campión | Subcampión | Campión liga regular | Adestrador do campión | MVP |
---|---|---|---|---|---|
2017–18 | Krka | Sixt Primorska | Borac Čačak | Simon Petrov | Marko Jošilo |
Todos os participantesEditar
Na seguinte liga aparecen todos os equipos que teñen participado na ABA Liga 2 desde a súa fundación.
1D | Xogou na Primeira División | |||||
NP | Perdeu o dereito a participar | |||||
1º | Campións | |||||
2º | Subcampións | |||||
SF | Semifinalista | |||||
Negra | Equipos da temporada 2018−19 | |||||
R | Campión de liga regular | |||||
ASD | Aínda sen determinar |
Equipo | 18 | 19 | Anos totais |
Mellor posto |
---|---|---|---|---|
Bosna Royal | 11º | — | 1 | 11º |
Spars | — | ASD | 1 | ASD |
Zrinjski | 7º | ASD | 2 | 7º |
Split | 8º | ASD | 2 | 8º |
AV Ohrid | 12º | NP | 1 | 12º |
MZT Skopje | 1D | ASD | 1 | ASD |
Lovćen 1947 | 6º | ASD | 2 | 6º |
Sutjeska | — | ASD | 1 | ASD |
Teodo Tivat | 9º | — | 1 | 9º |
Helios Suns | — | ASD | 2 | ASD |
Krka | 1º | 1D | 1 | 1º |
Primorska | 2º | ASD | 2 | 2º |
Rogaška | 5º | ASD | 2 | 5º |
Borac Čačak | SFR | ASD | 2 | Semifinais |
Dynamic | 10º | ASD | 2 | 10º |
Vršac | SF | ASD | 2 | Semifinais |
NotasEditar
- ↑ "The ABA League Second Division will start from the 2017/18 season". aba-liga.com (en inglés). 22-08-2017. Consultado o 28-04-2018.