O Hrvatski košarkaški klub Široki (do croata: Club de Baloncesto Croata Široki) é un club de baloncesto da cidade de Široki Brijeg, ao sur de Bosnia e Hercegovina, aínda que cun porcentaxe do 98,91% de poboación croata. Actualmente compite na Super liga Bosne i Hercegovine, a máxima competición do baloncesto bosníaco, así como na Liga do Adriático. Disputa os seus partidos como local no Pecara, cunha capacidade para 4.500 espectadores.

HKK Široki
Información xeral
Liga KSBiH
Fundación 1974
Cores           Azul, branco
Presidente Bosnia e Hercegovina Ante Suton
Localización
Cidade Bosnia e Hercegovina Široki Brijeg, Bosnia e Herc.
Pavillón Dvorana Pecara
Capacidade 4.500
Campionatos
Liga 9 (1998, 2002, 2003, 2004, 2007, 2009, 2010, 2011, 2012)
Copa 9 (1998, 2002, 2003, 2004, 2006, 2008, 2011, 2012, 2014)

Historia

editar

O club nace en 1974[1] por iniciativa dun profesor de educación física e os seus alumnos de secundaria, xogando en distintas categorías da extinta Iugoslavia. En 1997, xa coa independencia do seu país, disputa a primeira edición da Liga de Bosnia e Herzegovina, converténdose no primeiro campión tras derrotar ao Bosna Saraxevo na final.

Palmarés

editar
  • Liga de Bosnia e Herzegovina
    • Campión (9): 1998, 2002, 2003, 2004, 2007, 2009, 2010, 2011, 2012
  • Copa de Bosnia e Herzegovina
    • Campión (9): 1998, 2002, 2003, 2004, 2006, 2008, 2011, 2012, 2014
  1. "Povijest". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar