KK FMP

club de baloncesto de Belgrado (Serbia)
(Redirección desde «KK FMP Beograd»)

O Košarkaški klub FMP (en serbio cirílico: Кошаркашки клуб ФMП), coñecido por motivos de patrocinio como FMP Meridian, é un club profesional de baloncesto con sede na cidade de Belgrado, Serbia. Fundado en 1970 co nome e KK Radnički Basket, en 2015 toma o seu nome actual, o cal non ten que ver co antigo FMP Železnik, club que se fusionaou co Crvena zvezda en 2011. Actualmente o equipo compite na Košarkaška liga Srbije, máxima categoría do baloncesto serbio, na Liga do Adriático e Basketball Champions League. O FMP xoga os seus encontros como local no Dvorana Železnik, un pavillón con capacidade para 3 000 espectadores.

FMP Meridian
Información xeral
Nome Košarkaški klub FMP
Кошаркашки клуб ФMП
Liga KLS / ABA Liga / Champions League
Fundación 1970
Historia Radnički Novi Sad (1970−2009)
Radnički Belgrado (2009−2011)
Radnički FMP (2011−2013)
Cores           Vermello, branco
Presidente Zoran Tošković
Adestrador Nenad Stefanović
Localización
Cidade Belgrado, Serbia
Pavillón Dvorana Železnik
Capacidade 3 000
Inauguración 1 de xuño de 1973
kkfmp.rs
Este artigo é sobre o FMP en activo. Para o antigo equipo da YUBA/KLS/ABA, véxase KK FMP Železnik.

Historia

editar

Historia do FMP orixinal

editar

O KK FMP orixinal club estableceuse baixo o nome de KK ILR Železnik o 26 de marzo de 1975 por iniciativa conxunta da compañía de maquinaria local Ivo Lola Ribar (ILR) e o consello de administración local de Železnik. Inicialmente, o club foi parte da Sociedade Deportiva Ivo Lola Ribar, que, ademais de baloncesto, contaba con equipos de fútbol, balonmán, voleibol, boxeo, birlos, tiro con arco e xadrez. Nos seus modestos comezos, o club competiu na liga municipal de Belgrado, xogando os seus partidos como local na cancha descuberta de chan de cemento da escola primaria Braća Jerković. aínda que a liga municipal funcionaba durante o período de primavera-verán, o ILR Železnik tamén disputaba á liga de inverno de Belgrado co fin de manter o nivel de condición física até o comezo da seguinte tempada. O novo club foi ben recibido polos residentes do barrio de Železnik, que a miúdo enchían a pequena cancha, e mesmo facían viaxes para moitos partidos fóra de casa. Co tempo, como o interese no baloncesto creceu en toda a comunidade, e o club comezou a desenvolver un sistema para que puidesen participar mozos de tódalas idades.

Na década de 1980, con máis experiencia no seu haber, o primeiro equipo do Železnik comezou a acadar notables resultados, avanzando o club dende as categorías inferiores. A mediados da década de 1980, chegou á liga provincial serbia. Con todo, o ascenso a un nivel máis alto supoñía tamén uns custos máis altos, e non se podían cubrir os gastos de alugueiro dun pavillón de baloncesto no que competir. Así, o ILR Železnik cesaría as súas actividades de baloncesto en 1986. O club estivo basicamente inactivo até 1991, ano no que conseguiu reactivarse como "FMP Železnik", baixo a iniciativa da compañía siderúrxica "Fabrika metalnih proizvoda AD" (FMP), que se converteu na propietaria do club de facto. Case de inmediato, o club continuou onde o deixara en 1986, e tras unha tempada na Segunda Provincial gañouse o ascenso á Primeira Provincial. Na tempada 1994-95, o FMP chegou á Segunda División da liga Federal de Iugoslavia, o segundo nivel máis alto do baloncesto iugoslavo. Ese ano, nunha tempada memorable, conseguiron o primeiro posto da liga tan só perdendo catro encontros, gañando o ascenso ao máis alto da liga iugoslava.

Celebrando o seu vixésimo aniversario, Železnik comezou a tempada 1995−96 competindo contra equipos como o KK Crvena zvezda, KK Vojvodina, Beobanka, Bobanik, KK Lovćen, Mladost ou Gorstak no nivel máis alto do país. Amosando a madurez conseguida ao longo dos anos, o club terminou a tempada regular no terceiro lugar, gañando así a entrada á YUBA Super Liga onde, fronte os equipos máis potentes do país, arranxáronse para evitar o descenso finalizando en novena posición. A tempada 1996−97 foi aínda máis exitosa, acabado no terceiro ligar e a primeira aparición nos playoffs na historia do club. Sorprendentemente para moitos, o Železnik chegaron á postempada cando se toparon co KK Partizan. Nunha serie ao mellor de cinco, os xogadores Železnik lograron dar a sorpresa no segundo encontro, gañando 82-76 fóra da casa, mais non conseguiron finalmente pasar a pesar de ter os dous seguintes partidos en casa. O Partizan gañarou a serie 3 xogos a 1. Con todo, ese ano chegou o seu primeiro título, ao gañar a Copa.

O KK Radnički

editar

O KK Radnički foi fundado en 1970 en Novi Sad, conseguindo ascender á Primeira División serbia en 2007, xogando na competición os seus últimos dous anos como equipo da cidade Novi Sad.Nesta última temporada destaca o labor de Zlatko Bolić, quen consegue anotar unha media de 22,8 puntos por partido. En 2009 o equipo trasládase a Belgrado, mudando o seu nome a KK Radnički Basket[1] para distinguirse do xa existente Radnički Beograd. Tan só dous anos despois volve mudar de nome, esta vez a KK Radnički FMP.

Por outra banda, o FMP orixinal consegue os seus maiores de toda a súa historia, conseguindo tres copas máis, en 2003, 2005 e 2007, e dúas Ligas do Adriático, en 2004 e 2006. Entre 2003 e 2005 o club muda o seu nome a KK Reflex, para pasar a chamarse finalmente KK FMP. En agosto de 2011 o equipo chega a un acordo co KK Crvena zvezda, de forma que o equipo compite co nome, escudo e cores do equipo de Belgrado durante cinco anos. O acordo estipulaba que todos o resultados do club, incluídos os trofeos, sería atribuídos ao Crvena zvezda. Tras o final do trato, o acordo estipulaba que o Crvena zvezda continuaría onde ficase o KK FMP. Finalmente, o pacto remata un ano antes do agardado. Mentres tanto, o KK Radnički muda o seu nome a KK FMP, poñendo a súa sede no mesmo enderezo que o FMP orixinal. Adopta o escudo do orixinal, modificándoo lixeiramente. No ano 2016−17 o equipo debuta na Liga do Adriático, conseguindo finalizar en novena posición. O 18 de novembro de 2021 o club chega a un acordo de patrocinio, polo que adopta o nome de FMP Meridian. Co novo nome, o equipo consegue chegar á final da liga serbia, onde perderon por 2−0 ante o KK Crvena zvezda. En setembro de 2022 o club alberegará a fase previa da Basketball Champions League, onde se enfrontarán ao Río Breogán da Liga ACB.[2]

Pavillón

editar
Artigo principal: Železnik Hall.

O Železnik Hall é o pavillón onde xogaba so seus encontros como local o FMP. A cancha de baloncesto ten tres niveis e unha área de 4.500 metros cadrados. Con varias estruturas asociadas, representan un complexo deportivo e de negocios moderno. Á parte dunha cancha con capacidade para 3.000 espectadores, hai un bloque de hidromasaxe, un centro especializado en diagnóstico médico e un moderno ximnasio de 200 metros cadrados. O estadio conta con iluminación escénica e altofalantes de 6 kW. Tamén unha sala de trofeos, sala de prensa con capacidade para 40 persoas e un hotel cunha superficie de 1.000 metros cadrados para o aloxamento dos xogadores de baloncesto.

Xogadores

editar

Elenco actual

editar
FMP Meridian 2022−2023
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Idade
B 1   Frazier, Trent 1,88 m (6 ft 2 in) 79 kg (174 lb) 26 anos − 01998-09-08 8 de setembro de 1998
A 2   Beech, Beau 2,01 m (6 ft 7 in) 98 kg (216 lb) 30 anos − 01994-01-04 4 de xaneiro de 1994
A 4   Gušić, Marko 2,02 m (6 ft 8 in) 85 kg (187 lb) 22 anos − 02002-08-06 6 de agosto de 2002
AP 5   Pavićević, Marko 2,09 m (6 ft 10 in) 100 kg (220 lb) 23 anos − 02001-05-08 8 de maio de 2001
B 6   Zajc, Jakob 1,80 m (5 ft 11 in) 68 kg (150 lb) 21 anos − 02003-05-12 12 de maio de 2003
AP 7   Stepanović, Aleksa 2,07 m (6 ft 9 in) 93 kg (205 lb) 26 anos − 01998-06-02 2 de xuño de 1998
A 10   Šaranović, Nikola 2,00 m (6 ft 7 in) 86 kg (190 lb) 21 anos − 02003-08-20 20 de agosto de 2003
A 11   Simović, Ranko 2,03 m (6 ft 8 in) 90 kg (198 lb) 25 anos − 01999-06-07 7 de xuño de 1999
A 12   Matović, Ognjen 1,98 m (6 ft 6 in) 20 anos − 02004-08-08 8 de agosto de 2004
P 15   Izundu, Ebuka 2,08 m (6 ft 10 in) 105 kg (231 lb) 28 anos − 01996-06-28 28 de xuño de 1996
E 17   Vudragović, Luka 1,97 m (6 ft 6 in) 20 anos − 02004-06-02 2 de xuño de 2004
P 19   Vuković, Andrija 2,10 m (6 ft 11 in) 19 anos − 02005-01-18 18 de xaneiro de 2005
P 21   Janković, Nikola 2,06 m (6 ft 9 in) 111 kg (245 lb) 30 anos − 01994-02-13 13 de febreiro de 1994
E 22   Jenkins, Charles 1,91 m (6 ft 3 in) 100 kg (220 lb) 35 anos − 01989-02-28 28 de febreiro de 1989
AP 24   Nerandžić, Nenad 2,03 m (6 ft 8 in) 28 anos − 01996-06-19 19 de xuño de 1996
B 27   Vujičić, Milutin 1,92 m (6 ft 4 in) 22 anos − 02002-03-08 8 de marzo de 2002
E 55   Manojlović, Nikola 2,01 m (6 ft 7 in) 95 kg (209 lb) 22 anos − 02002-02-14 14 de febreiro de 2002
B 66   Valinskas, Paulius 1,91 m (6 ft 3 in) 85 kg (187 lb) 29 anos − 01995-12-09 9 de decembro de 1995
Adestrador
  Nenad Stefanović
Asistente(s)
  Vasilj Đurić
  Goran Topić
Preparador(es) físico(s)
  Feđa Sretenović

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Cadro
Actualizado: 20−092022

Destacados

editar

Adestradores

editar
  •   Mladen Mikić (2006–2008)
  •   Velislav Vesković (2008–2009)
  •   Dragan Vaščanin (2009)
  •   Boško Đokić (2009–2010)
  •   Miloš Pejić (2010–2013)
  •   Milan Gurović (2013–2015)
  •   Slobodan Klipa (2015–2016)
  •   Branko Maksimović (2016–2017)
  •   Dušan Alimpijević (2017)
  •   Vladimir Jovanović (2017–2020)
  •   Bojan Đerić (2020–2021)
  •   Vanja Guša (2021)
  •   Nenad Stefanović (2021–presente)

Historial

editar

A KLS 1, refírese á primeira fase da liga serbia, mentres que a KLS SL refírese á Super Liga, segunda fase da competición. Os equipos que participan na Liga do Adriático entran directamente nesta segunda fase. Para máis información sobre o formato de competición da liga, prema aquí.

Ano Nivel Liga Pos. Postemporada V–D Copa Liga do Adriático Competicións europeas
2006–07 2 KLS B 1 21–5
2007–08 1 KLS 1 9 9–13
2008–09 1 KLS 1 9 12–14
2009–10 1 KLS 1 12 9–17 Cuartos de final
2010–11 2 KLS B 2 15–4 Cuartos de final
2011–12 1 KLS 1 3 SL 22–18 Cuartos de final
2012–13 1 KLS 1 7 14–12
2013–14 1 KLS 1 1 SL 25–15 Semifinais
2014–15 1 KLS 1 1 SL 23–13 Cuartos de final
2015–16 1 KLS 1 1 Semifinais 29–6 Cuartos de final
2016–17 1 KLS SL 3 Subcampión 11–8 Semifinais ABA Liga 9 10–16
2017–18 1 KLS SL B1 Subcampión 13–5 Semifinais ABA Liga 8 9–13
2018–19 1 KLS SL A2 Semifinais 9–4 Semifinais ABA Liga 6 10–12
2019–20 1 KLS SL Canc. Semifinais ABA Liga Canc. 10–11
2020–21 1 KLS SL ND Cuartos de final 0–2 Cuartos de final ABA Liga 8 11–15
2021–22 1 KLS SL ND Subcampión 0–2 Semifinais ABA Liga 6 14–14

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar