Dvorana Železnik

(Redirección desde «Železnik Hall»)

Coordenadas: 44°43′53″N 20°22′36″L / 44.731311, 20.376667

O Železnik Hall (en serbio: Дворана Железник, Dvorana Železnik) é un pavillón de baloncesto situado no barrio de Železnik en Belgrado, Serbia. A cancha é actualmente fogar do KK FMP.

Železnik Hall
Železnik
Datos
LocalizaciónBelgrado
Construción
Inauguración1 de xuño de 1973
Estadio
Capacidade3.000 espectadores
LocalíaKK FMP

A cancha de baloncesto ten tres niveis e unha área de 4.500 metros cadrados. Con varias estruturas asociadas, representan un complexo deportivo e de negocios moderno. Á parte dunha cancha con capacidade para 3.000 espectadores, hai un bloque de hidromasaxe, un centro especializado en diagnóstico médico e un moderno ximnasio de 200 metros cadrados. O estadio conta con iluminación escénica e altofalantes de 6 kW. Tamén unha sala de trofeos, sala de prensa con capacidade para 40 persoas e un hotel cunha superficie de 1.000 metros cadrados para o aloxamento dos xogadores de baloncesto.[1]

Notas editar

  1. "KK FMP. Dvorana". KK FMP. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2018. Consultado o 30 de abril de 2018.