Nikola Janković

Xogador de baloncesto serbio

Nikola Janković, nado o 13 de febreiro de 1994 en Vranje, é un xogador de baloncesto profesional serbia. Xoga nas posicións de ala-pivote e pivote cunha altura de 2,06 m.[1] Foi o MVP da Liga do Adriático en 2017 coa Union Olimpija. Actualmente xoga para o FMP Meridian serbio.

Modelo:BiografíaNikola Janković

(2018) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sr) Никола Јанковић Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1994 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Vranje, Serbia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura207 cm Editar o valor en Wikidata
Peso115 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Spirou Charleroi

Twitter: nikolaa12 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nado en Vranje, unha cidade situada no sur de Serbia, Janković comezou a xogar de novo ao baloncesto nun club da súa cidade natal, o Ekonomac. A continuación formou parte das categorías inferiores do FMP Železnik e do KK Crvena zvezda (Estrela Vermella), onde fixo unha media de 10,4 puntos por partido entre 2009 e 2012.[2]</ref> Após cumprir 18 anos, renunciou a asinar o seu primeiro contrato profesional co equipo de Belgrado, asinando no seu lugar co Spirou Charleroi belga. Na súa primeira temporada como profesional fóra do seu país apenas contou con minutos co primeiro equipo, onde fixo unha media de 5,2 puntos e 2,6 rebotes por encontro. Ao ano seguinte foi cedido ao Verviers-Pepinster, outro equipo da máxima categoría belga, onde destacou con 16,1 puntos e 6,2 rebotes por partido.

Regresou a Charleroi ao finalizar a tempada. Con todo, o xogador rompe o contrato que lle unía ao club para fichar polo KK Mega Basket serbio. En febreiro de 2016 logra xunto ao seu equipo o primeiro trofeo importante na historia do Mega Leks, a Copa de Serbia. Acabou a tempada facendo unha media de 9,4 puntos e 5,4 rebotes por partido. NA seguinte temporada asina coa Union Olimpija de Liubliana, equipo co conseguiu gañar a liga e a copa. Tamén foi ese mesmo ano o MVP da Liga do Adriático (ABA Liga), tras facer unha unha valoración de 19,24, con 16,6 puntos e 7,2 rebotes por partido. Tras finalizar a temporada viaxou a Turquía para xogar co Sakarya BB da máxima categoría do país. Esa temporada fai unha media de 7,8 puntos e 4,5 rebotes por xogo. En 2018 asina co Movistar Estudiantes da Liga ACB, onde fai 9,3 puntos e 4,3 rebotes por partido. Con todo, en decembro dese mesmo ano decide asinar polo Partizan de Belgrado. Tras tres temporadas no equipo serbio e un breve paso polo Podgorica, Janković regresa ao Mega Basket para a temporada 2021, onde permanece até decembro. O 28 desde mesmo mes anúnicase a súa fichaxe polo Río Breogán da Liga ACB.[1] Sen moitas oportunidades no club lucense, o 7 de setembro anúnciase a súa fichaxe polo FMP Meridian serbio.

Equipos

editar

Nikola Janković xogou nos seguintes equipos ao longo da súa carreira profesional.[3]

Palmarés

editar
  • Campión da Liga de Eslovenia (1): 2017
  • Campión da Copa de Eslovenia (1): 2017
  • Campión da Copa de Serbia (3): 2016, 2019, 2020
  • MVP da ABA Liga (Liga do Adriático): 2017
  • MVP da Copa de Eslovenia: 2017
  1. 1,0 1,1 "Nikola Janković novo xogador do Río Breogán". cbbreogan.com. 28 de decembro de 2021. 
  2. "Nikola Janković creer stats". Euroleague Basketball. 
  3. "Nikola Janković player profile". Eurobasket. Consultado o 24 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar