Pro Basketball League
A Pro Basketball League (PBL),[1] coñecida por motivos de patrocinio como EuroMillions Basketball League, foi a máxima categoría do baloncesto profesional masculino en Bélxica. Organizada pola Basketball League Belgium, a competición comezou no ano 1928, sendo coñecida até 2014 como Ethias League. En 2021 foi substituída pola BNXT League, unha liga que agrupa equipos de Bélxica e os Países Baixos. O club con máis títulos de Liga é o Oostende, seguido polo desaparecido Racing Mechelen e o Spirou Charleroi.
Pro Basketball League | |
---|---|
Fundación | 1928 |
Desaparición | 2021 |
Substituta | BNXT League |
País | ![]() |
Confederación | ![]() |
Presidente | Arthur Goethals (último) |
Equipos | 10 |
Copa | Copa de Bélxica |
Internacional | Champions League FIBA Europe Cup |
Máis laureado | Oostende (22 títulos) |
Organizador | Basketball League Belgium |
Sitio web | euromillionsbasketball.be |
Formato Editar
A Pro Basketball League xogábase baixo o regulamento internacional da Federación Internacional de Baloncesto (FIBA). O último formato da competición foi adoptado na temporada 2014−15. Na temporada regular, todos os equipos xogan entre si primeiro en casa e despois fóra. Despois desa primeira rolda, a Liga dividíase en dous grupos en función da clasificación; no primeiro grupo xogaban os equipos clasificados do 1 ao 6 e no segundo do 7 ao 11. Despois da separación cada equipo xogaba contra todos os demais do seu grupo unha vez en casa e unha vez fóra. Despois diso disputábanse os play-offs, os cales eran xogados polos oito primeiros clasificados (os seis do primeiro grupo e os dous primeiros do segundo). Os cuartos de final consistían en series ao mellor de tres e a semifinal e final xogábase nun formato ao mellor de cinco.
Licenzas Editar
Todos os equipos que participaban na Pro Basketball League tiñen que obter unha licenza para xogar. Había tres tipos de licenzas:
- Licenza-A: para os equipos que tiñan un orzamento de máis de 1.000.000 de euros. Os equipos con esta licenza podían xogar competicións europeas.
- Licenza-B: para os equipos que tiñan un orzamento de máis de 750.000 euros (e non chegan a 1.000.000). Os equipos con esta licenza non podían xogar competicións europeas.
- Licenza-C: para os equipos que tiñan un orzamento de máis de 400.000 euros (e non chegan a 750.000). Estas licenzas non permitían aos equipos participar en competicións europeas. Ademais, tiñan que ser substituídas por unha Licenza-B antes de dous anos.
Patrocinadores Editar
Ao longo dos anos, o campionato da Pro Basketball League foi mudando o seu nome debido a diferentes acordos de patrocinio. A seguinte é unha lista das denominacións oficiais do compionato:
- Ethias League (2007−2014)
- Scooore! League (2014–2016)
- EuroMillions Basketball League (2016–2021)
Equipos Editar
Os seguintes son os equipos que compitiron na temporada 2020−21, última campaña da Pro Basketball League.
Equipo | Cidade | Provincia | Pavillón | Capacidade |
---|---|---|---|---|
Belfius Mons-Hainaut | Mons | Hainaut | Mons.Arena | 4.000 |
Filou Oostende | Oostende | Flandres Occidental | Sleuyter Arena | 5.000 |
Hubo Limburg United | Hasselt | Limburgo | Alverberg-sporthal | 1.730 |
Kangoeroes Mechelen | Malinas | Antuerpen | Winketkaai | 1.500 |
Okapi Aalstar | Aalst | Flandres Oriental | Okapi Forum | 2.800 |
Phoenix Brussels | Bruxelas | Bruxelas-Capital | Neder-Over-Hembeek | 1.200 |
Spirou Charleroi | Charleroi | Hainaut | Spiroudome | 6.200 |
Stella Artois Leuven Bears | Lovaina | Brabante Flamengo | Sportoase | 3.400 |
Telenet Giants Antwerp | Antuerpen | Antuerpen | Lotto Arena | 5.218 |
VOO Liège | Liexa | Liexa | Country Hall Ethias | 5.000 |
Palmarés Editar
- 1927−28 Brussels A.C.
- 1928−29 Daring B.C.
- 1929−30 Brussels A.C.
- 1930−31 Brussels A.C.
- 1931−32 Daring B.C.
- 1932−33 Brussels A.C.
- 1933−34 Daring B.C.
- 1934−35 Amicale Sportive
- 1935−36 Amicale Sportive
- 1936−37 Fresh Air
- 1937−38 Fresh Air
- 1938−39 Royal IV
- 1939−41 Non celebrado
- 1941−42 Royal IV
- 1942−45 Non celebrado
- 1945−46 Semailles
- 1946−47 Semailles
- 1947−48 Semailles
- 1948−49 Semailles
- 1949−50 Semailles
- 1950−51 Semailles
- 1951−52 Royal IV
- 1953−53 Royal IV
- 1953−54 Royal IV
- 1954−55 Hellas Gent
- 1955−56 Antwerpse
- 1956−57 Royal IV
- 1957−58 Royal IV
- 1958−59 Antwerpse
- 1959−60 Antwerpse
- 1960−61 Antwerpse
- 1961−62 Antwerpse
- 1962−63 Antwerpse
- 1963−64 Antwerpse
- 1964−65 Racing Mechelen
- 1965−66 Racing Mechelen
- 1966−67 Racing Mechelen
- 1967−68 Standard Liège
- 1968−69 Racing Mechelen
- 1969−70 Standard Liège
- 1970−71 Lier
- 1971−72 Lier
- 1972−73 Antwerpse
- 1973−74 Racing Mechelen
- 1974−75 Racing Mechelen
- 1975−76 Racing Mechelen
- 1976−77 Standard Liège
- 1977−78 Fresh Air
- 1978−79 Fresh Air
- 1979−80 Racing Mechelen
- 1980−81 Oostende
- 1981−82 Oostende
- 1982−83 Oostende
- 1983−84 Oostende
- 1984−85 Oostende
- 1985−86 Oostende
- 1986−87 Racing Mechelen
- 1987−88 Oostende
- 1988−89 Racing Mechelen
- 1989−90 Racing Mechelen
- 1990−91 Racing Mechelen
- 1991−92 Racing Mechelen
- 1992−93 Racing Mechelen
- 1993−94 Racing Mechelen
- 1994−95 Oostende
- 1995−96 Spirou Charleroi
- 1996−97 Spirou Charleroi
- 1997−98 Spirou Charleroi
- 1998−99 Spirou Charleroi
- 1999−00 Antwerp Giants
- 2000−01 Oostende
- 2001−02 Oostende
- 2002−03 Spirou Charleroi
- 2003−04 Spirou Charleroi
- 2004−05 Bree
- 2005−06 Oostende
- 2006−07 Oostende
- 2007−08 Spirou Charleroi
- 2008−09 Spirou Charleroi
- 2009−10 Spirou Charleroi
- 2010−11 Spirou Charleroi
- 2011−12 Oostende
- 2012−13 Oostende
- 2013−14 Oostende
- 2014−15 Oostende
- 2015−16 Oostende
- 2016−17 Oostende
- 2017−18 Oostende
- 2018−19 Oostende
- 2019−20 Oostende
- 2020−21 Oostende
Por equipo Editar
Equipo desaparecido |
Títulos | Equipo | Temporadas |
---|---|---|
Oostende | 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1988, 1995, 2001, 2002, 2006, 2007, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021 | |
Racing Mechelen | 1965, 1966, 1967, 1969, 1974, 1975, 1976, 1980, 1987, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994 | |
Spirou | 1996, 1997, 1998, 1999, 2003, 2004, 2008, 2009, 2010, 2011 | |
Antwerpse | 1956, 1959, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1973 | |
Royal IV | 1939, 1942, 1952, 1953, 1954, 1957, 1958 | |
Semailles | 1946, 1947, 1948, 1949, 1950, 1951 | |
Fresh Air | 1937, 1938, 1978, 1979 | |
Brussels A.C. | 1928, 1930, 1931, 1933 | |
Daring B.C. | 1929, 1932, 1934 | |
Standard Liège | 1968, 1970, 1977 | |
Lier | 1971, 1972 | |
Amicale Sportive | 1935, 1936 | |
Bree | 2005 | |
Antwerp Giants | 2000 | |
Hellas Gent | 1955 |
Finais Editar
Desde o ano 2005 xóganse eliminatorias para decidir o campión de Liga. A final da competición é xogada ao mellor de cinco partidos, sendo o equipo mellor clasificado dos dous na fase regular o que ten a vantaxe como local.
Temporada | Campión | Resultado | Subcampión |
---|---|---|---|
Bree | Spirou Charleroi | ||
Oostende | Mons-Hainaut | ||
Oostende | Bree | ||
Spirou Charleroi | Bree | ||
Spirou Charleroi | Mons-Hainaut | ||
Spirou Charleroi | Liège Basket | ||
Spirou Charleroi | Okapi Aalstar | ||
Oostende | Spirou Charleroi | ||
Oostende | Mons-Hainaut | ||
Oostende | Okapi Aalstar | ||
Oostende | Mons-Hainaut | ||
Oostende | Okapi Aalstar | ||
Oostende | Brussels | ||
Oostende | Antwerp Giants | ||
Oostende | Antwerp Giants | ||
Oostende | Mons-Hainaut | ||
Oostende | Mons-Hainaut |
Aparicións por equipo Editar
Equipo | Aparicións | Vitorias | Derrotas |
---|---|---|---|
Oostende | 12 | 12 | 0 |
Mons-Hainaut | 6 | 0 | 6 |
Spirou Charleroi | 5 | 4 | 2 |
Bree | 3 | 1 | 2 |
Okapi Aalstar | 3 | 0 | 3 |
Antwerp Giants | 2 | 0 | 2 |
Liège | 1 | 0 | 1 |
Brussels | 1 | 0 | 1 |
Notas Editar
- ↑ "Statuten Pro Basketball League" (PDF) (en neerlandés). Consultado o 21 de setembro de 2018.