Spirou Charleroi

(Redirección desde «Spirou B.C.»)

O Spirou Charleroi é un club profesional de baloncesto belga con sede na cidade de Charleroi (Hainaut, Valonia). Actualmente xoga na BNXT League, a máxima categoría do baloncesto de Bélxica e os Países Baixos. Desde o ano 1996 é un dos equipos dominadores do baloncesto do seu país, chegando incluso a competir na Euroliga. Fundado en 1989, disputa os seus partidos como local no Spiroudome, pavillón con capacidade para 6 300 espectadores. O nome do equipo provén da revista de banda deseñada Spirou.

Spirou Charleroi
Información xeral
Liga BNXT League
Alcume Les Spirous
Fundación 1989
Historia Spirou Monceau (1989-1990)
Cores                Vermello, branco, negro
Presidente Bélxica Jean-Jacques Cloquet
Adestrador Brian Lynch
Seareiros L'Esprit Spirou
Localización
Cidade Bélxica Charleroi, Bélxica
Pavillón Spiroudome
Capacidade 6 300
Inauguración 5 de abril de 1992
Campionatos
Liga 10 (1996, 1997, 1998, 1999, 2003, 2004, 2008, 2009, 2010, 2011)
Copa 5 (1996, 1999, 2002, 2003, 2009)
Supercopa 7 (1996, 1997, 1998, 2001, 2002, 2008, 2010)
spiroubasket.be

Historia

editar

O Spirou Charleroifoi creado en 1989 sobre os cimentos do club Monceau. Renombrado "Spirou Monceau" en 1988 e "Spirou Charleroi" coa chegada do club da primeira división en 1989, o club de Charleroi converteuse rapidamente nun club de éxito. De feito, a partir da tempada 1992-1993 baixo a dirección do adestrador Giovanni Bozzi, o Charleroi terminou terceiro na fase regular do campionato, chegando a xogar as final polo título clasificándose contra o Racing Mechelen, o mellor equipo belga dos anos 1980 e 1990, perdendo por 3-2. Desde aquelas o Spirou converteuse nun dos dominadores do baloncesto belga, gañando dez Ligas (1996–99, 2003, 2004, 2008, 2009, 2010, 2011), cinco Copas (1996, 1999, 2002, 2003, 2009) e tres Supercopas (2001, 2002, 2008). O 29 de xullo de 2014 Jacques Stas converteuse no adestrador do equipo substituíndo no posto a Giovanni Bozzi, o cal substituíu o propio Stas como presidente.

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Spirou Monceau (1989–1990)
  • Spirou Charleroi (1990–2011)
  • Belgacom Spirou (2011–2014)
  • Proximus Spirou (2014–2018)

Palmarés

editar

Liga de Bélxica

  • Campión (10): 1996, 1997, 1998, 1999, 2003, 2004, 2008, 2009, 2010, 2011

Copa de Bélxica

  • Campión (5): 1996, 1999, 2002, 2003, 2009

Supercopa de Bélxica

  • Campión (7): 1996, 1997, 1998, 2001, 2002, 2008, 2010

Históricos

editar

Xogadores

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar