Demond Mallet

baloncestista estadounidense

Dayon Demond Mallet, nado o 22 de febreiro de 1978 en Leesville, Luisiana, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha estatura de 1,88 metros xogaba na posición de base.

Modelo:BiografíaDemond Mallet

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Leesville, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónLeesville High School (en) Traducir
McNeese State University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso81 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata - 2017 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1996–2001 McNeese Cowboys men's basketball
2001–2004 New Yorker Phantoms Braunschweig
2004–2006 Brose Baskets
2006–2007 Köln 99ers
2007–2009 Club Joventut de Badalona
2009–2010 Türk Telekom B.K.
2010–2011 Spirou Charleroi
2011–2012 Maccabi Tel Aviv B.C.
2012–2012 Spirou Charleroi
2012–2013 Artland Dragons
2013–2014 Spirou Charleroi
2014–2016 Club Joventut de Badalona
2017–2017 SLUC Nancy

Traxectoria

editar

Tras deixar a universidade, Mallet xogou cos Detroit Pistons a NBA Summer League de 2001. Ó ano seguinte xogou de novo a Summer League, desta vez cos Boston Celtics. O 6 de xullo de 2007, anunciouse a súa fichaxe polo Joventut Badalona da Liga ACB, onde gañou unha Copa do Rei e a Copa ULEB.[1] O 29 de xullo de 2014, regresou a Badalona para a súa segunda etapa no equipo catalán.[2] O 21 de febreiro de 2018, Mallet anunciou a súa retirada do baloncesto tras 17 anos no baloncesto profesional.[3] O seu derradeiro equipo foi o SLUC Nancy francés, onde xogou os últimos meses da tempada 2016-17.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar