Mons

cidade de Bélxica, capital da provincia de Hainaut

Coordenadas: 50°27′N 03°57′L / 50.450, -3.950

Mons (en flamengo Bergen) é unha cidade de Bélxica, capital da provincia de Hainaut, na zona francófona do país. Ten arredor de 91.000 habitantes.

Mons
Flag of Mons.svg
Blason ville be Mons (Hainaut).svg
Mons beffroi JPG01B.jpg
Le beffroi
Localización
Mons en Bélxica
Mons
Mons
PaísBélxica Bélxica
ComunidadeComunidade francesa de Bélxica
RexiónValonia
ProvinciaHainaut
Xeografía
Superficie146,56 km²
Demografía
Poboación93.072 hab. (2012)
Densidade640 hab/km²
Outros datos
Código postal7000-7034
AlcaldeElio Di Rupo (PS)
Páxina oficial de Mons
Casa do Concello na Gran Praza (Grand-Place)

SituaciónEditar

Mons localízase a 50 km, en dirección suroeste, da capital do país, Bruxelas, a arredor de 200 km ao nordeste de París e a uns 75 km ao leste de Lille. A cidade está situada no cruzamento de importantes eixes autoestradais: E19 (París-Bruxelas-Antuerpen-Ámsterdam) e E42 (Lille-Charleroi-Liexa-Fráncfort do Main).

TopografíaEditar

O relevo do concello de Mons está marcado polo val do río Haine, que flúe de leste a oeste, ao norte da cidade, para acabar por xuntarse, xa en Francia, con o Escalda. O río Trouille xúntase con o Haine na mesma cidade de Mons. O norte e sur do val do Haine está conformado por outeiros e altiplanos con alturas progresivamente en aumento que varían entre os 50 e os 115 m, que culminan na aldea de Saint-Denis. A altura descende até o 20 m nas beiras do Haine e do canal Nimy-Blaton-Péronnes.

A cidade foise desenvolvendo sobre un outeiro (de aí o nome de Mons: monte) sito na confluencia entre o Haine e o Trouille, o que lle foi conferindo unha forma máis ou menos circular. A altura do casco urbano é maior xustamente no seu centro.

A verEditar

O centro da vida cidadá é a Gran Praza (Grand-Place). A súa man suroeste ábrense as rúas medievais, ben conservadas. Cómpre ver:

  • A Casa do Concello (Hôtel de Ville), edificio gótico do século XV; á súa entrada principal, no exterior, a curiosa estatua dun macaco, dito o Singe du Grande Garde, do cal se di que outorga boa sorte a que lle aloumiña coa man dereita a cabeza;
  • Colexiata de Sainte-Waudrau, de estilo tardogótico, no suroeste da Grande-Place
  • Museo da Guerra (Musée du Guerre), consagrado ás vicisitudes da cidade nas dúas guerras mundiais;
  • Musée du Vieux Nimy, cunha boa colección de porcelana de Delft.
Predecesor:
  Riga
  Umeå
 
Capital Europea da cultura
xunto con   Plzeň

2015
Sucesor:
  Wrocław
  Donostia

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar