Wrocław
Coordenadas: 51°07′N 17°02′L / 51.117, -17.033
Wrocław (en alemán Breslau, en checo Vratislav, en latín Wratislavia ou Vratislavia) é a capital do Voivodia da Baixa Silesia no suroeste da Polonia, está situada ás beiras do río Oder (en polaco Odra). Despois de Varsovia, Wrocław é o segundo maior centro financeiro da Polonia. No ano 2004, a cidade tiña unha poboación estimada de 633.700 habitantes.
Wrocław | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Imaxes da cidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Voivodato | Baixa Silesia | ||
Powiat | Cidade | ||
Xeografía | |||
Altitude | 105-155 msnm | ||
Superficie | 292,92 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 631.188 hab. (2012) | ||
Densidade | 2.160 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 50-041 to 54-612 | ||
Alcalde | Rafał Dutkiewicz | ||
Páxina oficial de Wrocław |
EtimoloxíaEditar
O primeiro rexistro da cidade data do ano 1000, aparecendo na crónica de Thietmar, na que se menciona o establecemento dunha nova diocese por Johannes Wrotizlaensis, bispo de Wrotizla, (Wortizlawa). No primeiro selo municipal aparece o nome de: Sigillum civitatis Wracislavie, simplificándose e dando lugar en 1175 a Wrezlawe, o cal evolucionou a Prezla, Bresla(u=w).
HistoriaEditar
Edad Media
Situada no antigo lugar de comercio e de cruzamento do río Oder, xunto ó cal o Rei de Bohemia Wratislaw erixiu un castelo no século X, dándolle o primeiro nome ó asentamento "Vratislavia" ou "Wratislaw", o lugar foi conquistado máis tarde polo Rei de Polonia, Mieszko I, na última década dese mesmo século. En 1138 converteuse na capital do ducado independente de Silesia baixo a dinastía Piast. Durante a invasión dos mongois en 1241 o asentamento foi saqueado e incendiado, fuxindo a maior parte da súa poboación ou refuxiándose no castelo, que non puido ser tomado por falta de tempo.
A partir de entón o pobo foi citado en varios documentos baixo os nomes de Bresslau, Presslau, Breslau e Wratislaw.
Brelavia foi, como toda Silesia, obxecto dunha intensa colonización alemá na Idade Media, sobre todo trala súa destrución polos mongois en 1241. Por iso a cidade entón refundada e os seus monumentos arquitectónicos teñen un claro sinal xermano. En 1262 a Lei Magdeburgo empezouse a aplicar na cidade refundada. A primeira ilustración da cidade apareceu na Crónica de Nuremburgo en 1493.
A dinastía Piast era unha rama independente da casa reinante en Polonia, que tiña numerosos vínculos familiares e culturais co imperio xermánico. Debido á baixa densidade de poboación en Silesia e ós escasos asentamentos humanos, esta dinastía propiciou e fomentou o asentamento de colonos alemáns.
Predecesor: Mons Plzeň |
Capital Europea da cultura xunto con Donostia 2016 |
Sucesor: Aarhus Paphos |