Baixa Silesia

A Baixa Silesia (en polaco Województwo dolnośląskie) é unha das 16 provincias (voivodatos) que conforman a República de Polonia, segundo a división administrativa do ano 1998 e foi creado coa reforma de 1999 pola fusión dos voivodatos de Wroclaw, Legnica, Wałbrzych e Jelenia Góra. Atopándose no suroeste de Polonia; a Baixa Silesia corresponde ao sector occidental da rexión chamada Silesia.

Województwo dolnoslaskie
Voivodato da Baixa Silesia
Bandeira de Voivodato da Baixa Silesia
Escudo de Voivodato da Baixa Silesia
BandeiraEscudo
Dolnoslaskie location map.PNG
EstadoFlag of Poland.svg Polonia
CapitalBreslavia
 • Poboación632 240 (est. 2009)
Lingua oficialPolaco
Krzysztof Grzelczyk
Andrzej Los
Fundado en1999
 • Total19 948 km²
 • % augan/d
 • Total (2003)2 898 000 hab.
 • Densidade145,3 hab./km²
Xentilicion/d
Fuso horarion/d
Código ISOPL-DS
www.umwd.pl/

XeografíaEditar

A Baixa Silesia confina ao norte co voivodato de Lubusz, ao nordés co de Gran Polonia e ao sueste co de Opole, así como confina ao suroeste con Alemaña (Liña Oder-Neisse) e a República Checa. No Sur da Baixa Silesia a rexión motañosa dos Sudetes (ramal noroccidental dos Cárpatos) é unha das zonas turísticas máis importantes de Polonia polos seus centros de deportes invernais.

División administrativaEditar

O Voivodato da Baixa Slesia atópase dividido en distritos (Powiat en polaco), con 3 cidades distrito. Existen distritos que levan o nome destas cidades pero sen comprehenderlas na súa xurisdición administrativa.

Distritos urbanosEditar

  1.   Breslavia
  2.   Jelenia Góra
  3.   Legnica

DistritosEditar

XeografíaEditar

Principais cidadesEditar

A capital do voivodato, Breslavia, é cos seus case 640 000 habitantes a cuarta cidade máis poboada de toda Polonia e netamente a meirande de toda Silesia.

  1. Breslavia / Wrocław (638 000)
  2. Wałbrzych (129 000)
  3. Legnica (106 000)
  4. Jelenia Góra (90 000)
  5. Lubin (82 000)
  6. Głogów (73 000)
  1. Świdnica (61 000)
  2. Bolesławiec (43 000)
  3. Oleśnica (39 000)
  4. Dzierżoniów (36 000)
  5. Zgorzelec (36 000)
  6. Bielawa (34 000)

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar