KK Mega Basket

club de baloncesto de Belgrado (Serbia)
(Redirección desde «Mega Leks»)

O Košarkaški klub Mega Basket (en serbio: Кошаркашки клуб Мега Баскет), tamén coñecido como Mega MIS por motivos de patrocinio, é un club profesional de baloncesto serbio con súa sede na cidade de Belgrado. Ademais de xogar en Belgrado o club tamén xogou nas cidades de Kruševac (2012−2013) e Smederevo (2013−2014) e Sremska Mitrovica (2014–2019). O club compite na Košarkaška liga Srbije, a máxima categoría do baloncesto serbio, e na ABA Liga (Liga do Adriático).

Mega MIS
Información xeral
Nome Košarkaški klub Mega Basket
Кошаркашки клуб Мега Баскет
Liga KLS / ABA Liga
Fundación 12 de decembro de 1998
Historia KK Avala Ada (1998−2005)
Cores      Rosa
Presidente Velimir Mihailović
Adestrador Marko Barać
Patrocinador Medical Innovation Solutions
Localización
Cidade Belgrado, Serbia
Pavillón Hala Ranko Žeravica
Capacidade 5 000
bcmegabasket.net

Historia

editar

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o club foi coñecido como:

  • Mega Ishrana (2005–2007)
  • Mega Aqua Monta (2007–2008)
  • Mega Hypo Leasing (2008–2009)
  • Mega Vizura (2009–2014)
  • Mega Leks (2014–2017)
  • Mega Bemax (2017–2020)
  • Mega Soccerbet (2020–2021)
  • Mega Mozzart (2021–2022)
  • Mega MIS (2022–presente)

Palmarés

editar

Liga de Serbia

  • Semifinalista (3): 2013, 2014, 2015

Copa de Serbia

  • Subcampión (2): 2014, 2015
  • Semifinalista (1): 2013

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar