1. Slovenska Košarkarska Liga

(Redirección desde «1. A slovenska košarkarska liga»)

A 1. Slovenska košarkarska liga, abreviada 1. SKL e coñecida por motivos de patrocinio como Liga Nova KBM,[1] é a máxima categoría do baloncesto profesional masculino en Eslovenia. Organizada pola Košarkarska zveza Slovenije (do esloveno: Federación de Baloncesto de Eslovenia), conta con once equipos. O club con máis títulos é o KK Cedevita Olimpija (anteriormente KK Olimpija).

Liga Nova KBM
Fundación1921
País Eslovenia
ConfederaciónFIBA Europa
Equipos11
CopaCopa de Eslovenia
Descenso2. SKL
Actual campiónCedevita Olimpija (19º título)
Máis laureadoCedevita Olimpija (19 títulos)
TelevisiónRTV Slovenija, Šport TV
OrganizadorKošarkarska zveza Slovenije
Sitio webkzs.si/Liga-Nova-KBM

Historia editar

A liga foi fundada en 1991, pouco despois da independencia de Eslovenia da República Federal Socialista de Iugoslavia. Antes da independencia, a Liga da República Eslovena xogábase como unha segunda ou terceira categoría do baloncesto iugoslavo. Olimpija, Ljubljana, Slovan, ŽKK Maribor, Lesonit e Branik Maribor foron os únicos equipos eslovenos que xogaron na Primeira Liga Federal Iugoslava.

Nomes editar

Desde 1991, a liga recibiu diferentes nomes debido a motivos de patrocinio:

  • Liga Kolinska (1998–2001)
  • HYPO Liga (2001–2002)
  • 1. A SKL (2002–2006)
  • Liga UPC Telemach (2006–2009)
  • Liga Telemach (2009–2016)
  • Liga Nova KBM (2016–2019)
  • 1. SKL (2019–2020)
  • Liga Nova KBM (2020)
  • 1. SKL (2020–21)
  • Liga Nova KBM (2021–presente)

Formato editar

Na primeira fase, dez equipos compiten nunha serie de ida e volta de ida e volta para un total de 18 partidos. O undécimo equipo entra automaticamente na fase de campionato pola participación en competicións internacionais. Todos os equipos pasan da temporada regular a unha das dúas fases de postemporada dependendo da súa posición na liga: a fase de campionato ou a fase de permanencia. Os cinco primeiros equipos da liga regular pasan á fase de campionato, mentres que os cinco últimos á de permanencia.

Na fase de campionato súmase tamén o sexto equipo que competiu en competicións internacionais. Estes equipos comezan a segunda fase desde cero, sen que inflúan os resultados da liga regular. Cada equipo xoga un total de 10 partidos nesta fase; como na tempada regular, utilízase un formato de liga de ida e volta. Por outra banda, os cinco últimos equipos noutra fase liga de ida e volta na que si inflúen os resultados da fase regular. Os dous primeiros equipos desta fase pasan a xogar as eliminatorias polo título, mentres que os dous equipos últimos descenden á 2. SKL. Por tanto, os seis equipos da fase de campionato e os dous primeiros da fase de descenso pasan xogar os playoffs polo título. Os playoffs comezan nunha eliminatoria de cuartos de final celebrada ao mellor de tres encontros. Os gañadores disputan as semifinais, tamén ao mellor de tres. A final do campionato, porén, xógase ao mellor cinco, sendo os gañadores coroados campións de liga.

Equipos editar

Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2022−23 da Liga Nova KBM.

Localización dos equipos da Liga Nova KBM 2022–23
Equipo Cidade Pavillón Capacidade
Cedevita Olimpija Liubliana Arena Stožice 700412500000000000012.500
Helios Suns Domžale Dvorana Komunalnega centra 70032500000000000002.500
GGD Šenčur Šenčur ŠD Šenčur 7002800000000000000800
Hopsi Polzela ŠD Polzela 70031800000000000001.800
Krka Novo Mesto ŠD Leona Štuklja 70032500000000000002.500
Nutrispoint Ilirija Liubliana Hala Tivoli 70037000000000000007.000
Rogaška Rogaška Slatina ŠD Rogaška Slatina 7002800000000000000800
Šentjur Šentjur Dvorana OŠ Hruševec 7002700000000000000700
Terme Olimia Podčetrtek ŠD Podčetrtek 7002500000000000000500
LTH Castings Škofja Loka Hala Poden 7002500000000000000500
Zlatorog Laško Dvorana Tri lilije 70032500000000000002.500

Palmarés editar

Por equipo editar

Club Títulos Temporadas
  Cedevita Olimpija[a] 19 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2002, 2004, 2005, 2006, 2008, 2009, 2017, 2018, 2021, 2022
  Krka 7 2000, 2003, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014
  Helios 2 2007, 2016
  Šentjur 1 2015
  Primorska 1 2019

Finais polo título editar

Ano Campión Subcampión Resultado MVP da Final Adestrador
1991–92 Smelt Olimpija Optimizem Postojna
3–0
  Zmago Sagadin
1992–93 Smelt Olimpija Slovenica Koper
3–1
  Zmago Sagadin
1993–94 Smelt Olimpija TAM Bus Maribor
3–0
  Zmago Sagadin
1994–95 Smelt Olimpija Hopsi Polzela
3–0
  Sergej Ravnikar
1995–96 Smelt Olimpija Interier Krško
3–1
  Žarko Đurišić
1996–97 Smelt Olimpija Hopsi Polzela
3–1
  Zmago Sagadin
1997–98 Union Olimpija Hopsi Polzela
3–0
  Zmago Sagadin
1998–99 Union Olimpija Pivovarna Laško
3–0
  Zmago Sagadin
1999–00 Krka Telekom Pivovarna Laško
3–1
  Ivan Sunara
2000–01 Union Olimpija Krka Telekom
3–0
  Zmago Sagadin
2001–02 Union Olimpija Krka
3–0
  Zmago Sagadin
2002–03 Krka Union Olimpija
3–2
  Neven Spahija
2003–04 Union Olimpija Pivovarna Laško
3–0
  Sašo Filipovski
2004–05 Union Olimpija Geoplin Slovan
3–2
  Sašo Filipovski
2005–06 Union Olimpija Geoplin Slovan
3–2
  Zmago Sagadin
2006–07 Helios Domžale Union Olimpija
3–2
  Memi Bečirovič
2007–08 Union Olimpija Helios Domžale
3–1
  Aleksandar Džikić
2008–09 Union Olimpija Helios Domžale
3–0
  Jure Zdovc
2009–10 Krka Union Olimpija
3–2
  Smiljan Pavič   Aleksandar Džikić
2010–11 Krka Union Olimpija
3–2
  Zoran Dragić   Aleksandar Džikić
2011–12 Krka Union Olimpija
3–1
  Afik Nissim   Aleksander Sekulić
2012–13 Krka Union Olimpija
3–1
  Matjaž Smodiš   Gašper Potočnik
2013–14 Krka Union Olimpija
3–2
  Jaka Klobučar   Aleksandar Džikić
2014–15 Tajfun Rogaška
3–1
  Dragiša Drobnjak   Dejan Mihevc
2015–16 Helios Suns Zlatorog Laško
3–1
  Marjan Čakarun   Jakša Vulić
2016–17 Union Olimpija Rogaška
3–1
  Devin Oliver   Gašper Okorn
2017–18 Petrol Olimpija Krka
3–2
  Devin Oliver   Zoran Martič
2018–19 Sixt Primorska Petrol Olimpija
3–0
  Marjan Čakarun   Jurica Golemac
2019–20 Temporada cancelada por mor da pandemia de COVID-19
2020–21 Cedevita Olimpija Krka
3–0
  Kendrick Perry   Jurica Golemac
2021–22 Cedevita Olimpija Helios Suns
3–0
  Alen Omić   Jurica Golemac

Notas editar

  1. Inclúe KK Olimpija
  1. "Z banko Nova KBM spet v drugi del državnega prvenstva za moške". kzs.si (en esloveno). 22 de febreiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2022. Consultado o 04 de agosto de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar