KK Olimpija
O Košarkarski Klub Olimpija, popularmente coñecido durante moitos anos por motivos de patrocinio como Union Olimpija, foi un equipo de baloncesto profesional da cidade de Liubliana (Eslovenia). O Olimpija gañou 23 campionatos de Liga, incluíndo oito títulos consecutivos entre 1992 e 1999. Tamén gañou 20 torneos de Copa, 8 títulos de Supercopa e unha Copa Saporta. En xullo de 2019, o equipo fusionouse co KK Cedevita, formando un novo club: o KK Cedevita Olimpija.
KK Olimpija | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Košarkarski klub Olimpija |
Alcume | Zmaji (Dragóns) |
Fundación | 1946 |
Desaparición | 2019 |
Cores | Verde, branco |
Vestimenta | Macron |
Localización | |
Cidade | Liubliana, Eslovenia |
Pavillón | Arena Stožice |
Capacidade | 12.480 |
Inauguración | 10 de agosto de 2010 |
Campionatos | |
C. Saporta | 1 (1994) |
ABA Liga | 1 (2002) |
Liga Esl. | 17 (1992−1999, 2001−2002, 2004−2006, 2008−2009, 2017, 2018) |
Liga Yug. | 6 (1957, 1959, 1961, 1962, 1966, 1970) |
Copa Esl. | 20 (1992−1995, 1996−2003, 2004, 2006, 2008−2013, 2017) |
cedevita.olimpija.com |
Historia
editarO Košarkarski Klub Olimpija foi fundado en 1946 como unha sección da Sociedade de Cultura Física de Svoboda para competir na liga de baloncesto de Iugoslavia.. O primeiro partido de baloncesto do club foi ese mesmo ano contra o Udarnik, gañando a Olimpija quedou porcun marcador de 37-14. A finais de 1946, o club pasou a chamarse Enotnost e foi coñecido por ese nome ata 1954 cando asumiu o nome de AŠK Olimpia. O Olimpija gañou o seu primeiro título da Liga Iugoslava na temporada de 1957 baixo a dirección do adestrador/xogador Boris Kristančić. Nos anos seguintes, o Olimpija gañou cinco títulos iugoslavos máis: 1959, 1961, 1962, 1966 e 1970. Unha nova era para o club comezou coa independencia de Eslovenia cando Olimpija gañou oito títulos de liga consecutivos entre 1992 e 1999.
No escenario internacional, a temporada 1993–94 foi a mellor tempada do club xa que gañou a Recopa de Europa ante o Taugrés, club español da Liga ACB Taugrés baixo a dirección do adestrador Zmago Sagadin. Na temporada 2001–02, Olimpija gañou a "pequena Tripla Coroa", levando o campionato da Liga, a Copa e a Liga do Adriático. O club foi membro fundador da Asociación de Baloncesto Adriático en 2015. O 8 de xullo de 2019, o Olimpija fusionouse co equipo croata Cedevita formando o KK Cedevita Olimpija, club que segue a xogar en Liubliana. En novembro de 2020, as accións do club foron transferidas ao KK Mornar Bar.
Patrocinios
editarO club tivo diversos nomes ao longo da súa historia, algúns debidos a motivos de patrocinio:
- KK Svoboda (1946)
- KK Enotnost (1947–1954)
- AŠK Olimpija (1955–1976)
- Brest Olimpija (1976–1978)
- Iskra Olimpija (1978–1982)
- Smelt Olimpija (1983–1997)
- Union Olimpija (1997–2017)
- Petrol Olimpija (2017–2019)
Xogadores
editarDorsais retirados
editarN° | Xogador | Posición | Etapa |
---|---|---|---|
12 |
Marko Milič | Ala-pivote | 1994–1997, 1999–2000, 2006–2009 |
13 |
Ivo Daneu | Base | 1956–1970 |
Destacados
editar- Borut Bassin
- Mirza Begić
- Jaka Blažič
- Primož Brezec
- Vlatko Čančar
- Ivo Daneu
- Goran Dragić
- Erazem Lorbek
- Marko Milič
- Boštjan Nachbar
- Radoslav Nesterović
- Alen Omić
- Beno Udrih
- Klemen Prepelič
- Peter Vilfan
- Jure Zdovc
- Aron Baynes
- Vassil Evtimov
- Krešimir Ćosić
- Vinko Jelovac
- Damir Markota
- Damjan Rudež
- Walter Berry
- Danny Green
- Dāvis Bertāns
- Šarūnas Jasikevičius
- Soumaila Samake
- Jiří Welsch
- Radisav Ćurčić
- Nikola Janković
- Giorgi Shermadini
- Vladimir Stepania
Adestradores
editar- Boris Kristančič (195?–1967)
- Lazar Lečić (1973–1975)
- Krešimir Ćosić (1976–1978)
- Lazar Lečić (1978–1982)
- Zmago Sagadin (1985–1994)
- Sergej Ravnikar (1995)
- Peter Vilfan (1995)
- Janez Drvarič (1995–1996)
- Žarko Đurišić (1996)
- Zmago Sagadin (1996–2002)
- Tomo Mahorič (2002–2003)
- Sašo Filipovski (2003–2005)
- Josip Grdović (2005)
- Denis Bajramović (2005)
- Zmago Sagadin (2005–2006)
- Tomo Mahorič (2006)
- Gašper Okorn (2006–2007)
- Memi Bečirović (2007–2008)
- Aleksandar Džikić (2008)
- Jure Zdovc (2008–2011)
- Miro Alilović (2011)
- Sašo Filipovski (2011–2013)
- Miro Alilović (2013)
- Aleš Pipan (2013–2015)
- Memi Bečirović (2015)
- Gašper Potočnik (2015–2016)
- Gašper Okorn (2016–2018)
- Zoran Martič (2018)
- Saša Nikitović (2018–2019)
- Jure Zdovc (2019)
Palmarés
editarIugoslavia
editar- Campións (6): 1957, 1959, 1961, 1962, 1966, 1970
- Subcampións (8): 1953, 1956, 1958, 1960, 1965, 1967, 1968, 1969
Eslovenia
editar- Campións (17): 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2002, 2004, 2005, 2006, 2008, 2009, 2017, 2018
- Subcampións (8): 2003, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2019
- Campións (20): 1992, 1993, 1994, 1995, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2005, 2006, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2020
- Subcampións (3): 2004, 2007, 2014
- Campións (7): 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2013
- Subcampións (5): 2010, 2011, 2012, 2014, 2018
Internacional
editar- Campións (1): 2002
- Subcampións (1): 2011
- Campións (1): 1994
- Final Four (3): 1962, 1967, 1997
Liga SBA (Liga Centroeuropea)
- Campións (2): 1993, 1994